O comezo do curso atrásase unha semana en Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. En vez do próximo mércores como estaba previsto, A volta ás aulas comenzará, de xeito gradual, a partir do día 23, nos centros públicos e concertados // A volta ao cole en infantil e primaria complétase hoxe. Entre as incidencias, a negativa dos pais a levar aos alumnos ao colexio de Meis onde o director deu positivo por coronavirus // Detectado un gromo con 6 positivos na área de Traumatoloxía do Hospital de Lugo. Sanidade anuncia que establece medidas restrictivas no concello coruñes de Laxe e nos pontevedreses de Lalín, A Guarda, o Rosal, Vilaboa e Poio // Ata 25 dos 27 concelleiros da corporación pediron hoxe que dimita como alcalde de Ourense. Apoiaron unha moción do BNG que non é vinculante pero visualiza a falta de apoios do alcalde que goberna cun único concelleiro de Democracia Ourensana. 11/09/20
Antes de que volva a chuvia o luns, temos por diante unha fin de semana que vai ser aínda de sol e máis calor. De feito, hoxe a aemet activou un aviso por temperaturas altas no val do Miño. Calor abafante que deixará termómetros rozando os 40 graos mañá en Ourense pero que tamén se ha facer notar nas Rías Baixas e polo norte con temperaturas que mesmo poden superar os 30 graos en cidades como A Coruña ou na Mariña. 11/09/20
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González
Abel Caballero, presidente de la Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) y alcalde de Vigo, ha lamentado en una entrevista en directo en el Telediario el rechazo en el Congreso al decreto del superávit municipal. "Pasamos de 15.400 millones de euros a cero", ha afirmado, recordando que el acuerdo de la FEMP con el Gobierno contemplaba 10.000 millones de euros de remanentes y 5.000 millones de euros que el Ejecutivo aportaba "a fondo perdido".
"Este decreto era bueno para el municipalismo", ha insistido.
Con algunhas incidencias como aulas pechadas por falla de ventilación ou profesores de baixa por contaxio, pero en xeral con tranquilidade. Así Foi a volta a clase para alumnos de 3º e 4º de infantil e 1º e 2º de primaria // De cara ao próximo comenzo de curso en Bacharelato e Formación profesional, a consellería de Educación avanzou un plan de continxencia para dar clase semipresencial. Poderán solicitalo os centros que non dispoñan de espazo para cumprir coas distancias necesarias para evitar contaxios // 3 novos falecementos na residencia de Outeiro de Rei e un no Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo, nas últimas horas. Os novos contaxios detectados son 274, unha cantidade algo inferior a de días pasados, e o total casos activos baixa en 6, ata 4.358 // O Concello da Coruña pide, por unanimidade, a dimisión da presidenta do Consello Superior de Deportes Irene Lozano pola sua intervención no Caso do partido do Deportivo e o Fuenlabrada. A corporación municipal reproba tamén á Liga de Fútbol Profesional e reclama a inhabilitación do seu presidente Javier Tebas. 10/09/20

Ata 35 graos poderían marcar de novo os termómetros hoxe, coma a pasada tarde no sur e en Ourense. Un pouco por baixo dos 30º quedarán na metade norte. Sol e calor e temperaturas mínimas máis altas que están a deixar noites tropicais en moitos puntos. As dúas da mañá en Vigo ou Carnota aínda mantiñan os termómetros por riba dos 22ºC. 10/09/20
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González
Outros dez traballadores da residencia de Maiores de Outeiro de Rei dan positivo en coronavirus, xunto a 4 usuarios, entre os que tamén se contabiliza un falecemento, O centro foi intervido pola Xunta ao detectarse máis de cen casos nun so día. O total de contaxios no centro ascende a 176 // Catro falecementos contabilizados nas últimas horas en Galicia elevan o total a 668. Os contaxiados en residencias ascenden a 350. O Comité Clínico da Xunta decidíu hoxe que o uso da máscara será obrigatorio tamén nos ximnasios. Aos concellos con limitacións de cabida nos establecementos e reunións familiares incorpórase o de Pontevedra // O alcalde Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asegura que seguirá gobernando, co apoio dun único concelleiro do seu grupo, tralo enfrontamento cos outros cinco representantes de Democracia Ourensana, e a ruptura do acordo que mantiña co Partido Popular. Jácome acusou aos seus ex socios de urdir unha trama para forzar a sua dimisión. 09/09/20