Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Cortan cunha baricada, por sorpresa, a autovía do Cantábrico, a altura de Ribadeo, na Ponte dos Santos que estivo pechada ao tráfico boa parte da mañá. É a volta ás mobiliacións dos traballadores de Alcoa // Cinco falecidos máis, dous deles na residencia de Outeiro de Rei, elevan as vitimas mortais en Galicia a 701. Os casos activos baixan, en total a 4.306. As residencias suman 317 casos. A aplicación para o movil Radar Covid comeza a estar operativa en Galicia // 24 alumnos do colexio Salesianos de Vigo ESTÁN en corentena polo positivo dunha compañeira contaxiada no entorno familiar. En toda Galicia, Educación contabiliza 29 casos entre alumnos e traballadores de Primaria // A enerxía eólica cubre xa o 47 por cento de toda a demanda de electricidade de Galicia. Os 180 parques instalados na nosa comunidade convértense na principal fonte de producción eléctrica. O sector dá emprego a cerca de 5.000 traballadores. 17/09/20

Alerta por chuvias e treboada para esta tarde en toda Galicia. En dúas horas, a partir das catro e ata a medianoite, a aemet avisa de que se poden producir chuvias intensas. Ata 15 litros por metro cadrado en tan só unha hora segundo as previsións. Chuvias e treboadas que mesmo poden vir acompañadas de sarabia. As temperaturas seguirán altas. Máximas que oscilarán entre os 27 graos previstos na Coruña e os 31 que agardan en Ourense. 17/09/20

A compañía galega Biofabri, con sede no Porriño, e a elexida para elaborar para Europa a vacina da Covid-19 deseñada pola farmacéutica norteamericana Novavax. O fármaco está a punto de iniciar a última fase dos ensaios clínicos e. podería  sair ao mercado antes de finais de ano // Os casos activos rexistrados hoxe volven subir, son 4.322, ao sumarse 201 novos contaxiados detectados nas última 24 horas // O Comité Clínico da Xunta inclúe a Silleda e Marín entre as zonas con restriccións e levanta as establecidas en Laxe, Carballo, A Laracha e Ponteceso. Educación anuncia a contratación de 1.800 profesores máis para afrontar o comenzo do curso // O grupo Inditex dispara a sua cotización ao presentar uns beneficios de 214 millóns de euros no segundo trimestre. A multinacional textil radicada en Arteixo recupera así un resultado positivo, logo das perdas rexistradas no período de confinamento en que todas as tendas estiveron pechadas. 16/09/20

Unha borrasca que se move polo Atlántico cara o sur é fonte de inestabilidade atmosférica. Deixa máis nubes polo oeste, sen descartar algún chuvasco ocasional no interior pola tarde cando aumenta a probabilidade de chuvascos treboentos. As temperaturas máximas soben lixeiramente. Oscilarán entre os 23 graos previstos na Coruña a 29 en Lugo ou 32 en Ourense. 16/09/20

  • Unas 9.000 hectáreas se han visto afectadas por las llamas en tres de las cuatro provincias gallegas
  • Los trabajos se centran en A Corga da Fecha, una zona de orografía escarpada que dificulta las tareas de extinción

Segue a loita contra o lume, que esta noite puxo en risco dous núcleos de vivendas en Vilariño de Conso. Xa son máis de 8.000 as hectáreas queimadas nos 14 incendios que permanecen activos na provincia de Ourense // Os casos activos en Galicia son 4.301, 37 máis que o día anterior, logo de detectarse 253 novos positivos // 1.500 alumnos comezan hoxe as probas de setembro de Acceso á universidade. Mentres, os centros de Ensino Superior prepáranse para comenzar o novo curso a próxima semana. A universidade de Vigo empregará un anovador sistema de test masivo de saliva para detectar asintomáticos entre o persoal // Correxir a tendencia negativa da demografía galega ainda é posible nos próximos anos. Así o cren os expertos do Foro económico de Galicia que abogan por reforzar as políticas migratorias e dinamizar especialmente os sectores da industria dixital e verde. 15/09/20

Seguimos con certa inestabilidade pero sen apenas auga. Os ceos están máis anubrados canto máis ao oeste onde poden caer algunhas chuvias febles, illadas e ocasionais. Hoxe xa sen as treboadas que sobre todo se fixeron sentir onte na provincia de Lugo, especialmente na Mariña. As temperaturas algo máis baixas. Así é todo as máximas oscilarán entre os 25 graos previstos na Coruña aos 31 de Ourense. 15/09/20