Os casos activos ascenden lixeiramente, ata 4.259. Contabilízanse sete novos falecementos nas últimas horas, que elevan a 747 cifra total de vítimas mortais. Hai 33 pacientes na UCI e 203 en unidades de hospitalización. // A Xunta anuncia a creación dun sistema de "COVID AUTO ESCOLA" para axilizar a detección e illamento de casos en centros educativos. Cando apareza un caso nunha aula e haxa que practicarlle PCRs a todos os estudantes desa clase serán derivados a estes espazos específicos. 01/10/20
Galicia quedou dende as primeras horas de hoxe nunha situación de chubascos illados e ocasionais. Pola tarde os ceos irán cubrindo progresivamente, a espera dunha nova fronte que chegará pola noite e deixará, de novo, chuvias en toda comunidade. As temperaturas máximas descenderán, so en Ourense pasan dos 20 graos. 01/10/20
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
O Sergas opta por cambiar aos usuarios as máscaras de tea polas cirúrxicas, que se consideran de maior protección. O único laboratorio habilitado en Galicia para certificar as máscaras hixiénicas, as de tea, alerta de que se están a rexistrar erros no etiquetado.//As reunións limítanse a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense. O comité clínico endurece así as medidas de control para evitar contaxios coa ollada posta nas xuntanzas familiares. // Campaña da Universidade de Santiago para Concienciar aos mozos de que é mellor quedar nos bares que facer festas descontroladas nas casas. 30/09/20
A proliferación de máscaras de tea, no punto de mira da polémica. O SERGAS opta por cambiarllas aos usuarios polas cirúrxicas, que se consideran de maior protección. O único laboratorio habilitado en Galicia para certificar as máscaras hixiénicas alerta de que se están a rexistrar erros no etiquetado.// A Universidade de Santiago pon en marcha unha campaña para fomentar o lecer responsable entre os estudantes. Dende que empezou o curso, a policia local leva desaloxadas máis de oitenta festas nocturnas en pisos da cidade.// A economía galega sairá algo menos danada que a de outras comunidades da crise provocada pola pandemia. Así o cren os expertos do Foro Económico de Galicia. //Veciños de Rande denuncian como contaminante a actividade da empresa AUCOSA, adicada a transformación de resíduos da industria conserveira. 30/09/20
As reunións limítanse a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense. O comité Clínico endurece así as medidas de control para evitar contaxios.// Concienciar aos mozos de que é mellor quedar nos bares que facer festas descontroladas nas casas. É unha das mensaxes da campaña que a Universidade de Santiago pon en marcha coa asociación de hostelería para fomentar o lecer responsable entre os estudantes //.A economía galega sairá algo menos danada que a de outras comunidades da crise provocada pola pandemia. Así o cren os expertos do Foro Económico de Galicia. 30/09/20
A influencia anticiclónica irá ao longo do día quedando atrás, para deixar paso á chegada dunha fronte fría. Así hoxe temos ceos parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto, e pola noite chegarán as nubes baixas e as chuvias. As temperaturas, en lixeiro descenso, con máximas de ata 23 graos en Ourense. O vento sopla en xeral moderado con intervalos fortes na costa norte e espéranse rachas moi fortes pola noite. 30/09/20
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez