Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

El Día de la Mujer Rural se celebra cada 15 de octubre como una fecha para combatir la discriminación, la falta de visibilidad o las distintas brechas sociales que aún persisten en este ámbito. Las mañanas de RNE con Íñigo Alfonso habla con Marta Álvarez, una de esas mujeres que han decidido emprender en el medio rural, con su granja ecológica de vacas "Granxa Maruxa" en el municipio lucense de Monterrosso.

Limitadas a partir desta medianoite a un máximo de 10 persoas as reunións en TODA Galicia. O comité clínico da Xunta tamén amplía as restriccións na provincia de Ourense e relaciona o aumento de casos en Santiago co inicio do curso universitario.// Os falecementos por Covid en Galicia ascenden a once nas últimas 24 horas, a cifra máis alta nun día dende o pasado 26 de abril. Os casos activos ascenden a 4.601, despois de rexistrarse 254 novos contaxios. Os pacientes hospitalizados son 259 dos que 41 están nas UCI. //Salvamento marítimo pide a colaboración de bateeiros e confrarías para loitar contra unha gran mancha de combustible vertido á entrada da ría de Arousa. O ministerio de Transportes activa a fase de emerxencia do Plan de Resposta contra a contaminación mariña. 14/10/20

As xuntanzas de amigos e familiares quedarán limitadas a partir desta medianoite a un máximo de 10 persoas en TODA Galicia. Unha medida para frear o aumento de contaxios decidida polo comité clínico da Xunta, que tamén amplía as restriccións na provincia de Ourense co confinamento perimetral do Carballiño, O Irixo e Boborás. //Falecidas 11 persoas nas últimas 24 horas, a cifra máis alta nun día dende o pasado 26 de abril. Os casos activos ascenden a 4.600, despois de rexistrarse 254 novos contaxios. Os pacientes hospitalizados son 259 dos que 41 están nas UCI. //Salvamento marítimo pide a colaboración de bateeiros e confrarías para loitar contra unha gran mancha de combustible vertido á entrada da ría de Arousa. //A entrada e saida do autobús son os momentos máis perigosos, nos que se produce o 90 por cento dos accidentes no transporte escolar. A asociación stop accidentes presenta un manual de boas prácticas para mellorar a seguridade. 14/10/20

Xornada de ceos parcialmente cubertos con chuvascos máis frecuentes nas provincias na Coruña e Lugo, máis illados e ocasionais na metade sur. As temperaturas con poucos cambios ou algo máis baixas. as máximas oscilarán entre os 15 graos previstos en Lugo e os 19 que agardan en Ourense. 14/10/20

As xuntanzas de amigos e familiares quedarán limitadas a partir desta medianoite a un máximo de 10 persoas en TODA Galicia..// 11 persoas falecidas nas últimas 24 horas, a cifra máis alta nun día dende o pasado 26 de abril. Os casos activos ascenden a 4.600, despois de rexistrarse 254 novos contaxios.// Salvamento marítimo pide a colaboración de bateeiros e confrarías para loitar contra unha gran mancha de combustible vertido á entrada da ría de Arousa. O ministerio de Transportes activa a fase de emerxencia do Plan de Resposta contra a contaminación mariña. 14/10/20

Establecementos de hostalería de Verín prepáranse para pechar a partir das oito desta tarde, de xeito voluntario. Atenden a petición do Concello, ante os datos de aumento de incidencia que sitúan esa comarca entre as máis afectadas.//Galicia, que rexistra outros 238 contaxios de Covid-19 confirmados nas últimas horas. Os casos activos ascenden en total a 4.510. A inclusión de Tomiño, xunto a Santiago e Arteixo, Eleva a 11 os concellos en alerta máxima. //PSOE, PP e BNG pactan no Congreso unha iniciativa para pedir a intervención pública temporal da fábrica de Alcoa en San Cibrao e salvar a actividade industrial e o emprego. //Axudan a facer movementos para evitar lesións provocadas por traballar durante horas. Son os exoesqueletos, como os que proba o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia. 13/10/20

Bares, cafetarías e outros establecementos de Verín prepáranse para pechar, a partir das oito desta tarde, de xeito voluntario. Atenden así a petición do concello, ante os datos de aumento de incidencia que sitúan esa comarca entre as máis afectadas. //A situación sanitaria empeora en Galicia, que rexistra outros 238 contaxios confirmados nas últimas horas. Os casos activos ascenden en total a 4.514. A inclusión de Tomiño, xunto a Santiago e Arteixo, Eleva a 11 os concellos en alerta máxima. // No congreso dos deputados, PSOE, PP e BNG pactan unha iniciativa para pedir a intervención pública temporal da fábrica de Alcoa en San Cibrao e salvar a actividade industrial e o emprego. //Son robots que se levan postos, e axudan a facer movementos para evitar lesións provocadas por traballar durante horas con brazos erguidos. Os Exoesqueletos, como os que proba o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia. 500 expertos participan dende hoxe nun Congreso mundial de robótica vestible. 13/10/20

Galicia rexistra outros 238 contaxios de Covid-19 nas últimas horas. Os casos activos ascenden a 4.514. A inclusión de Tomiño, xunto a Santiago e Arteixo, Eleva a 11 os concellos en alerta máxima.// No Congreso dos Deputados, PSOE, PP e BNG pactan unha iniciativa para pedir a intervención pública temporal da fábrica de Alcoa en San Cibrao..//Robots que se levan postos e axudan a facer movementos para evitar lesións provocadas por traballar durante horas con brazos erguidos. Son os exoesqueletos, como os que proba o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia. 13/10/20

Situación intermedia entre o anticiclón no Atlántico e unha borrasca no Mar do Norte. Unha situación que hoxe e mañá nos ha deixar un tempo moi semellante con ceos anubrados, precipitacións febles no terzo norte e claros no sur. As temperaturas mínimas subiron pero as máximas han baixar. Quedarán en xeral por baixo dos 15 graos. 13/10/20