Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A actividade non esencial quedará suspendida en Galicia a partir do próximo venres en 60 concellos que inclúen as principais cidades e suas areas metropolitanas, con confinamento perimetral e peche do interior dos establecementos. //Os casos activos chegan hoxe a cifra de 9.642, logo de que durante o día de onte se volveran superar os 600 novos positivos, a terceira parte deles na área sanitaria de Vigo. Os pacientes hospitalizados aumentan a 563. Sete novos falecementos elevan o total de vítimas mortais a 951. //O Tribunal Superior de Xustiza ordena a Alcoa que manteña activadas cubas electrolíticas da Planta de Aluminio, como medida cautelar ante o ERE presentado pola empresa. Estima así a reclamación dos traballadores para evitar que o peche da factoría de San Cibrao se convirta en definitio. 04/11/20

Os falecidos pola Covid-19 ascenden a 944. Nas últimas horas rexistráronse menos de 500 novos contaxios, un leve descenso no ritmo de propagación do virus, pero segue aumentando a presión hospitalaria. //No Carballiño a evolución da pandemia está a ser moi positiva. Tras doce días consecutivos descendendo o número de casos activos hoxe teñen 96, son 92 menos que cando acadou ó pico de contaxios. //O sector da hostalaría intensifica as protestas polo impacto que as restriccións están a provocar na sua actividade. Advirten que moitos non poden evitar o peche definitivo e Reclaman medidas de rescate como a redución de impostos. //Na Comisión para a Reactivación da Cámara na que o BNG amosouse partidario de medidas contundentes de confinamento. 03/11/20

21 falecidos por coronavirus no último día en Galicia, a metade deles relacionados con residencias de maiores. A cifra de vítimas mortais aproxímase ás que se rexistraban nas peores xornadas da primeira VAGA, sobe tamén a presión hospitalaria //Os falecidos pola Covid-19 ascenden a 944. Os casos activos quedan en 9.376, despois de rexistrarse algo menos de 500 novos contaxios nas últimas horas, un leve descenso no ritmo de propagación do virus, que se constata sobre todo nas áreas de Ourense, Lugo e Santiago, anque os hospitalizados soben a 545 //O sector da hostalaría intensifica as protestas polo impacto que as restriccións están a provocar na sua actividade. Advirten que moitos non poden evitar o peche definitivo e Reclaman medidas reais de rescate //A decisiva contrareloxo entre Muros e o Miradoiro do Ézaro, primeira etapa en territorio galego da volta ciclista a España, está xa en marcha. Un duro percorrido con rampLas de ata un 30 por cento, que pon a proba o lideraDo de Carapaz. 03/11/20 

21 falecidos por coronavirus no último día en Galicia, a metade deles relacionados con residencias de maiores. A cifra de vítimas mortais aproxímase ás que se rexistraban nas peores xornadas da primeira VAGA, sobe tamén a presión hospitalaria. Hoxe o comité clínico revisará as restriccións vixentes. //O sector da hostalaría intensifica as protestas polo impacto que as restriccións están a provocar na sua actividade. Advirten que moitos non poden evitar o peche definitivo e Reclaman medidas de rescate como a redución de impostos.. // O Presidente da Xunta comparecerá no Parlamento para dar conta da situación nesta segunda ondada da pandemia. Acordouno esta mañá a Xunta de Portavoces por unanimidade dos tres grupos. Na Comisión para a Reactivación da Cámara na que o BNG amosouse partidario de medidas contundentes de confinamento. 03/11/20

Controis de entrada e saída das cidades para tratar de frear os contaxios, mentras preocupa especialmente o avance na área de Ferrol, que en poucas semanas pasou de ser a de menor incidencia a rondar os mil casos activos. En Ourense os datos empezan a falar dunha lixeira mellora. // os casos activos rozan os 9.300, logo de que no último día a cifra total de contaxios baixara dos 600. As vítimas mortais foron nove, e Segue a aumentar a presión asistencial, con máis de 500 pacientes hospitalizados, dos que 77 están nas UCi. // Clases virtuais con control de asistencia e distribución de horarios. Así será a docencia non presencial para os alumnos galegos, a partir de terceiro de primaria, en caso de que teñan que gardar corentena por peche das aulas ou colexios. A Xunta prevé implantalo en tódolos centros a próxima semana. 02/11/20 

Os expertos analizan cómo afectan os peches perimetrais das ciudades ao avance dos contaxios. De momento preocupan sobre todo os datos de aumento nas areas sanitarias de Vigo, Pontevedra e especialmente Ferrol. //Os casos activos rozan os 9.300, logo de que no último día a cifra total de contaxios baixara dos 600. As vítimas mortais foron nove, e Segue a aumentar a presión asistencial, con máis de 500 pacientes hospitalizados, dos que 77 están nas UCi. //Clases virtuais con control de asistencia e distribución de horarios. Así será a docencia non presencial para os alumnos galegos, a partir de terceiro de primaria, en caso de que teñan que gardar corentena por peche das aulas ou colexios. //Malestar entre a afección do Celta pola goleada encaixada en Balaídos. O 1-4 deixa en evidencia a pouca consistencia do equipo e complica a continuidade do adestrador. 02/11/20

Preocupación especial polos os datos de aumento de contaxio nas areas sanitarias de Vigo, Pontevedra e especialmente Ferrol, que en poucas semanas pasou de ser a de menor incidencia a rondar os mil casos activos. //No último día a cifra total de contaxios baixa dos 600. As vítimas mortais foron nove, e Segue a aumentar a presión asistencial, con máis de 500 pacientes hospitalizados, dos que 77 están nas UCi. // Clases virtuais con control de asistencia e distribución de horarios. Así será a docencia non presencial para os alumnos galegos, a partir de terceiro de primaria, en caso de que teñan que gardar corentena por peche das aulas ou colexios. A Xunta prevé implantalo en tódolos centros a próxima semana. 02/11/20