Toda a costa galega está en alerta laranxa por mar de fondo con ondas que poden chegar aos 8 metros no litoral coruñés. A estas horas xa rozan ese rexistro na Costa da Morte,na boia de Vilán-Sisargas. As temperaturas soben. 28/10/20
Novo record de casos confirmados nas últimas horas: 682, con repuntes nas residencias de maiores como a de Salvaterra, con máis de cen positivos, que a Xunta decidíu intervir. Os casos activos ascenden a 7.535 e a área sanitaria de Vigo sitúase en cabeza con 1.502 afectados. //A Consellería de Sanidade di que non hai escaseza de vacinas da gripe e que os problemas detectados se poden deber a pequenos fallos nalgún dos 900 puntos de vacinación.Tamén que a gran demanda fixo que se estea a dar prioridade aos grupos de risco. // Os representantes de Alcoa acusan a Xunta e ao goberno central de actuar con parcialidade e alegan graves perdas económicas para xustificar e ERE e o peche da planta de Aluminio, ante o Tribunal Superior de Xustiza. Os traballadores reclaman medidas cautelares. 28/10/20
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
O Comité Clínico da Xunta decide deixar tal e como está, a restricción de mobilidade nocturna establecida polo goberno central no novo estado de Alarma. //Os casos activos ascenden hoxe a 7.074, a cifra máis alta dende comenzou a pandemia, logo de rexistrarse 525 novos contaxios. Hai que contabilizar tamén o falecemento de 12 persoas, o que o converte no segundo peor día, so superado polo 26 de abril. //Os servizos de urxencias dos hospitais galegos comenzan a empregar os novos test de antíxenos para confirmar casos de coronavirus. Considéranse tan fiables como a PCR e dan o resultado en 15 minutos, anque so serven para doentes con síntomas. O Sergas estuda ampliar o seu emprego aos centros de primaria. //Os trens Alvia que realizan o percorrido entre Galicia e Madrid usan xa, dende hoxe, o novo treito de alta velocidade de 110 quilómeros entre Zamora e Sanabria que acorta o traxecto en 50 minutos. Renfe recupera tamén unha nova frecuencia dende Pontevedra permite estar en Madrid ás 11 da mañá. (27/10/2020)
O Comité Clínico da Xunta decide deixar tal e como está, a restricción de mobilidade nocturna establecida polo goberno central no novo estado de Alarma. Tamén mantén sen cambios as medidas adoptadas en distintas zonas de Galicia, anque non descarta chegar ao confinamento. //Os casos activos ascenden hoxe a 7.074, a cifra máis alta dende comenzou a pandemia, logo de rexistrarse 525 novos contaxios. Hai que contabilizar tamén o falecemento de 12 persoas. Os hospitalizados seguen subindo tamén, e son xa 459.
//Os visitantes da Alameda de Santiago atopan, dende agora unha nova estatua no Paseo da Ferradura: a do poeta Federico García Lorca.. // Os trens Alvia que realizan o percorrido entre Galicia e Madrid usan xa, dende hoxe, o novo treito de alta velocidade de 110 quilómeros entre Zamora e Sanabria que acorta o traxecto en 50 minutos. Renfe recupera tamén unha nova frecuencia dende Pontevedra permite estar en Madrid ás 11 da mañá. (27/10/2020)
Os restos do furacán Epsilón están a deixarse notar hoxe en Galicia. con refachos de vento que xa superaron os 115 quilómetros por hora no Penedo do Galo en Viveiro. É unha fronte que nos deixa chuvias que serán máis intensas na fachada atlántica. As temperaturas soben. As máximas oscilan entre os 16 graos previstos en Lugo e os 19 que agardan na Coruña. (27/10/2020)
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
Todas as cidades de Galicia están xa en alerta máxima pola incidencia dos contaxios, coa incorporación da Coruña. O presidente da Xunta non aforrou críticas ao novo estado de alarma decretado polo goberno central. //Os casos activos dispáranse a 6.766 e contabilízanse oito mortes de anciáns, nunha xornada na que Galicia volve superar os 600 contaxios diarios. É a segunda cifra máis elevada de toda a pandemia trala do pasado sábado.
// Polémica polo uso de aparatos purificadores de aire para ventilar as aulas. A Xunta desaconsellaos nos centros de ensino, mentres non toma unha postura definitiva, ao tempo que expertos do CSIC considéranos como mellor alternativa..// Inaugurado o treito de Alta Velocidade entre Zamora e Pedralba, que reduce en 50 minutos a viaxe por tren entre Galicia e Madrid. (26/10/2020)