O uso de aceiro e outros metais para a construcción estase empezando a recuperar // Salvadas da liquidación cinco das filiais de Pescanova co voto favorable dos acreedores que aceptaron quitas de entre o 50 e o 96% // A Xunta destina 45 millóns a impulsar un polo industrial de avións non tripulados no aerodromo lucense das Rozas. 21/05/15
As temperaturas comezan a subir e prevese que a nebulosidade vaia diminuíndo ata quedaren ceos practicmente despexados en toda Galicia. 21/05/15
ABEL CABALLERO
Candidato do PSDG-PSOE á alcaldía de Vigo (21/05/15)
Sindicatos agrarios e industrias transformadoras tentaron esta maña, en Madrid e coa mediación do ministerio, porlle fin á controversia polos prezos do leite e os contratos, agravada dende a desaparición das cotas. Non houbo acordo e os gandeiros seguen a acusar ás industrias de obrigalos a asinar contratos ruinosos // Denuncian o roubo de polo menos 1.200 colmeas no que vai de ano en Galicia sobre todo nas provincias de Ourense e Pontevedra. Os apicultores cifran as perdas en 300 mil euros por esta vaga de roubos que atribúen a puxanza da apicultura e a suba do prezo do mel // O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya segue líder nas series mundiais e pelexa polo seu quinto título pero o seu cómodo liderado permítelle descansar dalgunhas probas. Anuncia que ata xullo en Hamburgo non volverá competir. 20/05/15
Sindicatos agrarios e industrias transformadoras tentaron esta maña, en Madrid e coa mediación do ministerio, porlle fin á controversia polos prezos do leite e os contratos, agravada dende a desaparición das cotas. Non houbo acordo e os gandeiros seguen a acusar ás industrias de obrigalos a asinar contratos ruinosos // Denuncian o roubo de polo menos 1.200 colmeas no que vai de ano en Galicia sobre todo nas provincias de Ourense e Pontevedra. Os apicultores cifran as perdas en 300 mil euros por esta vaga de roubos que atribúen á puxanza da apicultura e a suba do prezo do mel // O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya segue líder nas series mundiais e pelexa polo seu quinto título pero o seu cómodo liderado permítelle descansar dalgunhas probas. Anuncia que ata xullo en Hamburgo non volverá competir. 20/05/15
Sindicatos agrarios e industrias transformadoras tentaron en Madrid e coa mediación do ministerio, porlle fin á controversia polos prezos do leite e os contratos // Denuncian o roubo de polo menos 1.200 colmeas no que vai de ano en Galicia sobre todo nas provincias de Ourense e Pontevedra // O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya segue líder nas series mundiais e pelexa polo seu quinto título pero o seu cómodo liderado permítelle descansar dalgunhas probas. 20/05/15
Seguimos con ceos grises con moitas nubes que pouco a pouco van ir deixando paso a máis claros nun día con temperaturas moi semellantes ás de onte. 20/05/15
RUBÉN CELA
Candidato do BNG á alcaldía de Santiago de Compostela
XAVIER VENCE
Portavoz Nacional do BNG (20/05/15)
A Coruña é unha das 21 cidades de toda España que van estrear, de xeito experimental nas eleccións municipais do domingo, un sistema que axiliza o procedemento do voto e, sobre todo, o seu reconto. Transmite automaticamente os resultados, que, ata agora, eran enviados aos centros de seguimento por teléfono ou por mensaxes de móbil // As temperaturas baixaron e moito. Ata dez graos caeron nalgúns puntos nos últimos dous días. Serán máis frescas polo norte onde andarán de máximas de dezaseis graos en cidades coma A Coruña, Santiago ou Lugo e algo máis altas por riba dos 20 no Sur // Alarma social en Arteixo na Coruña polo último caso coñecido de meninxite. Piden que a Axencia Española do Medicamento, autorice a venda da vacina contra esta enfermidade en farmacias. Mentres, segue en estado moi grave unha muller de 51 anos ,que ingresou o pasado venres no complexo hospitalario a Coruña a causa desta doenza. 19/05/15
A Coruña é unha das 21 cidades de toda España que van estrear, de xeito experimental nas eleccións municipais do domingo, un sistema que axiliza o procedemento do voto e, sobre todo, o seu reconto. Transmite automaticamente os resultados, que, ata agora, eran enviados aos centros de seguimento por teléfono ou por mensaxes de móbil // Xa está no mar o considerado coma o maior veleiro do mundo, encargado en 2008 a un estaleiro de Marín como un gran cruceiro de luxo e a crise deixouno en mans dunha entidade bancaria que lle busca comprador. Quedará fondeado en Vigo á espera de armador // Alarma social en Arteixo na Coruña polo último caso coñecido de meninxite. Piden que a Axencia Española do Medicamento, autorice a venda da vacina contra esta enfermidade en farmacias. Mentres, segue en estado moi grave unha muller de 51 anos ,que ingresou o pasado venres no complexo hospitalario a Coruña a causa desta doenza. 19/05/15
A Coruña é unha das 21 cidades de toda España que van estrear, de xeito experimental nas eleccións municipais do domingo, un sistema que axiliza o reconto // Xa está no mar, en Marín, o considerado coma o maior veleiro do mundo // Alarma social en Arteixo na Coruña polo último caso coñecido de meninxite. 19/05/15
As temperaturas baixaron e moito. Ata dez graos caeron nalgúns puntos nos últimos dous días. Serán máis frescas polo norte onde andarán de máximas de dezaseis graos en cidades coma A Coruña, Santiago ou Lugo e algo máis altas por riba dos 20 no Sur. 19/05/15
CARLOS NEGREIRA
Candidato do PP á alcaldía da Coruña (19/05/15)
A consternación que se vive na localidade coruñesa de Coristanco quedou patente hoxe no Concello, onde se gardou un minuto de silencio e se decretaron dous días de loito oficial. Toda a zona está impresionada, logo da morte dun meniño de dous anos, atropelado cando cruzaba unha estrada local, situada fronte á casa dos seus avós.
A Garda Civil investiga a morte dun ciclista de 41 anos que pereceu, en circunstancias aínda sen aclarar, na localidade de Cambre. As primeiras hipóteses apuntan a que puido caer e bater contra a calzada, pero non se descarta que houbera algún coche implicado. (18/05/15)
YOLANDA DÍAZ
Coordinadora de Esquerda Unida
AGUSTÍN HERNÁNDEZ
Candidato do PP á alcaldía de Santiago de Compostela
FRANCISCO REYES
Candidato do PSDEG-PSOE á alcaldía de Santiago de Compostela
(18/05/15)
Consternación na localidade coruñesa de Coristanco ,onde se gardou un minuto de silencio e se decretaron dous dìas de loito oficial logo da morte en atropelo dun meniño de dous anos.
A Garda Civil investiga a morte dun ciclista de 41 anos que pereceu, en circunstancias aínda sen aclarar, na localidade de Cambre.
A vitoria do Deportivo por dous goles a cero, en Riazor, fronte ao Levante, dalle azos ao equipo coruñés para seguir pelexando pola permanencia. (18/05/15)
A influencia dunha borrasca traerá ceos anubrados e chuvias no norte de Galicia. As temperaturas máximas descenderán. (18/05/15)
A consternación que se vive na localidade coruñesa de Coristanco quedou patente hoxe no Concello, onde se gardou un minuto de silencio e se decretaron dous días de loito oficial. Toda a zona está impresionada, logo da morte dun meniño de dous anos, atropelado cando cruzaba unha estrada local, situada fronte á casa dos seus avós.
A Garda Civil investiga a morte dun ciclista de 41 anos que pereceu, en circunstancias aínda sen aclarar, na localidade de Cambre. As primeiras hipóteses apuntan a que puido caer e bater contra a calzada pero non se descarta que houbera algún coche implicado.
A vitoria do Deportivo por dous goles a cero, en Riazor, fronte ao Levante, dalle azos ao equipo coruñés para seguir pelexando pola permanencia ata á última xornada de liga. Agora está obrigado a puntuar, fronte ao Barcelona, o Sábado, para non depender dos resultados de terceiros.
O TEMPO
A influencia dunha borrasca traerá ceos anubrados e chuvias no norte de Galicia. As temperaturas máximas descenderán. (18/05/15)
Navantia asinou un contrato cunha filial da navieira vasca Ibaizabal para construir en xuño catro petroleiros. Será nos estaleiros públicos de Ferrol e Cádiz. O contrato inclúe unha opción para construir dous buques máis
O Director Xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, defendeu, na Coruña, a actuación dos axentes deste corpo de seguridade na investigación sobre o caso da muller asasinada en Ourense, presuntamente polo seu marido, no hospital onde se recuperaba dunha agresión anterior.
Decisiva fin de semana para os equipos galegos: Para o Celta porque tratará, pese ás dificultades, de conseguir unha praza europea. Pero sobre todo pra o Deportivo que vivirá unha auténtica final pola permanencia. Será en Riazor onde recibe ao Levante e co estadio cheo de público. (15/05/15)
Hoxe disfrutamos de sol pero as temperaturas van subir mais. Os ceos estarán tamén cada vez mais despexados. (15/05/15)