Os empresarios galegos piden estabilidade política para, din, garantir o crecemento económico. Tamén pediu que non se lle poñan calificativos ao emprego que se crea // A praza do Obradoiro de Santiago foi hoxe o punto de partida dunha manifestación de barbeiros e peiteadoras en demanda dunha rebaixa no IVE que se lle está a aplicar á súa actividade. Din que o que eles ofrecen é un servizo de primeira necesidade e non un luxo. Por iso piden que se lles rebaixe o IVE, dende o 21% actual // A Deputación de Ourense vai aportar a metade dos oitocentos mil euros dos que precisa dispor o Club Ourense Baloncesto para inscribirse na ACB, unha vez que logrou o ascenso, derrotando ao Breogán de Lugo, no quinto partido do Play Off, disputado onte á noite. 03/06/15
Os empresarios galegos piden estabilidade política para, din, garantir o crecemento económico. O seu presidente, José Manuel Fernández Alvariño pronunciouse hoxe en Vigo respecto ao resultado das últimas eleccións locais e advertiu sobre líderes dos que dixo que "prometen asfaltar o ceo". Tamén pediu que non se lle poñan calificativos ao emprego que se crea // A praza do Obradoiro de Santiago foi hoxe o punto de partida dunha manifestación de barbeiros e peiteadoras en demanda dunha rebaixa no IVE que se lle está a aplicar á súa actividade. Din que o que eles ofrecen é un servizo de primeira necesidade e non un luxo. Por eso piden que se lles rebaixe o IVE, dende o 21% actual // A Deputación de Ourense vai aportar a metade dos oitocentos mil euros dos que precisa dispor o Club Ourense Baloncesto para inscribirse na ACB, unha vez que logrou o ascenso, derrotando ao Breogán de Lugo, no quinto partido do Play Off, disputado onte á noite. 03/06/15
Os empresarios galegos piden estabilidade política para, din, garantir o crecemento económico // A praza do Obradoiro de Santiago foi hoxe o punto de partida dunha manifestación de barbeiros e peiteadoras en demanda dunha rebaixa no IVE que se lle está a aplicar á súa actividade // A Deputación de Ourense vai aportar a metade dos oitocentos mil euros dos que precisa dispor o Club Ourense Baloncesto para inscribirse na ACB. 03/06/15
Hoxe o máis destacado serán as temperaturas nun día que sobre todo deixou nubes pola mañá no terzo norte do país. 03/06/15
O número de desempregados baixou, no pasado mes de maio en Galicia en 7780 persoas. Unha cifra que supón un descenso do desemprego do TRES COMA DAZAOITO por cento, respecto ao mes anterior, unha baixada maior que a da media de España onde foi do 2,72 por cento // Segue sen haber pistas sobre cal pode ser o paradoiro de Socorro Pérez a muller de Ourense que desapareceu hai un mes, sen deixar rastro. A muller, de 43 anos, estaba solteira e traballaba como limpadora nun instituto // Grandes ringleiras en Ourense para conseguir as últimas entradas para a final desta noite polo ascenso á liga ACB entre o baloncesto Ourense e o Breogán de Lugo. 02/06/15
O número de desempregados baixou, no pasado mes de maio en Galicia en 7780 persoas. Unha cifra que supón un descenso do desemprego do TRES COMA DAZAOITO por cento, respecto ao mes anterior // Segue sen haber pistas sobre cal pode ser o paradoiro de Socorro Pérez a muller de Ourense que desapareceu hai un mes, sen deixar rastro. A muller, de 43 anos, estaba solteira e traballaba como limpadora nun instituto // Grandes ringleiras en Ourense para conseguir as últimas entradas para a final desta noite polo ascenso á liga ACB entre o baloncesto Ourense e o Breogán de Lugo. 02/06/15
O número de desempregados baixou, no pasado mes de maio en Galicia en 7780 persoas // Segue sen haber pistas sobre cal pode ser o paradoiro de Socorro Pérez a muller de Ourense que desapareceu hai un mes, sen deixar rastro // Grandes ringleiras en Ourense para conseguir as últimas entradas para a final desta noite polo ascenso á liga ACB entre o baloncesto Ourense e o Breogán de Lugo. 02/06/15
Seguimos baixo a influencia das altas presións o que garante ceos case despexados, aínda que con ventos do oeste que aportan humidade. 02/06/15
A Garda Civil de Tráfico levará a cabo, ata o domingo que vén, unha campaña especial de control do consumo de alcohol e drogas entre os conductores. Unha campaña, din as autoridades de tráfico, máis necesaria aquí que na media de España xa que, case unha terceira parte das vítimas mortais nas estradas perecen en accidentes que teñen algunha relación con estes consumos prohibidos // Segue a busca do peregrino alemán que desapareceu en Fisterra o pasado venres, logo de que completara o camiño de Santiago. O mozo, de 19 anos, desapareceu na praia de Langosteira, onde o viran bañándose. Ali apareceu a roupa pero ningún rastro del // Segue a investigación xudicial sobre a morte de Francisco Javier Romero Taboada na liorta en Madrid entre os Riazor Blues e o Frente Atlético. Ante as dúbidas sobre a identificación dos presuntos autores, hoxe declararon como testemuñas varios dos sanitarios que intentaron salvar a vida de Jimmy. 01/06/15
A Garda Civil de Tráfico levará a cabo, ata o domingo que vén, unha campaña especial de control do consumo de alcohol e drogas entre os conductores. Unha campaña, din as autoridades de tráfico, máis necesaria aquí que na media de España xa que, case unha terceira parte das vítimas mortais nas estradas perecen en accidentes que teñen algunha relación con estes consumos prohibidos // Segue a busca do peregrino alemán que desapareceu en Fisterra o pasado venres, logo de que completara o camiño de Santiago. O mozo, de 19 anos, desapareceu na praia de Langosteira, onde o viran bañándose. Ali apareceu a roupa pero ningun rastro del // O Club Baloncesto Ourense derrota ao Breogán de Lugo, na casa deste, e forza un quinto e derradeiro enfrontamento entre ambos para decidir cal dos dous ascende á LIGA ACB. Os ourensáns gañáronlles aos lugueses por 4 puntos e en Ourense vaise celebrar mañá o definitivo encontro. 01/06/15
A Garda Civil de Tráfico levará a cabo, ata o domingo que vén, unha campaña especial de control do consumo de alcohol e drogas entre os conductores // Segue a busca do peregrino alemán que desapareceu en Fisterra o pasado venres, logo de que completara o camiño de Santiago // O Club Baloncesto Ourense derrota ao Breogán de Lugo e forza un quinto e derradeiro enfrontamento entre ambos para decidir cal dos dous ascende á LIGA ACB. 01/06/15
As nubes irán diminuindo, segundo avance a xornada e ,pola tarde, os claros predominarán na maioría das comarcas. 01/06/15
Alivio entre as familias que, ata agora viñan achegándose ata as vilas da raia, en Portugal, para adquirir alí a vacina contra a meninxite B, que non venden nas farmacias galegas. Agora, xa se van poder adquirir aquí, logo de que o Ministerio autorizara a súa venda, un proceso que aínda vai tardar varias semanas // O Consello de Administración de Pescanova proponlles aos bancos acreedores que os actuais accionistas da multinacional pesqueira pasen a ter entre o 5 e o 20% do capital na nova compañía, que se poña en marcha, cando remate o proceso concursal // Chamada de atención, no Parlamento, sobre o acoso sexista entre os adolescentes a través do Whatsapp. O Valedor do Pobo di que adquire dimensións inauditas. 29/05/15
Alivio entre as familias que, ata agora viñan achegándose ata as vilas da raia, en Portugal, para adquirir alí a vacina contra a meninxite B, que non venden nas farmacias galegas. Agora, xa se van poder adquirir aquí, logo de que o Ministerio autorizara a súa venda, un proceso que aínda vai tardar varias semanas // Chamada de atención, no Parlamento, sobre o acoso sexista entre os adolescentes a través do Whatsapp. O Valedor do Pobo di que adquire dimensións inauditas // A denuncia da exsecretaria municipal de Pol en Lugo por presunto acoso laboral desencadea unha investigación xudicial no concello por presuntas irregularidades urbanísticas e de contratación de persoal. Un caso baixo segredo de sumario que instrúe a xuíza Pilar de Lara que rexistrou o consistorio de Pol durante seis horas. 29/05/15
Alivio entre as familias que, ata agora viñan achegándose ata as vilas da raia, en Portugal, para adquirir alí a vacina contra a meninxite B, que non venden nas farmacias galegas // Chamada de atención, no Parlamento, sobre o acoso sexista entre os adolescentes a través do Whatsapp // A denuncia da exsecretaria municipal de Pol en Lugo por presunto acoso laboral desencadea unha investigación xudicial no concello. 29/05/15
Máis nubes polo norte e ceos despexados no resto con temperaturas algo máis baixas. As máximas oscilarán entre os 18 graos da Coruña e os 28 de Ourense. 29/05/15
A vacina contra a meninxite B vaise poder mercar nas farmacias logo de que o autorizara o ministerio de sanidade. Os trámites para que as familias poidan adquirila xa se iniciaron, segundo lle anunciou o Ministro ao Presidente da Xunta e podería estar xa á venda en poucos meses // Núñez Feijóo di que os resultados das pasadas eleccións municipais non son os que buscaba o Partido Popular, pese a ser a formación mais votada en Galicia. Anuncia que o Comité de Dirección que se celebra esta tarde podería adoptar as primeiras medidas coma consecuencia deses malos resultados // Rexistrado, por orde da xuíza Pilar de Lara, o concello lucense de Pol. Tratase dunha actuación relacionada coa operación Pokémon e trata de determinar a existencia de irregularidades na contratación de persoal e en diversas actuacións urbanísticas. 28/05/15
A vacina contra a meninxite B vaise poder mercar nas farmacias logo de que o autorizara o ministerio de sanidade. Os trámites para que as familias poidan adquirila xa se iniciaron, segundo lle anunciou o Ministro ao Presidente da Xunta e podería estar xa á venda en poucos meses // Núñez Feijóo di que os resultados das pasadas eleccións municipais non son os que buscaba o Partido Popular, pese a ser a formación mais votada en Galicia. Anuncia que o Comité de Dirección que se celebra esta tarde podería adoptar as primeiras medidas coma consecuencia deses malos resultados // O Consello aprobou unha liña de axudas a entidades de iniciativa social. Son 5,2 millóns de euros e os beneficiarios poden pedir anticipos. Tamén autorizou ampliación da conserveira Jealsa Rianxeira, cun investimento de 20 millóns de euros. 28/05/15
A vacina contra a meninxite B vaise poder mercar nas farmacias logo de que o autorizara o ministerio de sanidade // Núñez Feijóo di que os resultados das pasadas eleccións municipais non son os que buscaba o Partido Popular, pese a ser a formación mais votada en Galicia // O Consello aprobou unha liña de axudas a entidades de iniciativa social. 28/05/15
Seguimos baixo a influencia do anticiclón das Azores e, polo tanto, con tempo soleado. 28/05/15