A Xunta aprobou un paquete de medidas dotado con 90 millóns de euros. 24 serán para aumentar a activade asistencial sanitaria e reducir as listas de espera. Tamén para obras e equipamentos en centros de saúde, hospitais, centros sociais, vivendas e dotacións cidadás // Afiliados de Ciudadanos de Galicia esixen a presencia, Albert Rivera e a dimisión do Secretario de Organización, logo de que a dirección do partido cambiase ao número un da lista para as xerais pola Coruña, Antonio Rodríguez, e de que representantes locais que o apoiaran, foran destituídos // Xa está concentrada na Coruña a selección galega de fútbol que mañá se vai enfrontar á de Venezuela. Os galegos, ás ordes de Fran e Michel, contarán coa presenza de destacados deportivistas coma Lucas Pérez ou de célticos coma Iago Aspas. 19/05/16
A Xunta aprobou un paquete de medidas dotado con 90 millóns de euros. 24 serán para aumentar a activade asistencial sanitaria e reducir as listas de espera. Tamén para obras e equipamentos en centros de saúde, hospitais, centros sociais, vivendas e dotacións cidadás // Afiliados de Ciudadanos de Galicia esixen a presencia, Albert Rivera e a dimisión do Secretario de Organización, logo de que a dirección do partido cambiase ao número un da lista para as xerais pola Coruña, Antonio Rodríguez, e de que representantes locais que o apoiaran, foran destituídos // Xa está concentrada na Coruña a selección galega de fútbol que mañá se vai enfrontar á de Venezuela. Os galegos, ás ordes de Fran e Michel, contarán coa presenza de destacados deportivistas coma Lucas Pérez ou de célticos coma Iago Aspas. O Combinado venezolano prepárase no Salnés, dende hai tres días, tratando de abstraerse dos problemas internos do seu país. 19/05/16
A Xunta aprobou un paquete de medidas dotado con 90 millóns de euros // Afiliados de Ciudadanos de Galicia esixen a presencia, Albert Rivera e a dimisión do Secretario de Organización // Xa está concentrada na Coruña a selección galega de fútbol que mañá se vai enfrontar á de Venezuela. 19/05/16
Seguimos entre as altas presións das illas dos azores e as baixas do Atlántico Norte. 19/05/16
A multinacional do automobil PSA Peugeot Citroën investirá, nos próximos anos, 640 millóns de euros na súa fábrica de Vigo para montar aquí un novo modelo que garantirá a plena ocupacion na factoría ata o 2026.
Xa están en funcionamento, no corredor Sarria-Monforte uns sinais luminosos, deseñados para evitar que os animais bravos se metan na calzada e provoquen accidentes
En Vigo, a xustiza dalle por segunda vez a razón a un pai divorciado que se nega a pasar a pensión alimenticia ao seu fillo de 24 anos que nin estuda, nin traballa. A sentenza xustifica esa decisión pola actitude de apatía e falta de empeño do mozo en buscar un traballo. (18/05/16)
A multinacional do automobil PSA Peugeot Citroën investirá, nos próximos anos, 640 millóns de euros na súa fábrica de Vigo para montar aquí un novo modelo que garantirá a plena ocupacion na factoría ata o 2026. Anunciouno hoxe o Presidente do grupo, Carlos Tavares, que mantivo unha reunión co Presidente da Xunta.
Xa están en funcionamento, no corredor Sarria-Monforte uns sinais luminosos, deseñados para evitar que os animais bravos se metan na calzada e provoquen accidentes.
En Vigo, a xustiza dalle por segunda vez a razón a un pai divorciado que se nega a pasar a pensión alimenticia ao seu fillo de 24 anos que nin estuda, nin traballa. A sentenza xustifica esa decisión pola actitude de apatía e falta de empeño do mozo en buscar un traballo. (18/05/16)
A multinacional do automobil PSA Peugeot Citroën investirá, nos próximos anos, 640 millóns de euros na súa fábrica de Vigo para montar aquí un novo modelo.
Xa están en funcionamento, no corredor Sarria-Monforte uns sinais luminosos, deseñados para evitar que os animais bravos se metan na calzada e provoquen accidentes.
En Vigo, a xustiza dalle por segunda vez a razón a un pai divorciado que se nega a pasar a pensión alimenticia ao seu fillo de 24 anos que nin estuda, nin traballa. (18/05/16)
Empeza a abandonarnos o anticiclón que, ao deprazarse, cara ao sur, deixa entrar o aire frío e húmido do atlántico Norte. (18/05/16)
En Outeiro de Rei, en Lugo, na Casa Museo de Manuel María, celebrouse o acto central do Día das Letras Galegas, adicado ao Poeta da Terra Chá. Alí, a Real Academia Galega lembrou ao autor dunha das obras máis populares da segunda metade do século vinte // Milleiros de manifestantes reivindicaron, nas rúas de Santiago, o dereito a vivir na lingua propia de Galicia. Unha manifestación encabezada cunha pancarta co lema "O idioma é vida", sacado dun verso de Manuel María, convocada pola plataforma "Queremos Galego" e na que participaron representantes políticos das forzas nacionalistas // Pasan a disposición xudicial os sete detidos polo tiroteo acontecido o pasado domingo ás portas do hospital de Ourense. Son todos membros dunha mesma familia de etnia xitana que reside no poboado da Fontela de Maside. 16/05/16
En Outeiro de Rei, en Lugo, na Casa Museo de Manuel María, celebrouse o acto central do Día das Letras Galegas, adicado ao Poeta da Terra Chá. Alí, a Real Academia Galega lembrou ao autor dunha das obras máis populares da segunda metade do século vinte // Milleiros de manifestantes reivindicaron, nas rúas de Santiago, o dereito a vivir na lingua propia de Galicia. Unha manifestación encabezada cunha pancarta co lema "O idioma é vida", sacado dun verso de Manuel María, convocada pola plataforma "Queremos Galego" e na que participaron representantes políticos das forzas nacionalistas // Pasan a disposición xudicial os sete detidos polo tiroteo acontecido o pasado domingo ás portas do hospital de Ourense. Son todos membros dunha mesma familia de etnia xitana que reside no poboado da Fontela de Maside. 16/05/16
En Outeiro de Rei, en Lugo, na Casa Museo de Manuel María, celebrouse o acto central do Día das Letras Galegas, adicado ao Poeta da Terra Chá // Milleiros de manifestantes reivindicaron, nas rúas de Santiago, o dereito a vivir na lingua propia de Galicia // Pasan a disposición xudicial os sete detidos polo tiroteo acontecido o pasado domingo ás portas do hospital de Ourense. 16/05/16
A mañá de néboas e nubes foi dando paso a unha xornada solleira na que algúns aproveitan para achegarse a areais. 16/05/16
O lider do PSOE e candidato socialista á presidencia do Goberno, nas eleccións xerais do 26 de xuño insistiu hoxe en Vigo na súa oferta na derogación da reforma laboral do Goberno do Partido Popular // O BNG califica a oferta de En Marea de negociar unha fronte común contra o PP de cortina de fume e o PSdeG di que é un ofrecemento "cara a galería" // Detidos dous irmáns polo tiroteo ás portas do hospital de Ourense a pasada noite con dous feridos leves. A policía busca tamén ao seu pai, todos membros dun clan xitano. 16/05/16
O lider do PSOE e candidato socialista á presidencia do Goberno, nas eleccións xerais do 26 de xuño insistiu hoxe en Vigo na súa oferta na derogación da reforma laboral do Goberno do Partido Popular. Dixo que o que debe facer a economía española é producir con máis calidade e non máis barato // O BNG califica a oferta de En Marea de negociar unha fronte común contra o PP de cortina de fume para ocultar, di, a crise interna da coalición, e Méndez Romeu, un dos candidatos nas primarias do PSdeG, califícao de ofrecemento "cara a galería", despois do fracaso das negociacións para a formación de Goberno Central // Detidos dous irmáns polo tiroteo ás portas do hospital de Ourense a pasada noite con dous feridos leves. A policía busca tamén ao seu pai, todos membros dun clan xitano. 16/05/16
O lider do PSOE e candidato socialista á presidencia do Goberno, nas eleccións xerais do 26 de xuño insistiu hoxe en Vigo na súa oferta na derogación da reforma laboral do Goberno do Partido Popular // O BNG califica a oferta de En Marea de negociar unha fronte común contra o PP de cortina de fume e o PSdeG di que é un ofrecemento "cara a galería" // Detidos dous irmáns polo tiroteo ás portas do hospital de Ourense a pasada noite con dous feridos leves. 16/05/16
Seguimos con bo tempo aínda que con algunhas nubes altas pola tarde e posibilidade de chuvascos en zonas altas de montaña. 16/05/16
Os tres candidatos que se presentan ás primarias para optar á candidatura do PSdeG-PSOE nas eleccións autónomas xa fixeron entrega dos seus avais para poder someter, agora, á avaliación da militancia // A Xunta e as empresas implicadas puxeron en marcha hoxe, no aerodromo das rozas, en Castro de Rei, o acordo de investimento de 115 millóns de euros para construir o polo de avións non tripulados // A un día do emocionante final de Liga o adestrador do Dépor, Víctor Sanchez, criticou duramente o comportamento do lateral portugués Luisiño e tamén o de Lopo, na segunda parte da competición. Máis tranquilo o final de Liga para o Celta que viaxa ao Calderón co obxectivo cumprindo de xogar en Europa. 13/05/16
Os tres candidatos que se presentan ás primarias para optar á candidatura do PSdeG-PSOE nas eleccións autónomas xa fixeron entrega dos seus avais para poder someter, agora, á avaliación da militancia // A Xunta e as empresas implicadas puxeron en marcha hoxe, no aerodromo das rozas, en Castro de Rei, o acordo de investimento de 115 millóns de euros para construir o polo de avións non tripulados. Agárdase que estea en funcionamento dentro de catro anos // A un día do emocionante final de Liga o adestrador do Dépor, Víctor Sanchez, criticou duramente o comportamento do lateral portugués Luisiño e tamén o de Lopo, na segunda parte da competición. Máis tranquilo o final de Liga para o Celta que viaxa ao Calderón co obxectivo cumprindo de xogar en Europa. 13/05/16
Os tres candidatos que se presentan ás primarias para optar á candidatura do PSdeG-PSOE nas eleccións autónomas xa fixeron entrega dos seus avais // A Xunta e as empresas implicadas puxeron en marcha hoxe, no aerodromo das rozas, en Castro de Rei, o acordo de investimento de 115 millóns de euros para construir o polo de avións non tripulados. O adestrador do Dépor, Víctor Sanchez, criticou duramente o comportamento do lateral portugués Luisiño e tamén o de Lopo, na segunda parte da competición. 13/05/16
Teremos que agardar o domingo para ver o sol porque os pronósticos seguen a anunciar chuvias para hoxe e mañá. 13/05/16