Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A xunta aproba destinar 20 millons de euros para o sector primario, con destino a concentracions parcelarias, melloras de infraestructuras viarias e para plantar mil hectareas de castiñeiros. Tamen para axudas financeiras a granxas lacteas con dificultades e para danos en animais por ataques de lobos e xabarins // O paro baixou en Galicia en 7.689 persoas en maio. Supón un 3.37% de desemprego menos ca o mes anterior. En comparanza con hai un ano, os datos son aínda máis positivos e, respecto a maio do ano pasado hai 16.500 parados menos // A policía tivo que desaloxar en Santiago unha macrofesta con case un milleiro de estudantes, despois de que se rexistrase unha avalancha, debido a que se superaba con moito, o aforo previsto no local onde se celebraba. 02/06/16

A xunta aproba destinar 20 millons de euros para o sector primario, con destino a concentracions parcelarias, melloras de infraestructuras viarias e para plantar mil hectareas de castiñeiros. Tamen para axudas financeiras a granxas lacteas con dificultades e para danos en animais por ataques de lobos e xabarins // O paro baixou en Galicia en 7.689 persoas en maio. Supón un 3.37% de desemprego menos ca o mes anterior. En comparanza con hai un ano, os datos son aínda máis positivos e, respecto a maio do ano pasado hai 16.500 parados menos // A policía tivo que desaloxar en Santiago unha macrofesta con case un milleiro de estudantes, despois de que se rexistrase unha avalancha, debido a que se superaba con moito, o aforo previsto no local onde se celebraba. Estaban convidadas 400 persoas pero outras tantas trataron de entrar pola forza e producíronse empurróns pisotóns e mazaduras, ata que a xerente do local chamou ás forzas da orde. 02/06/16

A xunta aproba destinar 20 millons de euros para o sector primario, con destino a concentracions parcelarias, melloras de infraestructuras viarias e para plantar mil hectareas de castiñeiros // O paro baixou en Galicia en 7.689 persoas en maio. Supón un 3.37% de desemprego menos ca o mes anterior // A policía tivo que desaloxar en Santiago unha macrofesta con case un milleiro de estudantes, despois de que se rexistrase unha avalancha. 02/06/16

Patricia Vilán será a nova portavoz do grupo parlamentario socialista. A presidenta da comisión xestora do partido, Pilar Cancela reuníuse hoxe cos deputados para transmitirlles a decisión. Trátase dunha parlamentaria identificada co vencedor nas primarias, Fernández Leiceaga, logo de que José Luís Méndez Romeu presentara a dimisión // O trasatlántico máis grande do mundo, o "Harmony of de Seas", visita hoxe Vigo na sua viaxe inaugural que o levará ao porto base de Barcelona. Trae a bordo preto de seis mil pasaxeiros e dous mil tripulantes. A compañia Royal caribean calcula que deixarán en Vigo uns trescentos cincuenta mil euros // As 123 praias e 18 portos galegos recoñecidos este ano con bandeiras azuis recibiron hoxe os títulos acreditativos, nun acto celebrado no areal coruñés de Bastiagueiro, que leva máis de 30 anos sen perder esta distinciòn que recoñece os equipamentos para atenciòn aos bañistas. 01/06/16

Patricia Vilán será a nova portavoz do grupo parlamentario socialista. A presidenta da comisión xestora do partido, Pilar Cancela reuníuse hoxe cos deputados para transmitirlles a decisión. Trátase dunha parlamentaria identificada co vencedor nas primarias, Fernández Leiceaga, logo de que José Luís Méndez Romeu presentara a dimisión // O trasatlántico máis grande do mundo, o "Harmony of de Seas", visita hoxe Vigo na sua viaxe inaugural que o levará ao porto base de Barcelona. Trae a bordo preto de seis mil pasaxeiros e dous mil tripulantes. A compañia Royal caribean calcula que deixarán en Vigo uns trescentos cincuenta mil euros // As 123 praias e 18 portos galegos recoñecidos este ano con bandeiras azuis recibiron hoxe os títulos acreditativos, nun acto celebrado no areal coruñés de Bastiagueiro, que leva máis de 30 anos sen perder esta distinciòn que recoñece os equipamentos para atenciòn aos bañistas. 01/06/16

Patricia Vilán será a nova portavoz do grupo parlamentario socialista // O trasatlántico máis grande do mundo, o "Harmony of de Seas", visita hoxe Vigo na sua viaxe inaugural que o levará ao porto base de Barcelona // As 123 praias e 18 portos galegos recoñecidos este ano con bandeiras azuis recibiron hoxe os títulos acreditativos. 01/06/16

Día de ceos prácticamente despexados e con temperaturas que xa nos van lembrando en tres semanas chega o verán. As máximas oscilarán entre os 21 graos de Lugo e os 27 de Pontevedra. 01/06/16

José Luis Méndez Romeu deixa o seu cargo de portavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego. Unha renuncia, di, para non crear distorsións na mensaxe do partido e Recoñeceu que mantén puntos de vista distintos aos defendidos por Fernández Leiceaga, o candidato triunfador nas recentes primarias para elexir candidato á Xunta // As vítimas do accidente de tren de Santiago entregaron hoxe 270 mil sinaturas á Comisión Europea para pedirlle que faga público o informe sobre o sinistro, elaborado pola Axencia Europea de Seguridade Ferroviaria. Bruxelas rexeita involucrarse no caso do Alvia cun documento que, asegura, se pediu por unha infracción aberta contra España antes do accidente // Os exámenes da oposicón para profesores serán, o 23 e 24 de Xuño. Convocanse 1.115 prazas das que 478 son para secundaria, 500 para mestres, 112 para formación profesional e 12 de inspectores. 31/05/16

José Luis Méndez Romeu deixa o seu cargo de portavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego. Unha renuncia, di, para non crear distorsións na mensaxe do partido e Recoñeceu que mantén puntos de vista distintos aos defendidos por Fernández Leiceaga, o candidato triunfador nas recentes primarias para elexir candidato á Xunta // As vítimas do accidente de tren de Santiago entregaron hoxe 270 mil sinaturas á Comisión Europea para pedirlle que faga público o informe sobre o sinistro, elaborado pola Axencia Europea de Seguridade Ferroviaria // O Tribunal Supremo revoca a custodia compartida a un pai por "falta total de respeto", e comportamento abusivo e dominante respeto á súa exparella. O Alto Tribunal desaconsella este rexime de custodia porque a actitude do proxenitor, impide,di, a colaboración necesaria entre os pais para que o neno teña unha convivencia pacífica e estable emocionalmente. 31/05/16

José Luis Méndez Romeu deixa o seu cargo de portavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego // As vítimas do accidente de tren de Santiago entregaron hoxe 270 mil sinaturas á Comisión Europea para pedirlle que faga público o informe sobre o sinistro // O Tribunal Supremo revoca a custodia compartida a un pai por "falta total de respeto", e comportamento abusivo e dominante respeto á súa exparella. 31/05/16

O máis destacado é o regreso do anticiclón que de cara a tarde vai facer que se abran grandes claros con nubes aínda polo norte e ceos despexados polo sur onde tamén se notará máis o ascenso das temperaturas. As máximas oscilarán entre os 19 graos da Coruña e os 25 de Vigo. 31/05/16

Xaquín Fernández Leiceaga atribúe a súa victoria nas primarias socialistas para a elección de candidato á Xunta a que os militantes conectaron coa súa oferta de renovación // A Confederación de Empresarios de Galicia recortará persoal, baixará soldos e renegocia un crédito hipotecario, por valor dun millón e medio de euros para facer fronte ás súas débedas e ás reclamacións da Xunta por financiación non aportada a plans acollidos a axudas públicas // O Deportivo destitúe ao adestrador Víctor Sánchez del Amo. Decidiuno o Consello de Administración do clube, malia que o tecnico tiña contrato ata xaneiro do ano que vén. Esta tarde, o presidente da entidade, Tino Fernández, vai explicar os motivos da decisión. 30/05/16

O que fora subdirector da oficina principal de Novacaixagalicia en Santiago recoñeceu hoxe, nun xuízo, que se aproveitou do seu posto para apropiarse de 5 millóns 600 mil euros dos seus clientes, durante os últimos seis anos que traballou, antes de xubilarse en 2011 // Xaquín Fernández Leiceaga atribúe a súa victoria nas primarias socialistas para a elección de candidato á Xunta a que os militantes conectaron coa súa oferta de renovación. Impúxose por perto de 700 votos ao seu contrincante, Méndez Romeu ao que superou, principalmente nas provincias da Coruña e Lugo // Mergulladores da Armada española e de outros organismos portugeses revisan a área do río na que atoparon as chaves e o trombón do músico desaparecido entre Salvaterra e Monçao. David Fernández de 37 años, natural de Salceda e veciño de Salvaterra desapareceu o sábado tras actuar co seu grupo na localidade de Lapela, en Portugal. 30/05/16

O que fora subdirector da oficina principal de Novacaixagalicia en Santiago recoñeceu que se aproveitou do seu posto para apropiarse de 5 millóns 600 mil euros dos seus clientes // Xaquín Fernández Leiceaga atribúe a súa victoria nas primarias socialistas para a elección de candidato á Xunta a que os militantes conectaron coa súa oferta de renovación // Mergulladores da Armada española e de outros organismos portugeses revisan a área do río na que atoparon as chaves e o trombón do músico desaparecido entre Salvaterra e Monçao. 30/05/16

O Xulgado de Santiago que instruiu o sumario polo accidente do Alvia que causara 80 mortos, deberá reabrir a instrucción sobre o sinistro. Ordeouno a Audiencia Provincial da Coruña, nun auto que prevé practicar novas probas // O presidente da Xunta, que abre arestora na Havana, a reunion de 100 irmandades e casas de Galicia de o mundo, valora o interes do goberno cubano en sectores que poden dar oportunidade a empresas galegas na contruccion, ante a prevision de incrementar un 30% as camas hotelerias e a construcion de novos hoteis // Últimas 24 horas de campaña de primarias dos socialistas galegos, José Luis Mendez Romeu e Xaquín Fernández Leiceaga. 27/05/16

O Xulgado de Santiago que instruiu o sumario polo accidente do Alvia que causara 80 mortos, deberá reabrir a instrucción sobre o sinistro. Ordeouno a Audiencia Provincial da Coruña, nun auto que prevé practicar novas probas e, concretamente, que se trate de aclarar o que sinalan varios informes periciais sobre presuntas eivas de seguridade na curva onde descarrilara o tren // O presidente da Xunta, que abre arestora na Havana, a reunion de 100 irmandades e casas de Galicia de o mundo, valora o interes do goberno cubano en sectores que poden dar oportunidade a empresas galegas na contruccion, ante a prevision de incrementar un 30% as camas hotelerias e a construcion de novos hoteis // Últimas 24 horas de campaña de primarias dos socialistas galegos. José Luis Mendez Romeu nun acto con mulleres exhibía de novo a sua condición de candidato apoiado por figuras relevantes do partido. Mentres Xaquín Fernández Leiceaga destaca eses apoios como proba de que o seu rival representa a opción da continuidade. 27/05/16

O Xulgado de Santiago que instruiu o sumario polo accidente do Alvia que causara 80 mortos, deberá reabrir a instrucción sobre o sinistro // O presidente da Xunta abre hoxe na Havana, a reunion de 100 irmandades e casas de Galicia de o mundo // Últimas 24 horas de campaña de primarias dos socialistas galegos. 27/05/16

Seguimos baixo a influencia da borrasca que nos mantivo rodeados toda a semana. Pero ese influenica será cada vez mais grande e, pola noite deixará precipitacións, sobre todo no litoral Oeste. 27/05/16