Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Garda Civil analiza o móbil de Diana Quer atopado por un mariscador, cando faenaba, ao pé da ponte de Taragoña en Rianxo // Alberto Núñez Feijóo será investido como Presidente da Xunta o sábado 12 de novembro // Galicia é a primeira comunidade autónoma na que os cidadáns poden consultar por internet os seus trámites xudiciais. 28/10/16

A Garda Civil analiza o móbil de Diana Quer atopado por un mariscador ao pé da ponte de Taragoña. // O avogado da nai de Diana Quer cree que o móbil permitirá obter pistas valiosas para a investigación // Nuñez Feijóo fará o seu discurso de investidura como candidato á Presidencia da Xunta nun pleno parlamentario que comezará o 8 de novembro e rematará coa investidura o sábado 12 // Galicia é a primeira comunidade en contar cunha sede xudicial electrónica, na que os cidadáns poden consultar os seus procedementos xudiciais en curso // As obras do Corredor do Morrazo obrigarán a cortar o tráfico do 2 de novembro ao 24 de xaneiro. Pecharán 6 km, dende a ponte de Rande ao enlace de Meira // O Celta viaxa ás Canarias para xogar o domingo contra Las Palmas. O Dépor recibe o luns ao Valencia // Na noite do sábado ao domingo as tres volverán ser as dúas, nos reloxios. 28/10/16

A Garda Civil analiza o móbil de Diana Quer atopado por un mariscador, cando faenaba, ao pé da ponte de Taragoña en Rianxo // Alberto Núñez Feijóo será investido como Presidente da Xunta o sábado 12 de novembro // Galicia é a primeira comunidade autónoma na que os cidadáns poden consultar por internet os seus trámites xudiciais // Pecharán o corredor do Morrazo dende o 2 de novembro polas obras // O Celta viaxa a Canarias para xogar o domingo contra Las Palmas e o Deportivo recibe o luns o Valencia // Na noite do sábado ao domingo cambiamos o horario de inverno. 28/10/16

Milleiros de estudantes saen hoxe a rúa en protesta pola implantación este curso das probas finais de avaliación, as reválidas en cuarto da ESO e en segundo de bacharelato // Trafico intensifica hoxe e mañá os controis para revisar os neumáticos. A sanción por roda defectuosa é de 200 euros // Melisanto é unha das catro cooperativas gandeiras que a vindeira semana decide se integra nun gran grupo lácteo // O sector pesqueiro de Vigo lanza un programa de visitas guiadas ao seu porto // Reaccións á prohibición aos católicos de que garden na casa ou espallen as cinzas dos seus seres queridos fóra dos lugares sagrados. 27/10/16

Folga no ensino secundario contra a implantación das reválidas en 4º da ESO e 2º de Bacharelato // Campaña de tráfico de control de neumáticos // Melisanto decide a próxima semana se se integra nun gran grupo lácteo cooperativo // O porto pesqueiro de Vigo ofrecerá visitas guiadas a partir de novembro // A igrexa católica prohibe gardar as cinzas dos defundos na casa ou espallalas fóra dos cemiterios. 27/10/16

Milleiros de estudantes saen hoxe a rúa en protesta pola implantación este curso das probas finais de avaliación, as reválidas en cuarto da ESO e en segundo de bacharelato // Trafico intensifica hoxe e mañá os controis para revisar os neumáticos. A sanción por roda defectuosa é de 200 euros // Reaccións á prohibición aos católicos de que garden na casa ou espallen as cinzas dos seus seres queridos fóra dos lugares sagrados. 26/10/16

Milleiros de estudantes saen hoxe a rúa en protesta pola implantación este curso das probas finais de avaliación, as reválidas en cuarto da ESO e en segundo de bacharelato // Trafico intensifica hoxe e mañá os controis para revisar os neumáticos. A sanción por roda defectuosa é de 200 euros // Melisanto é unha das catro cooperativas gandeiras que a vindeira semana decide se integra nun gran grupo lácteo // O sector pesqueiro de Vigo lanza un programa de visitas guiadas ao seu porto // Reaccións á prohibición aos católicos de que garden na casa ou espallen as cinzas dos seus seres queridos fóra dos lugares sagrados. 26/10/16

Folga no ensino secundario contra a implantación das reválidas en 4º da ESO e 2º de Bacharelato // Campaña de tráfico de control de neumáticos // Melisanto decide a próxima semana se se integra nun gran grupo lácteo cooperativo // O porto pesqueiro de Vigo ofrecerá visitas guiadas a partir de novembro // A igrexa católica prohibe gardar as cinzas dos defundos na casa ou espallalas fóra dos cemiterios. 26/10/16

A policía xa identificou en Lugo os dous menores que protagonizaron unha pelexa difundida e alentada polas redes sociais. A policía remitirá a fiscalía o caso // Segundo día de declaración de Pablo Crespo acusado no xuízo da trama Gürtel // Tráfico vai aumentar os controis nas estradas na que vixiarán especialmente o estado dos neumáticos. 25/10/16

A policía xa identificou en Lugo os dous menores que protagonizaron unha pelexa difundida e alentada polas redes sociais // Nos hospitais púiblicos galegos fixéronse máis de cen mil intervencións cirúrxicas na primeira metade do ano, un récord na historia do Sergas. Reduce a lista de espera de 60 a 58 días // Alberto Núñez Feijóo fixa como obxectivo do seu goberno que en catro anos o 100% dos galegos dispoñan dun hospital ou centro de saúde novo ou reformado // BNG e EN Marea agardan que o futuro goberno non impida a transferencia da AP9 a Galicia e reclaman que o congreso dos Deputados debate a proposta de lei aprobada por unanimidade polo parlamento galego // O número 2 da trama Gurtel, Pablo Crespo recoñece que boa parte do seu traballo consistía en cobrar os actos que organizaban para o PP, pero insiste en descargar toda a responsabilidade sobre o seu xefe, Francisco Correa // Tráfico vai aumentar os controis nas estradas na que vixiarán especialmente o estado dos neumáticos. 25/10/16

A policía xa identificou en Lugo os dous menores que protagonizaron unha pelexa difundida e alentada polas redes sociais. A policía remitirá a fiscalía o caso // Alberto Núñez FEijóo fixa como obxectivo do seu goberno que en catro anos o 100% dos galegos dispoñan dun hospital ou centro de saúde novo ou reformado // BNG e EN Marea agardan que o futuro goberno non impida a transferencia da AP9 a Galicia e reclaman que o Congreso dos Deputados debata a proposta de lei, aprobada por unanimidade polo Parlamento galego // Segundo día de declaración de Pablo Crespo acusado no xuízo da trama Gürtel // Tráfico vai aumentar os controis nas estradas na que vixiarán especialmente o estado dos neumáticos. 25/10/16

A xestora dos socialistas galegos contraria a decisión do comité federal do PSOE de absterse na sesión de investidura do candidato popular // O número 2 da trama Gürtel, Pablo Crespo, nega os delitos que lle imputa a fiscalía // Comeza a campaña de vacinación contra a gripe dirixida sobre todo a grupos de risco, maiores, enfermos crónicos, embaradas e persoal sanitario. 24/10/16

Comeza a campaña de vacinación contra a gripe dirixida sobre todo a grupos de risco, maiores, enfermos crónicos, embaradas e persoal sanitario // Ronda de consultas do Rei cos grupos parlamentarios despois de dez meses do goberno en funcións // A xestora dos socialistas galegos contraria a decisión do comité federal do PSOE de absterse na sesión de investidura do candidato popular // O número 2 da trama Gürtel, Pablo Crespo, nega os delitos que lle imputa a fiscalía // O acusado do crime de Tatiana Vázquez, citado no xulgado no peche da instrucción do caso // Dende 1955 nunca un derbi deixara tantos goles, 4 a 1, impúxose o Celta ao Deportivo en Balaídos // A policía investiga a procedencia dun vídeo dunha pelexa entre menores de idade difundido nas redes. 24/10/16

Ata o 23 de decembro xa é posible vacinarse da gripe // Ronda de contactos do Rei cos grupos parlamentarios // A xestora dos socialistas galegos contraria a abstención do PSOE no debate de investidura de Mariano Rajoy // O número 2 da trama Gürtel, Pablo Crespo, nega os delitos que lle imputa a fiscalía // O acusado do crime, a coiteladas, de Tatiana Vázquez citado no xulgado no peche da instrucción do caso // Dende 1955 nunca un derbi deixara tantos goles, 4 a 1, impúxose o Celta ao Deportivo en Balaídos. 24/10/16

Empeza a X lexislatura do Parlamento na que o PP con 41 deputados mantén a maioría absoluta da cámara.
José María Álvarez, secretario xeral de UGT, califica de broma a proposta de que os xubilados traballen mentres cobran a pensión.
Dous meses despois da desaparición de Diana Quer en A Pobra do Caramiñal os investigadores seguen sen pistas fiables.
Unha compañía eléctrica ameazou ao dono dun bar de Ourense con demandalo se non pagaba unha débeda de un céntimo.
O Celta deu un paso adiante para clasificarse na seguinte fase da Europa League ao empatar a dous goles co Ajax .
Aínda hai entradas á venda para o derbi galego en Balaídos.
Javier Gómez Noya recibido en audiencia polos Reis antes da entrega do Premio Princesa de Asturias dos Deportes. (21/10/16)