Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Consello da Xunta aprobou a eliminacion das licenzas municipais previas para emprender calquera actividade empresarial. Tamen lle deu o visto e prace á fusion dos concellos pontevedreses de Cerdedo e Cotobade, unha vez superados todos os tramites legais // Sorpresa na Coruña entre os coñecidos do brasileiro asasinato en Guadalaxara esnaquizado xunto a súa muller e os seus dous fillos. Na cidade herculina viviu catro anos onde traballou como panadeiro e noutros negocios de hostalería // Primeira vitoria do Celta na Liga. Impúxose ao Sporting de Xixón por dous goles a 1, con tantos de Hugo Mallo e Iago Aspas. Mentres o Dépor recibe esta noite en Riazor ao Leganés no segundo dos tres partidos que afronta esta semana. 22/09/16

O Consello da Xunta aprobou a eliminacion das licenzas municipais previas para emprender calquera actividade empresarial // Sorpresa na Coruña entre os coñecidos do brasileiro asasinato en Guadalaxara esnaquizado xunto a súa muller e os seus dous fillos // Primeira vitoria do Celta na Liga. Impúxose ao Sporting de Xixón por dous goles a 1, con tantos de Hugo Mallo e Iago Aspas. 22/09/16

A nai de Diana Quer rompeu hoxe o silencio que viña mantendo nas últimas semanas respecto á desaparición da súa filla, hai un mes, na Pobra do Caramiñal. Insistiu en pedir a colaboraciòn cidadá, en busca de calquera detalle que axude na investigación // O Tribunal Supremo estuda hoxe o recurso de casación interposto polas defensas de Rosario Porto e Alfonso Basterra contra a sentenza que os condenou a 18 anos de cárcere por asasinar a súa filla Asunta cun plan acordado polos dous.Un recurso que analiza o alto tribunal xusto cando se cumpren tres anos da morte da nena // Vendas récord do grupo textil Inditex. No primeiro semestre fiscal do ano superaron por primeira vez a barreira dos 10 mil millóns de euros, un 11% ca un ano antes. A compañía de Amancio Ortega conseguiu así aumentar o beneficio nun 8% ata os 1.256 millóns de euros ata xullo. 21/09/16

A nai de Diana Quer rompeu hoxe o silencio que viña mantendo nas últimas semanas respecto á desaparición da súa filla, hai un mes, na Pobra do Caramiñal // O Tribunal Supremo estuda hoxe o recurso de casación interposto polas defensas de Rosario Porto e Alfonso Basterra contra a sentenza que os condenou a 18 anos de cárcere por asasinar a súa filla Asunta // Vendas récord do grupo textil Inditex. No primeiro semestre fiscal do ano superaron por primeira vez a barreira dos 10 mil millóns de euros, un 11% ca un ano antes. 21/09/16

Xornada de transición entre as altas e as baixas presións que deixará ceos máis anubrados, con nubes altas e posibilidade de chuvias debiles no litoral norte. 21/09/16

O polo aeronáutico de Rozas, en Lugo, centrado no desenvolvemento de aplicacións dos avións non tripulados, segue dando pasos. Hoxe a empresa Indra realizou ali unha demostración dun dos seus prototipos, un pequeno avion que serve tanto para ser tripulado coma para ser dirixido por control remoto // Un informe socioeconómico revela que Galicia foi a comunidade española máis afectada en 2015 pola baixada dos prezos do leite de vaca en toda Europa. Segundo ese estudo da Interprofesional Láctea, o principal motivo é o descenso do consumo nos últimos sete anos // Rosa Charlin, sobriña do patriarca do clan dos Charlins, volveu sentar hoxe no banco dos acusados por presunto branqueo de cartos procedentes do narcotráfico. A vista na que o fiscal pedía para ela cinco anos de cárcere e o pago de 720 mil euros quedou suspendida porque a defensa pediu a nulidade das actuacións. 20/09/16

O polo aeronáutico de Rozas, en Lugo, centrado no desenvolvemento de aplicacións dos avións non tripulados, segue dando pasos. Hoxe a empresa Indra realizou ali unha demostración dun dos seus prototipos, un pequeno avion que serve tanto para ser tripulado coma para ser dirixido por control remoto // Rosa Charlin, sobriña do patriarca do clan dos Charlins, volveu sentar hoxe no banco dos acusados por presunto branqueo de cartos procedentes do narcotráfico. A vista na que o fiscal pedía para ela cinco anos de cárcere e o pago de 720 mil euros quedou suspendida porque a defensa pediu a nulidade das actuacións // O Deportivo suma un punto na súa visita ao campo do Alavés cun empate sen goles. O equipo da Coruña sólido en defensa dominou boa parte do encontro pero faltoulle gol. Sen tempo practicamente para recuperarse, o xoves reciben en Riazor ao Leganés. 20/09/16

O polo aeronáutico de Rozas, en Lugo, centrado no desenvolvemento de aplicacións dos avións non tripulados, segue dando pasos // Rosa Charlin, sobriña do patriarca do clan dos Charlins, volveu sentar hoxe no banco dos acusados por presunto branqueo de cartos procedentes do narcotráfico // O Deportivo suma un punto na súa visita ao campo do Alavés cun empate sen goles. 20/09/16

Unha fronte pouco activa deixa ceos máis anubrados polo norte onde se poden rexistrar algunhas precipitacións débiles. No resto predominará o anticiclón, con ceos máis despexados canto máis o sur. 20/09/16

A empresa Ferroatlántica vai investir 42 millóns de euros na construcción dunha fábrica de tecnoloxía punta no polígono de Sabón, perto da Coruña. Creará 90 postos de traballo directos e 150 indirectos e dedicarase á elaborar de silicio de alta calidade, para a industria solar fotovoltaica // As cinzas dos incendios do verán están a crear os primeiros problemas. Os concellos de Entrimo, en Ourese e das Neves, en Potevedra están fornecendo de auga aos veciños de varias poboaciòns ao vérense afectadas as taídas de auga polas escorrentías das choivas destes días pasados // Esta tarde serán soterradas dúas das vítimas mortais por accidentes de tráfico en Galicia, un motorista de Vigo e a súa parella que faleceron o sábado en Cerdedo ao bater a moto na que viaxaban contra un turismo. 19/09/16

Segue a influencia do anticiclón o que deixa ceos despexados en case toda Galicia, agás polo extremo norte onde se rexistraron algúns intervalos de nubes sobre todo a primeiras horas. 19/09/16

A empresa Ferroatlántica vai investir 42 millóns de euros na construcción dunha fábrica de tecnoloxía punta no polígono de Sabón, perto da Coruña // As cinzas dos incendios do verán están a crear os primeiros problemas // Esta tarde serán soterradas dúas das vítimas mortais por accidentes de tráfico en Galicia da pasada fin de semana. 19/09/16

A nai de Diana quer, a moza desaparecida na Pobra do Caramiñal dende hai 25 días dixo hoxe que a investigación para atopar á súa filla avanza pero lentamente. Hoxe compareceu no xulgado de Ribeira dentro do proceso sobre a custodia da outra filla, menor de idade // Os investigadores que estudan aos arroaces en Galicia lograron documentar esta semana, na ría de Arousa, o ataque mortal de dous machos adultos a una cría, mentres a súa nai tentaba salvala // O Celta estrea a Liga Europa cun empate a un ante o Standard de Liexa. Cunha alineación pouco habitual e un esquema de xogo inédito, ao Celta faltoulle coordinación e intensidade, pero logrou o primeiro punto da temporada. 16/09/16

A nai de Diana quer, a moza desaparecida na Pobra do Caramiñal dende hai 25 días dixo hoxe que a investigación para atopar á súa filla avanza pero lentamente. Hoxe compareceu no xulgado de Ribeira dentro do proceso sobre a custodia da outra filla, menor de idade // O Partido Popular aposta por medidas para incentivar a natalidade, os socialistas propoñen unha lei para coordinar as áreas empresariais. No BNG sinalan os casos de corrupción que lle afectan ao PP e En Marea quere revertir as privatizacións // O Celta estrea a Liga Europa cun empate a un ante o Standard de Liexa. Cunha alineación pouco habitual e un esquema de xogo inédito, ao Celta faltoulle coordinación e intensidade, pero logrou o primeiro punto da temporada. 16/09/16

A nai de Diana quer, a moza desaparecida na Pobra do Caramiñal dende hai 25 días, di que a investigación para atopar á súa filla avanza pero lentamente // A campaña para as eleccións autonómicas do vindeiro día 25 chega ao seu ecuador // O Celta estrea a Liga Europa cun empate a un ante o Standard de Liexa. 16/09/16

Os alumnos de secundaria e bacharelato empezan hoxe o curso. Son os últimos en voltar ás aulas, logo de que xa o fixeran os de primaria e na universidade. Regresan ás aulas dos institutos mais de 146 mil alumnos, dos que 14 mil son adultos que estudan de xeito semipresencial ou a distancia // A Xunta aprobou o plan que permite axeitar o parque empresarial de Vigo onde está Citroen ás necesidades desta empresa. É un dos acordos do consello desta mañá. O plan aprobado facilita facer cambios no parque empresarial de Balaidos para atender as necesiades de Citroen e das industrias auxiliares da automocion // A Garda Civil detivo na provincia de Pontevedra seis presuntos integrantes dunha rede internacional dedicada ao roubo de vehículos de luxo, que posteriormente eran vendidos no Norte de África. 15/09/16