Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Ministro de Fomento anunciou a creación dunha comisión bilateral do Goberno Central coa Xunta para xestionar todo o relacionado coa Autoestrada do Atlántico // A garda civil investiga as causas polas que ardían completamente as instalacións da empresa de reciclaxe ACTECO en Arteixo, preto da Coruña // O delegado do goberno asegura que os investigadores descartaron que Diana Quer poida ser a autora dun correo remitido á asociación SOS Desaparecidos. 05/12/16

O Ministro de Fomento anunciou a creación dunha comisión bilateral do Goberno Central coa Xunta para xestionar todo o relacionado coa Autoestrada do Atlántico // A garda civil investiga as causas polas que ardían completamente as instalacións da empresa de reciclaxe ACTECO en Arteixo, preto da Coruña. Os 49 operarios da pranta de residuos industriais incorporáronse esta mañá ao traballo nunha nave de aluguer para continuar provisionalmente coa súa actividade // O delegado do goberno asegura que os investigadores descartaron que Diana Quer poida ser a autora dun correo remitido á asociación SOS desaparecidos no que se dicía que estaba ben e no estranxeiro. 05/12/16

O Ministro de Fomento anunciou a creación dunha comisión bilateral do Goberno Central coa Xunta para xestionar todo o relacionado coa Autoestrada do Atlántico // A garda civil investiga as causas polas que ardían completamente as instalacións da empresa de reciclaxe ACTECO en Arteixo, preto da Coruña // O delegado do goberno asegura que os investigadores descartaron que Diana Quer poida ser a autora dun correo remitido á asociación SOS Desaparecidos. 05/12/16

A semana vai vir marcada pola estabilidade, sen chuvias previstas ata polo menos a fin de semana. O máis significativo seguen a ser as temperaturas durante o día con máximas inusuais para a época do ano. 05/12/16

O paro medrou en novembro en Galicia en 4. 614 persoas co que o número de desempregados rexistrados supera os 203 mil. Estes datos de novembro son peores en Galicia que na media de España // Consello da Xunta aprobou o proxecto de orzamentos para o ano que vén. Ascenden a algo máis de 9 mil millóns de euros e superan en 259 millóns aos do presente exercicio // O Presidente Celta, Carlos Mouriño, amosouse hoxe disposto a construir un novo estadio, se o concello non lle vende Balaídos. 02/12/16

O paro medrou en novembro en Galicia en 4. 614 persoas // Consello da Xunta aprobou o proxecto de orzamentos para o ano que vén // O Presidente Celta, Carlos Mouriño, amosouse hoxe disposto a construir un novo estadio, se o concello non lle vende Balaídos. 02/12/16

O paro medrou en novembro en Galicia en 4. 614 persoas co que o número de desempregados rexistrados supera os 203 mil. Estes datos de novembro son peores en Galicia que na media de España // Consello da Xunta aprobou o proxecto de orzamentos para o ano que vén. Ascenden a algo máis de 9 mil millóns de euros e superan en 259 millóns aos do presente exercicio // Balaídos, onde xoga o Celta, é motivo de polémica. O Presidente do Clube, Carlos Mouriño amosouse hoxe disposto a construir un novo estadio. 02/12/16

Antes das vacacións de nadal sabérase como será a proba final de bacharelato // Botado en Vigo o primeiro dron mariño español que empeza agora a súa fase de probas de auga // Dentro dunha hora abre ao tráfico o novo acceso ó porto de Burela para evitar o paso de máis de catrocentos camións ó día polo seu casco urbano. 01/12/16

Antes das vacacións de nadal os estudantes de segundo de bacharelato que queiran cursar estudos universitarios saberán como vai ser a proba que teñan que facer en xuño // O conselleiro de Facenda avanzoulles a patronal e sindicatos os orzamentos // Celebrouse a asemblea constituínte da Area Metropolitana de Vigo, nunha sesión con constantes enfrontamentos entre os concelleiros do PP e os do PSOE // Botado en Vigo o primeiro dron mariño español que empeza agora a súa fase de probas // Vitoria do Celta na Copa. Impúxose por un gol a cero ao UCAM Murcia no partido de ida de dezaseisavos de final. 01/12/16

Antes das vacacións de nadal sabérase como será a proba final de bacharelato // O conselleiro de facenda avanzoulles a patronal e sindicatos os orzamentos // Constituída a Area Metropolitana de Vigo, nunha sesión marcada polos enfrontamentos entre os concelleiros do PP e os do PSOE // Botado en Vigo o primeiro dron mariño español que empeza agora a súa fase de probas de auga // Vitoria do Celta por cero a un ao UCAM Murcia no partido de ida de dezaseisavos de final. 01/12/16

O Presidente do Uruguay e os seus ministro de economía e obras públicas presentáronlles ós empresarios galegos un importante paquete de obras nese país por valor de máis de 12.700 millóns de doláres // Cúmprense dous anos da morte do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero, Jimmy sen rematar a instrucción do caso // 88 mil rapaces de 3 a 16 anos participarán nunha campaña da Xunta para animalos a consumir máis froita e verdura. 30/11/16

O Presidente do Uruguay e os seus ministro de economía e obras públicas presentáronlles ós empresarios galegos un importante paquete de obras nese país por valor de máis de 12.700 millóns de doláres // Pendentes de pasar a disposición do xulgado de instrucción número 2 da Audiencia Nacional os dous presuntos xihadistas detidos o luns en Arteixo e Vimianzo // Cúmprense dous anos da morte do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero, Jimmy sen rematar a instrucción do caso // Comeza en Silleda o cuarto campionato de Formación profesional, Galicia Skill // O Celta debuta esta noite na Copa do Rei visitando ao UCAM de Murcia mentres o Dépor perdeu por un gol na súa visita ao Betis. 30/11/16

O presidente de Uruguay presenta plan de obras no seu país // Pendentes de pasar a disposición xudicial os dous presuntos xihadistas de Vimianzo e Arteixo // Cúmprense dous anos da morte do siareiro do Deportivo, "Jimmy" // Comeza en Silleda o cuarto campionato de formación profesional. 30/11/16

O Presidente do Uruguai inicia unha visita de dous días a Galicia // Nos xulgados de Verín comparecía esta mañá o home acusado de matar a súa muller no hospital de Ourense // En Madrid están xa os dous presuntos terroristas yihadistas detidos onte en Arteixo e Vimianzo. Nesta vila vivía dende hai tres anos perfectamente integrado o alxeriano Abdelkader Redjimi. 29/11/16

Nos xulgados de Verín comparecía esta mañá o home acusado de matar a súa muller no hospital de Ourense // En Madrid están xa os dous presuntos terroristas yihadistas detidos onte en Arteixo e Vimianzo. Nesta vila vivía dende hai tres anos o alxeriano Abdelkader Redjimi,perfectamente integrado // O Presidente do Uruguai inicia unha visita de dous días a Galicia // A finais deste ano rematarán os labores de recuperación dos montes queimados nos incendios do verán // Entre os 75 mortos do accidente dun avión brasileiro en Medellin está o ex-xogador do Pontevedra Filipe Machado // O Deportivo xoga esta noite en Sevilla os dezaseisavos de final da Copa do Rei e faino fronte ao Betis. 29/11/16

Nos xulgados de Verín comparecía esta mañá o home acusado de matar a súa muller no hospital de Ourense // En Madrid están xa os dous presuntos terroristas xihadistas detidos onte en Arteixo e Vimianzo // O Presidente do Uruguai inicia unha visita de dous días a Galicia // O Deportivo xoga esta noite en Sevilla os dezaseisavos de final da Copa do Rei e faino fronte ao Betis. 29/11/16