Un día máis a calor é noticia porque esta noite na costa atlántica tivemos as temperaturas mínimas máis altas de España. Mesmo nalgúns puntos con valores tropicais, coma en Carnota onde non baixaron dos 20 graos. Durante o día os termómetros de novo volverán subir por riba dos 30 graos en moitos puntos. Ceos despexados en toda Galicia. 14/05/19
Máis calor: as máximas volverán pasar dos 30 ºC, despois dunha noite con mínimas tropicais, por riba dos 20ºC // Hoxe é o primeiro día para facer a declaración da renda nas oficinas, aínda que cada vez son máis os que a fan por internet // En só unha semana tres chóferes de taxis de Vigo foron identificados e un condenado por conducir baixo os efectos de alcohol ou drogas // Colas de ata tres horas en Balaídos para retirar as invitacións ás que teñen dereito os abonados para o partido do sábado, no que se agarda que o Celta confirme a permanencia // Leva dezasete anos pechado agardando unh reforma, pero esta semana o Museo Arqueolóxico de Ourense abre con motivo do Día Internacional dos Museos. 14/05/19
Primeiro día laborable coa obriga de fichar á entrada e saída do traballo, unha nova normativa á que deben adaptarse unhas 246 mil empresas galegas // Os traballadores das industrias galegas grandes consumidoras de electricidade únense para defender o seu futuro e anuncian mobilizacións conxuntas // Pese a perder contra o Athletic de Bilbao en San Mamés, o Celta ten case asegurada a salvación ao perder tamén o Girona, o seu rival directo. 13/05/19
Primeiro día laborable coa obriga de fichar á entrada e saída do traballo, unha nova normativa á que deben adaptarse unhas 246 mil empresas galegas // Os traballadores das industrias galegas grandes consumidoras de electricidade únense para defender o seu futuro e anuncian mobilizacións conxuntas // Enfermeiros de Ourense alugan un avión para presentarse ás oposicións en Madrid e en Silleda no mesmo día // Pese a perder contra o Athletic de Bilbao en San Mamés, o Celta ten case asegurada a salvación ao perder tamén o Girona, o seu rival directo // Máis de 1.800 escolares tomaron hoxe as rúas de Marín coa carreira "Botón de Ancla", que organizan o concello e a Escola Naval. 13/05/19
A semana comeza con máis sol e calor porque se intensifica a entrada de aire cálido africano. As temperaturas seguirán a subir. As máximas oscilarán entre os 26 graos previstos na Coruña e os 35 de Ourense. Por riba dos 30 graos terán en moitos puntos da metade sur. 13/05/19
Primeiro día laborable coa obriga de fichar á entrada e saída do traballo, unha nova normativa á que deben adaptarse unhas 246 mil empresas galegas // Os traballadores das industrias galegas grandes consumidoras de electricidade únense para defender o seu futuro e anuncian mobilizacións conxuntas // Enfermeiros de Ourense alugan un avión para presentarse ás oposicións en Madrid e en Silleda no mesmo día // Pese a perder contra o Athletic de Bilbao en San Mamés, o Celta ten case asegurada a salvación ao perder tamén o Girona, o seu rival directo // Máis de 1.800 escolares tomaron hoxe as rúas de Marín coa carreira "Botón de Ancla", que organizan o concello e a Escola Naval. 13/05/19
Rescatados os sete tripulantes dun pesqueiro que embarrancou nunha zona de rochas da ría coruñesa de Cedeira // Facenda xa devolveu 128 millóns en Galicia e o martes comeza a campaña presencial da renda 2018 // Oitenta escolares participan no Primeiro Torneo Intercentros de Xadrez que se disputa no concello pontevedrés de Redondela. 10/05/19
Rescatados os sete tripulantes dun pesqueiro que embarrancou nunha zona de rochas da ría coruñesa de Cedeira // Bota a andar a campaña electoral das municipais e europeas do día 26. Dúas semanas nas que os partidos tentan conseguir o voto dos indecisos // Facenda xa devolveu 128 millóns en Galicia e o martes comeza a campaña presencial da renda 2018 // Complícase a salvación do Breogán e do Obradoiro na máxima categoría do baloncesto tralas últimas derrotas // Oitenta escolares participan no Primeiro Torneo Intercentros de Xadrez que se disputa no concello pontevedrés de Redondela. 10/05/19

Á espera da chegada mañá do aire cálido africano e do sol, este venres continuamos con algunhas chuvias e ceos nos que se irán abrindo grandes claros durante a tarde, sobre todo nas provincias do interior. As temperaturas comezan a subir. 10/05/19
O aeroporto de Vigo vai recuperando a normalidade, despois de estar pechado durante máis de tres horas, polo accidente dun camión de bombeiros // Tres anos de liberdade vixiada baixo tratamento psiquiátrico para o ex-brigadista de Lobios acusado de prender tres lumes no parque natural do Xurés en 2017 // Innovacións tecnolóxicas para axudar nos tratamentos e intervencións centran o congreso nacional de hospitais, que congrega en Santiago a máis de dous mil profesionais. 09/05/19
O aeroporto de Vigo vai recuperando a normalidade, despois de estar pechado durante máis de tres horas, polo accidente dun camión de bombeiros // Esta noite comeza a campaña para as eleccións do 26 de maio. Ese día escolleremos as corporacións dos 313 concellos galegos e os nosos representantes en Europa // Tres anos de liberdade vixiada baixo tratamento psiquiátrico para o ex-brigadista de Lobios acusado de prender tres lumes no parque natural do Xurés en 2017 // Innovacións tecnolóxicas para axudar nos tratamentos e intervencións centran o congreso nacional de hospitais, que congrega en Santiago a máis de dous mil profesionais // O cerco galego insiste na necesidade de aumentar a cota de sardiña ata as 15.425 toneladas. 09/05/19

Unha borrasca, que se sitúa moi preto de Galicia, vainos deixar unha tarde de chuvias, que serán especialmente intensas na fachada atlántica. Tanto, que a partir das tres da tarde activarase unha alerta amarela nas Rías Baixas, interior de Pontevedra e suroeste da Coruña porque se poden acumular ata 50 litros por metro cadrado nunha hora. 09/05/19
Detido por un presunto caso de violencia machista o profesor da Universidade de Santiago que defendeu á "Manada" // Sanidade dá por controlado un brote de tuberculose en Camariñas, na Costa da Morte, que deixa doce afectados // // Máis de corenta centros de Galicia e doutras tres rexións españolas participan na Galiciencia, a feira científica que busca espertar o interese dos escolares pola investigación. 08/05/19
Detido por un presunto caso de violencia machista o profesor da Universidade de Santiago que defendeu á "Manada" // Sanidade dá por controlado un brote de tuberculose en Camariñas, na Costa da Morte, que deixa doce afectados // A Federación Galega de Transportistas crea unha plataforma para reclamar a devolución das peaxes da AP-9 durante as obras da ponte de Rande // Abanca inaugura a súa nova oficina principal e sede corporativa na Coruña, prevista das últimas tecnoloxías, máis aberta e sostible // A Universidade de Vigo e a Axencia Galega de Emerxencias proban con éxito un sistema de predicción e mapeado de incendios forestais // Máis de corenta centros de Galicia e doutras tres rexións españolas participan na Galiciencia, a feira científica que busca espertar o interese dos escolares pola investigación. 08/05/19

Media Galicia está en alerta por vento. Refachos que xa superaron os 120 km/h. en Carballeda de Valdeorras ou os 100 en Viveiro en Lugo. Tralo paso da fronte os chuvascos irán a menos durante a tarde. Onde se complica a situación é no mar con alerta en toda a costa, sobre todo canto máis ao norte onde as ondas poderían superar os 6 metros. 08/05/19
O Parlamento aproba cos votos do PP un suplemento de crédito para poder dedicar a gasto social o superávit contable da Xunta do ano pasado // 107 bandeiras azuis ondearán nas praias galegas este verán, dúas menos que o ano pasado // A Armada ensaia no Porto da Coruña un operativo antidroga, nun simulacro con máis de 400 axentes. 07/05/19
O Parlamento aproba cos votos do PP un suplemento de crédito para poder dedicar a gasto social o superávit contable da Xunta do ano pasado // Os traballadores da central térmica de Meirama piden investimentos na factoría para tentar evitar o seu peche // Un de cada dez galegos sofren asma. Galicia é unha das comunidades con máis afectados, sobre todo por asma producida pola alerxia aos ácaros do pó // A Universidade de Santiago inviste Doutor Honoris Causa a Ben Feringa, Premio Nóbel de Química en 2016 // 107 bandeiras azuis ondearán nas praias galegas este verán, dúas menos que o ano pasado // A Armada ensaia no Porto da Coruña un operativo antidroga, nun simulacro con máis de 400 axentes // A 16ª edición da Semana Internacional da Maxia programa unhas sesenta actuacións en distintos lugares de Lugo, desde rúas ata hospitais ou colexios. 07/05/19