Concentración dos médicos de atención primaria da área sanitaria de Vigo, coincidindo co primeiro día da folga convocada para hoxe e mañá // Tamén se manifestaron en Vigo as educadoras de escolas infantís privadas e públicas de xestión privada, convocadas a unha xornada de folga contra o novo convenio // 11 millóns de euros para investigar en seguridade en naves non tripuladas a través dun consorcio creado entre a Xunta e seis empresas // Hoxe celébrase en toda Europa o Día da Rede Natura, que protexe en Galicia 75 ecosistemas // A restauración do Pórtico da Gloria, galardoada co premio Europa Nostra, que recoñece a conservación do patrimonio cultural euro. 21/05/19
O anticiclón deixaranos unha tarde solleira e con suba de temperaturas. É pola entrada de aire cálido do sur. As máximas oscilarán entre os 20 graos previstos na Coruña e os 26 aos que poderían chegar no interior en Ourense. 21/05/19
Centos de traballadores de industrias galegas grandes consumidoras de electricidade maniféstanse en Santiago para esixir unha tarifa eléctrica competitiva // A garda civil busca ao autor do tiroteo que deixou dous mozos feridos no Porriño // Tráfico pón en marcha unha campaña dirixida a usuarios vulnerables, coma peón, ciclistas ou motoristas // O Lugo gaña ao Dépor no derbi de Segunda e o Celta certifica a permanencia na Primeira División // No Día Mundial das Abellas visitamos o Ecomuseo "El País del Abeyeiro", na montaña de Lugo, que difunde o importante traballo destes insectos. 20/05/19

Unha fronte cálida que entra polo litoral atlántico deixará máis nubes nas provincias da Coruña e Pontevedra, mesmo con posibilidade dalgún chubasco illado e ceos máis despexados polo interior. As temperaturas soben. As máximas rondarán os 20 graos. 20/05/19
Cotobade honra a figura de Antonio Fraguas no día das Letras Galegas // Multitudinaria manifestación en Santiago e noutras trece cidades e vilas, convocadas por Queremos Galego, en defensa da lingua // Non haberá polbo galego fresco ata xullo. A especie entra hoxe nunha veda, que dura 45 días. 17/05/19
Cotobade honra a figura de Antonio Fraguas no día das Letras Galegas // Multitudinaria manifestación en Santiago e noutras trece cidades e vilas, convocadas por Queremos Galego, en defensa da lingua // Non haberá polbo galego fresco ata xullo. A especie entra hoxe nunha veda, que dura 45 días // O Celta prepárase para celebrar a permanencia mañá ante o Rayo. E en segunda, derbi galego, ao que Lugo e Deportivo chegan con distintos obxectivos. 17/05/19
Comezamos esta ponte festiva das Letras Galegas con ceos cubertos e chuvias. Na metade norte eses chuvascos poderían vir acompañados de treboadas e saraiba. As temperaturas oscilarán entre os 18 graos de Pontevedra e os 13 de Lugo. 17/05/19
Cotobade honra a figura de Antonio Fraguas no día das Letras Galegas // Multitudinaria manifestación en Santiago e noutras trece cidades e vilas, convocadas por Queremos Galego, en defensa da lingua // Non haberá polbo galego fresco ata xullo. A especie entra hoxe nunha veda, que dura 45 días // O Celta prepárase para celebrar a permanencia mañá ante o Rayo. E en segunda, derbi galego, ao que Lugo e Deportivo chegan con distintos obxectivos. 17/05/19
O detido pola agresión machista de Vimianzo permanece ingresado no hospital da Coruña, custodiado pola policía, á espera de pasar a disposición xudicial. A vítima, que recibiu varias coiteladas no pescozo, segue grave // A Xunta paraliza a apertura de novos salóns de xogo e casas de apostas en Galicia, mentres tramita a nova lei do xogo // Na Ribeira Sacra agardan este ano unha colleita récord de cereixa, que podería chegar aos 60.000 kilos. 16/05/19
O detido pola agresión machista de Vimianzo permanece ingresado no hospital da Coruña, custodiado pola policía, á espera de pasar a disposición xudicial. A vítima, que recibiu varias coiteladas no pescozo, segue grave // A Xunta paraliza a apertura de novos salóns de xogo e casas de apostas en Galicia, mentres tramita a nova lei do xogo // Alimentación, vacinas, homeopatía e cancro centran os bulos de saúde máis frecuentes que circulan por internet e aos que os médicos de atención primaria teñen que facer fronte case a diario nas súas consultas // O equipo feminino do Depor está a un partido de subir á Primeira División // Na Ribeira Sacra agardan este ano unha colleita récord de cereixa, que podería chegar aos 60.000 kilos.
A masa de aire cálido vaise retirando e tamén o anticiclón. Pola tarde irá aumentando a nubosidade e a probabilidade de chubascos dispersos. As temperaturas baixan. Un descenso que será máis acusado no interior onde as máximas caeran ata 10 graos con respecto ás de onte. 16/05/19
O detido pola agresión machista de Vimianzo permanece ingresado no hospital da Coruña, custodiado pola policía, á espera de pasar a disposición xudicial. A vítima, que recibiu varias coiteladas no pescozo, segue grave // A Xunta paraliza a apertura de novos salóns de xogo e casas de apostas en Galicia, mentres tramita a nova lei do xogo // Alimentación, vacinas, homeopatía e cancro centran os bulos de saúde máis frecuentes que circulan por internet e aos que os médicos de atención primaria teñen que facer fronte case a diario nas súas consultas // O equipo feminino do Depor está a un partido de subir á Primeira División // Na Ribeira Sacra agardan este ano unha colleita récord de cereixa, que podería chegar aos 60.000 kilos. 16/05/19
Buscan á ex-parella da muller acoitelada no pescozo esta mañá en Vimianzo e que está en estado grave // Desplómase outro treito do peirao onde aconteceu o accidente do Marisquiño // A xunta prohibirá que se abran máis salóns de xogo e tendas de apostas en Galicia. 15/05/19
Buscan á ex-parella da muller acoitelada no pescozo esta mañá en Vimianzo e que está en estado grave // Desplómase outro treito do peirao onde aconteceu o accidente do Marisquiño // A xunta prohibirá que se abran máis salóns de xogo e tendas de apostas en Galicia // O programa de trens turísticos amplía a 12 as súas rutas este ano en Galicia, cunha nova que permitirá coñecer treitos de catro Camiños a Santiago // Un disco pón música ás coplas populares recollidas por Antonio Fraguas en Cotobade. 15/05/19
As nubes comezan a achegarse polo Atlántico e con elas pouco a pouco irá mudando o tempo de cara á xornada de mañá. Esta tarde aumentará a nubosidade e de noite os ceos quedarán completamente cubertos. As temperaturas comezan a baixar nas provincias atlánticas pero seguirán rondando os 25 a 30 graos. 15/05/19
Buscan á ex-parella da muller acoitelada no pescozo esta mañá en Vimianzo e que está en estado grave // Desplómase outro treito do peirao onde aconteceu o accidente do Marisquiño // A xunta prohibirá que se abran máis salóns de xogo e tendas de apostas en Galicia // O programa de trens turísticos amplía a 12 as súas rutas este ano en Galicia, cunha nova que permitirá coñecer treitos de catro Camiños a Santiago // Un disco pón música ás coplas populares recollidas por Antonio Fraguas en Cotobade. 15/05/19
Máis calor: as máximas volverán pasar dos 30 ºC, despois dunha noite con mínimas tropicais, por riba dos 20ºC // Hoxe é o primeiro día para facer a declaración da renda nas oficinas, aínda que cada vez son máis os que a fan por internet // Colas de ata tres horas en Balaídos para retirar as invitacións ás que teñen dereito os abonados para o partido do sábado, no que se agarda que o Celta confirme a permanencia. 14/05/19
Máis calor: as máximas volverán pasar dos 30 ºC, despois dunha noite con mínimas tropicais, por riba dos 20ºC // Hoxe é o primeiro día para facer a declaración da renda nas oficinas, aínda que cada vez son máis os que a fan por internet // En só unha semana tres chóferes de taxis de Vigo foron identificados e un condenado por conducir baixo os efectos de alcohol ou drogas // Colas de ata tres horas en Balaídos para retirar as invitacións ás que teñen dereito os abonados para o partido do sábado, no que se agarda que o Celta confirme a permanencia // Leva dezasete anos pechado agardando unh reforma, pero esta semana o Museo Arqueolóxico de Ourense abre con motivo do Día Internacional dos Museos. 14/05/19