Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O equipo de investigación de accidentes da Garda Civil reconstrúe en Vigo o grave sinistro no que morreran tres mozos de Redondela hai un mes // Pasa a disposición xudicial en Vigo unha muller acusada de sedar e acoitelar á moza da súa ex-parella tentando simular un suicidio // O paro descende en algo máis de cinco mil cincocentas persoas en Galicia en xuño e a cifra de desempregados sitúase na máis baixa desde o verán de 2008 // Larsa incrementa a súa capacidade de envasado de leite, en botella, cunha nova liña que inaugurou hoxe nas súas instalacións de Outeiro de Rei, en Lugo // O grupo parlamentario de En Marea no Parlamento Galego terá como único portavoz ao deputado Manuel Lago // Estudantes de vinte países comezan en Santiago os cursos de idioma e cultura galega // No que vai de ano morreron 17 persoas afogadas en Galica e, comezado xullo, moitas praias aínda seguen sen ter socorristas. 02/07/19

 

Agárdanse poucos cambios nas próximas horas. Á tarde irán abríndose máis claros no ceo, sobre todo canto máis ao sur, despois dunha mañá de nubes e mesmo orballos. As temperaturas máximas empezan a subir sobre, todo en Pontevedra e no sur da Coruña. A Costa da Morte continuará en alerta amarela por ventos de forza 7. 02/07/19

 

O equipo de investigación de accidentes da Garda Civil reconstrúe en Vigo o grave sinistro no que morreran tres mozos de Redondela hai un mes // Pasa a disposición xudicial en Vigo unha muller acusada de sedar e acoitelar á moza da súa ex-parella tentando simular un suicidio // O paro descende en algo máis de cinco mil cincocentas persoas en Galicia en xuño e a cifra de desempregados sitúase na máis baixa desde o verán de 2008 // Larsa incrementa a súa capacidade de envasado de leite, en botella, cunha nova liña que inaugurou hoxe nas súas instalacións de Outeiro de Rei, en Lugo // O grupo parlamentario de En Marea no Parlamento Galego terá como único portavoz ao deputado Manuel Lago // Estudantes de vinte países comezan en Santiago os cursos de idioma e cultura galega // No que vai de ano morreron 17 persoas afogadas en Galica e, comezado xullo, moitas praias aínda seguen sen ter socorristas. 02/07/19

 

Comeza xullo e con el a tempada de alto risco de incendios. Desde hoxe quedan prohibidas as queimas // Acordo de conformidade no xuízo a doce vendedores ambulantes do clan dos Moróns e do grupo dos Zamoranos, por unha pelexa nun mercadiño en Cangas // Os pais galegos teñen unha imaxe máis positiva da formación profesional que a do conxunto de España, aínda que seguen preferindo que os seus fillos estuden carreiras universitarias. 01/07/19 

 

 

Comeza xullo e con el a tempada de alto risco de incendios. Desde hoxe quedan prohibidas as queimas // O socialista Valentín González Formoso renova como presidente da Deputación da Coruña, constituída este mediodía // Acordo de conformidade no xuízo a doce vendedores ambulantes do clan dos Moróns e do grupo dos Zamoranos, por unha pelexa nun mercadiño en Cangas // Galicia conta xa con máis de 8.500 vivendas de uso turístico. Sanxenxo e Santiago son os lugares que maior número concentran // Os pais galegos teñen unha imaxe máis positiva da formación profesional que a do conxunto de España, aínda que seguen preferindo que os seus fillos estuden carreiras universitarias // Mellorar a calidade do pan e fomentar o seu consumo son os obxectivos da nova lei estatal do pan, que hoxe entra en vigor. 01/07/19

 

Estreamos o mes de xullo aínda con moitas nubes, sobre todo polo norte onde se poden repetir os orballos nas derradeiras horas do día. Á tarde os ceos han quedar pouco anubrados ou despexados polo sur. No interior medrarán nubes de evolución que poderían provocar chubascos treboentos en zonas altas de Lugo e Ourense. As temperaturas en lixeiro ascenso. As máximas oscilarán entre os 22 graos previstos na Coruña e os 29 en Ourense. 01/07/19

 

Comeza xullo e con el a tempada de alto risco de incendios. Desde hoxe quedan prohibidas as queimas // O socialista Valentín González Formoso renova como presidente da Deputación da Coruña, constituída este mediodía // Acordo de conformidade no xuízo a doce vendedores ambulantes do clan dos Moróns e do grupo dos Zamoranos, por unha pelexa nun mercadiño en Cangas // Galicia conta xa con máis de 8.500 vivendas de uso turístico. Sanxenxo e Santiago son os lugares que maior número concentran // Os pais galegos teñen unha imaxe máis positiva da formación profesional que a do conxunto de España, aínda que seguen preferindo que os seus fillos estuden carreiras universitarias // Mellorar a calidade do pan e fomentar o seu consumo son os obxectivos da nova lei estatal do pan, que hoxe entra en vigor. 01/07/19

 

Case 600 mil vehículos circularán esta fin de semana polas estradas galegas, na que é a primeira gran operación saída deste verán // José Manuel Baltar acaba de ser reelexido coma presidente da Deputación de Ourense, co apoio dos dous deputados de Democracia Ourensá // As Medallas Castelao deste ano entréganse a cinco mulleres que representan o mellor de Galicia. 28/06/19 

 

Case 600 mil vehículos circularán esta fin de semana polas estradas galegas, na que é a primeira gran operación saída deste verán // José Manuel Baltar acaba de ser reelexido coma presidente da Deputación de Ourense, co apoio dos dous deputados de Democracia Ourensá // As grandes cadeas comezan hoxe o periodo oficial de descontos, ainda que moitos establecementos xa levan días coas rebaixas de verán // 80 nenos en tratamento oncolóxico percorren os últimos quilómetros do Camiño de Santiago // En moitos concellos e outras institucións ondea hoxe a bandeira do arco da vella, polo día internacional do orgullo LGTBI // As Medallas Castelao deste ano entréganse a cinco mulleres que representan o mellor de Galicia. 28/06/19

 

Medra a influencia anticiclónica sobre Galicia. Temos un día de sol e ceos despexados, con algunhas nubes baixas e néboas ao principio e final da xornada en puntos do norte. As temperaturas ascenden a valores máis propios desta época do ano. Oscilarán entre os 22 graos da Coruña e Vigo e os 32 de Ourense. Unha situación que se repetirá na fin de semana. 28/06/19 

 

Case 600 mil vehículos circularán esta fin de semana polas estradas galegas, na que é a primeira gran operación saída deste verán // José Manuel Baltar acaba de ser reelexido coma presidente da Deputación de Ourense, co apoio dos dous deputados de Democracia Ourensá // As grandes cadeas comezan hoxe o periodo oficial de descontos, ainda que moitos establecementos xa levan días coas rebaixas de verán // 80 nenos en tratamento oncolóxico percorren os últimos quilómetros do Camiño de Santiago // En moitos concellos e outras institucións ondea hoxe a bandeira do arco da vella, polo día internacional do orgullo LGTBI // As Medallas Castelao deste ano entréganse a cinco mulleres que representan o mellor de Galicia. 28/06/19

 

O Consello da Xunta inicia a tramitación dunha lei para fomentar a natalidade e o retorno dos emigrantes // A industria aeronáutica e espacial comparte hoxe as súas iniciativas nun congreso en Santiago // Hoxe é o día das persoas xordo-cegas e un grupo de mozas e mozos con esta diversidade funcional chegaba á praza do Obradoiro tras percorrer cen quilómetros do Camiño Portugués. 27/06/19

 

O Consello da Xunta inicia a tramitación dunha lei para fomentar a natalidade e o retorno dos emigrantes // Burela terá que volver sacar as urnas para repetir eleccións municipais nunha das mesas do concello mariñano, por orde do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia // A industria aeronáutica e espacial comparte hoxe as súas iniciativas nun congreso en Santiago // As Rías Baixas agardan aproximarse ao 70 por cento de ocupación media na temporada turística deste verán // José Luis Martí non renova como adestrador do Deportivo para a próxima tempada // Hoxe é o día das persoas xordo-cegas e un grupo de mozas e mozos con esta diversidade funcional chegaba á praza do Obradoiro tras percorrer cen quilómetros do Camiño Portugués. 27/06/19

 

Galicia mantense allea á calor extrema de boa parte da Península. Aquí as temperaturas son as normais nesta época do ano. Hoxe o ceo alterna nubes e claros, vai estar máis despexado por momentos no interior, e a probabilidade de chuvia limítase a puntos das provincias de Lugo e Ourense durante a tarde. O vento sopra frouxo. 27/06/19

 

O Consello da Xunta inicia a tramitación dunha lei para fomentar a natalidade e o retorno dos emigrantes // Burela terá que volver sacar as urnas para repetir eleccións municipais nunha das mesas do concello mariñano, por orde do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia // A industria aeronáutica e espacial comparte hoxe as súas iniciativas nun congreso en Santiago // As Rías Baixas agardan aproximarse ao 70 por cento de ocupación media na temporada turística deste verán // José Luis Martí non renova como adestrador do Deportivo para a próxima tempada // Hoxe é o día das persoas xordo-cegas e un grupo de mozas e mozos con esta diversidade funcional chegaba á praza do Obradoiro tras percorrer cen quilómetros do Camiño Portugués. 27/06/19

 

Nubes, chuvias febles na franxa atlántica e temperaturas frescas. Galicia representa hoxe o contraste co resto de España, onde comeza a arreciar a vaga de calor // A xestión dos dez anos de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta centrou hoxe o debate no Parlamento galego // A farmacéutica de orixe galega Pharmamar estase preparando para sair á bolsa nos Estados Unidos, mentres busca investidores para seguir investigando fármacos contra o cancro de pulmón. 26/06/19

 

Nubes, chuvias febles na franxa atlántica e temperaturas frescas. Galicia representa hoxe o contraste co resto de España, onde comeza a arreciar a vaga de calor // A xestión dos dez anos de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta centrou hoxe o debate no Parlamento galego // A farmacéutica de orixe galega Pharmamar estase preparando para sair á bolsa nos Estados Unidos, mentres busca investidores para seguir investigando fármacos contra o cancro de pulmón // Os comités de Alcoa instan ao Goberno a tomar medidas que fagan competitivo o prezo da enerxía // A ONU recoñece a xestión realizada en Galicia para recuperar as vacas da raza caldelá, que crían 45 gandeiros na nosa comunidade // 1.500 militares dos tres exércitos participan esta semana en Galicia nun exercicio que pon a proba o sistema de defensa aérea nacional. 26/06/19

 

Galicia escapa á vaga de calor e continuará nunha situación atmosférica intermedia entre altas e baixas presións. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos que pola mañá se rexistrarán na franxa atlántica e á tarde serán máis probables no interior. As temperaturas mínimas ascenderon lixeiramente mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de dirección variable. 26/06/19

 

Nubes, chuvias febles na franxa atlántica e temperaturas frescas. Galicia representa hoxe o contraste co resto de España, onde comeza a arreciar a vaga de calor // A xestión dos dez anos de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta centrou hoxe o debate no Parlamento galego // A farmacéutica de orixe galega Pharmamar estase preparando para sair á bolsa nos Estados Unidos, mentres busca investidores para seguir investigando fármacos contra o cancro de pulmón // Os comités de Alcoa instan ao Goberno a tomar medidas que fagan competitivo o prezo da enerxía // A ONU recoñece a xestión realizada en Galicia para recuperar as vacas da raza caldelá, que crían 45 gandeiros na nosa comunidade // 1.500 militares dos tres exércitos participan esta semana en Galicia nun exercicio que pon a proba o sistema de defensa aérea nacional. 26/06/19

 

O Parlamento de Galicia elixe aos tres senadores por designación autonómica: Jesús Vázquez e Elena Muñoz, polo PP, e José Manuel Sande por En Marea // En Pontevedra suspendeuse o xuízo contra Sinaí Giménez e outros cinco acusados de agredir a un abogado e a varios gardas civís, pola incomparecencia de tres encausados // Comeza en Lugo a derruba do antigo hospital xeral, oito anos despois do seu peche. 25/06/19