Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Greenpeace remata hoxe en Vilagarcía a súa campaña "En marcha polo clima" // A comisión de peticións do Parlamento de Galicia aproba a nominación da maxistrada María Dolores Fernández Galiño para ocupar o cargo de Valedor do Pobo // O presidente a Xunta reuniuse con Inés Rey, a alcaldesa da Coruña, na ronda de contactos que está mantendo cos rexedores das principais cidades // Abanca obtivo un beneficio neto de 250 millóns de euros no primeiro semestre do ano // Novo incendio na zona termal de Ourense. Nesta ocasión  ardeu o local da antiga cafetería das Pozas de Maimón // Hoxe estanlle facendo a necropsia á balea que apareceu morta en San Cibrao, na Mariña de Lugo. (29/07/19)

Comezamos semana cunha borrasca que deixa ventos fortes na costa con ondas de entre 3 e 4 metros nas de Pontevedra e A Coruña. En terra as chuvias e chuvascos que comezaron de madrugada van ir remitindo pola tarde. (29/07/19)

Greenpeace remata hoxe en Vilagarcía a súa campaña "En marcha polo clima" // A comisión de peticións do Parlamento de Galicia aproba a nominación da maxistrada María Dolores Fernández Galiño para ocupar o cargo de Valedor do Pobo // O presidente a Xunta reuniuse con Inés Rey, a alcaldesa da Coruña, na ronda de contactos que está mantendo cos rexedores das principais cidades // Abanca obtivo un beneficio neto de 250 millóns de euros no primeiro semestre do ano // Novo incendio na zona termal de Ourense. Nesta ocasión  ardeu o local da antiga cafetería das Pozas de Maimón // Hoxe estanlle facendo a necropsia á balea que apareceu morta en San Cibrao, na Mariña de Lugo, (29/07/19)

A Xunta declara as estatuas de Abrahan e Isaac, do Mestre Mateo, en poder da familia Franco, bens de interese cultural // O parlamento galego fixa para o próximo mércores o pleno que vai abordar o nomeamento da nova valedora do pobo // Os socialistas de Ourense homenaxean a Manuel Suárez, que fora alcalde da cidade durante a República // Hoxe é o día dos avós, unha data para reivindicar o papel que xogan nas familias // A zona vella da Coruña volve á época medieval coa Feira das Marabillas // Tamén segue a animación nas rúas de Compostela, no día despois do Apóstolo. Hoxe estivemos no Zampadanzas, unha das actividades de festival TradFest. (26/07/19)

Esta tarde os ceos han quedar despexados á espera de que durante a noite entre unha fronte. Deixará chuvias o sábado pola mañá e pola tarde xa se irán abrindo claros. O domingo teremos sol e boas temperaturas. (26/07/19)

A Xunta declara as estatuas de Abrahan e Isaac, do Mestre Mateo, en poder da familia Franco, bens de interese cultural // O parlamento galego fixa para o próximo mércores o pleno que vai abordar o nomeamento da nova valedora do pobo // Os socialistas de Ourense homenaxean a Manuel Suárez, que fora alcalde da cidade durante a República // Hoxe é o día dos avós, unha data para reivindicar o papel que xogan nas familias // A zona vella da Coruña volve á época medieval coa Feira das Marabillas // Tamén segue a animación nas rúas de Compostela, no día despois do Apóstolo. Hoxe estivemos no Zampadanzas, unha das actividades de festival TradFest. (26/07/19)

Os expresidentes de Asturias, Javier Fernández, e de Castela e León, Juan Vicente Herrera, reciben as medallas de ouro de Galicia // Vítimas e familiares dos falecidos no accidente do Alvia hai seis anos volveron manifestarse en Compostela reclamando unha investigación independente // A Garda Civil descobre nunha nave industral das Somozas, na Coruña, a maior plantación de marihuana comisada en Galicia // Prisión provisional para un cura salesiano de Vigo por abusos a menores nun campamento // Hai que marchar de vacacións pero tamén volver. Stop Accidentes pon en marcha unha campaña sobre a seguridade ao volante // Remata hoxe o curso de verán de idioma galego para estranxeiros, que organiza a Universidade de Santiago. 24/07/19

Presentación oficial, na Cidade da Cultura, do plan para preparar o Xacobeo 2021 // Naceron como experiencia piloto hai tres anos e agora xa hai 61 en Galicia. Son as casas niño // Betanzos pecha esta noite a súa semana de cine, este ano dedicada a Isabel Coixet. 19/07/19

Presentación oficial, na Cidade da Cultura, do plan para preparar o Xacobeo 2021 // Galicia en Común non da por rota a negociación para a investidura de Pedro Sánchez // A audiencia de Ourense absolve ao veciño do Carballiño que matou á súa muller en 2017, pero terá que estar ingresado 14 anos nun centro psiquiátrico penitenciario // Naceron como experiencia piloto hai tres anos e agora xa hai 61 en Galicia. Son as casas niño // Co regreso dos canteiráns, o Celta volve soñar con Europa // Betanzos pecha esta noite a súa semana de cine, este ano dedicada a Isabel Coixet. 19/07/19

Despois dunha mañá de néboas e nubes baixas na metade norte os ceos han quedar despexados. As temperaturas soben sobre todo polo interior, en Ourense e no sur de Lugo. 19/07/19

O alcalde de Monforte, José Tomé, é xa o novo presidente da Deputación de Lugo // A Xunta comeza os trámites para presentarse no proceso para reclamar a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público // A economía de Galicia medrou un 2,8 por cento en 2018, por riba da do conxunto do estado, e consolida a súa tendencia a crear emprego // Preocupación nas comarcas de Ferrolterra e Terra Cha pola parálise da central térmica de Endesa nas Pontes // A corporación municipal de Oia crea unha concellería da Felicidade. 18/07/19

Ceos despexados agás no litoral norte, onde haberá intervalos de nubes baixas, e nas Rías Baixas, onde pola tarde poden entrar brétemas.  As temperaturas mínimas baixaron pero as máximas han subir, sobre todo polo interior en Lugo e Ourense. 18/07/19

Máis de 150 alumnos da Policía Nacional  van facer prácticas este verán nas cidades de Galicia // O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acaba de acreditarse como deputado no Parlamento galego // A Xunta adianta dous anos a implantación do plan universal de hospitalización a domicilio // 130.000 persoas xa apoian coa súa sinatura unha campaña nacional que pide a devolución do IVE dos alimentos doados a asociacións solidarias // Os mozos que vai ir a universidade estudan estes días as súas opcións. Medicina e o dobre grao de Matemáticas e Física son as carreiras nas que máis nota de ingreso esixen // En Vigo e na Coruña están celebrándose estes días uns campamentos urbanos moi especiais. Neles participan e divírtense xuntos nenos ointes e xordos. 17/07/19

Os ceos estarán máis anubrados na metade norte, con nubes de evolución en zonas altas de Ourense e máis despexados no resto. As temperaturas descenden lixeiramente. 17/07/19