Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Alberto Núñez Feijóo reitera que a súa sucesión na Xunta e no partido en Galicia será rápida e ordenada, e que vai garantir a estabilidade // Os prezos subiron en Galicia máis dun dez por cento desde hai un ano, por riba da media do estado // Aumentan os casos de covid e prevese que o fagan máis coa Semana Santa. Porén, esta situación non preocupa aos médicos // Un ‘xogo de escape’ en cinco mosteiros da parte ourensá da Ribeira Sacra, como un atractivo máis para a zona. 14-04-22

Feijóo reitera que a súa sucesión na Xunta e no partido en Galicia será rápida e ordenada // Os prezos subiron en Galicia máis dun dez por cento desde hai un ano, por riba da media do estado // Aumentan os casos de covid, pero esta situación non preocupa aos médicos // Un ‘xogo de escape’ en cinco mosteiros da parte ourensá da Ribeira Sacra, como un atractivo máis para a zona. 13-04-22

Buño (A Coruña) acolle unha exposición de quen foi man dereita de Isáac Díaz Pardo nos deseños de Sargadelos.

Volve, coa Semana Santa, a afluencia masiva aos Camiños de Santiago, que recuperan a presencia de peregrinos de outros paises perdida durante a Pandemia. Cos albergues a plena ocupación, na hostalaría din que, sen embargo, o consumo é máis ben escaso.. // O conselleiro de Sanidade atribúe os problemas da atención primaria á falta de médicos. Destaca que para solventar esta carencia, convócanse por primeira vez 106 prazas ás que os MIR poderán acceder sen oposición, só por concurso de méritos. // Un investigador da Universidade de Vigo acaba de patentar un chip que crea números aleatorios, cun deseño que incorpora a mecánica cuántica, considerado máis seguro e sinxelo que outros que existen en Europa. Ten aplicacións en telecomunicacións, na medicina ou na industria.. // 12-04-22

Segue a inestabilidade causada polo aire frío nas capas altas, chuvascos ocasionais e localmente treboentos, alternados con nubes e claros. As temperaturas mínimas en descenso e máximas sen cambios. 12-04-22

A Semana Santa marca o regreso dos peregrinos chegados de outros países. Os camiños de Santiago recuperan a afluencia habitual, anque, din no sector, hai moita ocupación nos albergues pero, de momento, pouco gasto na hostalaría. // No día da Atención primaria, médicos especialistas e tamén os usuarios, reclaman medidas para recuperar o atasco asistencial tras dous anos cos servizos afectados pola pandemia. // Galicia leva enviadas xa máis de 300 toneladas de axuda humanitaria a Ucraína. A Xunta habilita unha unha oficina itinerante con tradutores para prestarlle asesoramento as 1.400 persoas refuxiadas dese país acollidas aqui. // A virxe da Esperanza volveu saír a rúa, en Lugo, tras dous anos. A armada de Ferrol acompañou o seu paso e interpretou ao final do percorrido a tradicional salve mariñeira. 12-04-22