Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A distribución de mercadorías comenza a verse afectada polo paro do transporte, co especial incidencia nos autónomos e pequenas empresas. Hoxe trasladaron a protesta ata a sede da Xunta, en Santiago. // As versións contraditorias sobre o cómo se afundíu o Villa de Pitanxo saen a relucir cando se cumple un mes do naufraxio. A audiencia nacional investiga se o sinistro se debeu a unha avaría, ou puido haber responsabilidade penal. // Os plans da Unión Europea aumentan a importancia estratéxica da planta de Reganosa na ría de Ferrol, que ten previsto recibir este ano uns 20 buques, a maioría de Estados Unidos. // Luz Casal converte o seu concerto coa Real Filharmonía de Galicia no Obradoiro, no primeiro álbum en directo da sua carreira. Agora a cantante de Boimorto traballa noutro disco con temas xurdidos durante a Pandemia. 15-03-2022

A distribución de mercadorías comenza a verse afectada polo paro do transporte, co especial incidencia nos autónomos e pequenas empresas. Hoxe trasladaron a protesta ata a sede da Xunta, en Santiago. // As versións contraditorias sobre o cómo se afundíu o Villa de Pitanxo saen a relucir cando se cumple un mes do naufraxio. A audiencia nacional investiga se o sinistro se debeu a unha avaría, como sostén o capitán, ou puido haber responsabilidade penal. // Os plans da Unión Europea aumentan a importancia estratéxica da planta de Reganosa na ría de Ferrol, que ten previsto recibir este ano uns 20 buques de aprovisionamento, a maioría de Estados Unidos. // Luz Casal converte o seu concerto coa Real Filharmonía de Galicia no Obradoiro, no primeiro álbum en directo da sua carreira. Agora a cantante de Boimorto traballa noutro disco con temas xurdidos durante a Pandemia. 15-03-2022

Lalín acolle xa en vivendas de particulares os refuxiados ucraínos chegados na caravana humanitaria fretada polo concello. 

Camións cargados con produtos básicos, escoltados pola Garda Civil, no paro do transporte por estrada, en demanda de axudas fronte á suba do gasóleo. //. // Medidas urxentes para afrontar os efectos que a invasión de Ucrania están a ter na nosa economía. E o que reclaman os da oposición que critican que, nestas circunstancias, o Presidente da Xunta estea ausente pola sua campaña para presidir o Partido Popular., // Organizacións cívicas e políticas convocan para este domingo, día 20, manifestacións nas sete cidades galegas a Orol da paz e para pór fin a guerra en Ucraína. // O gaiteiro Xosé Manuel Budiño ten novo disco. Muiñeira da Lúa é un adianto dese traballo que se estrea este venres. O de Moaña recupera a fusión da electrónica e a música de raíz, volve cantar e a tocar a gaita. 14-03-2022

Volvemos hoxe a unha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, Ceos con alternancia de nubes e claros, con posibilidade de precipitacións na metade leste. As temperaturas ascenden lixeiramente, con máximas que rozan os 20 graos en Vigo. Vento do nordés con intervalos fortes. 14-03-2022

Incidentes entre algún camioneiro e os membros dun piquete na xornada de paro do transporte por estrada, que se deixou notar en polígonos industriais. Os convocantes piden medidas para paliar a suba do prezo do gasóleo. // O sector da pesca pide tamén medidas de apoio ante o aumento cercano ao cen por cen nun mes. A suba estase a notar tamén á hora de encher o depósito dos coches e nos produtos da alimentación.. // A Garda Civil de Ourense está a investigar as circunstancias nas que morreu unha muller cuxo cadáver apareceu nun camión do lixo cando ía baleirar a carga nunha planta de transferencia de residuos do Carballiño. Unhas horas antes axentes da Garda Civil de Tráfico atopárana deambulando en pixama por unha autovía. // Lalín acolle xa en vivendas de particulares aos refuxiados ucraínos chegados na caravana humanitaria fletada polo concello. Unha viaxe solidaria, de máis de 7.000 quilómetros, compartida por un equipo de TVE. 14-03-2022

Aumenta a preocupación pola situación desatada en Ucraína polo ataque de Rusia. A ministra de Defensa, confirma en Ferrol un novo envío de armas para axudar áos ucraínos, ainda que sen participación directa de tropas españolas no conflito, Mentres chega o material humanitario dende Galicia para os refuxiados. // As máscaras seguirán sendo, de momento, obrigatorias e outras medidas contra a covid coma os certificados de vacinación para entrar en hospitais ou a separación de mesas nos locais de hostalaría, continuarán alomenos 15 días máis. // A ministra de Transportes e Mobilidade, Raquel Sánchez anuncia na Coruña a licitación das obras de acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña. Serán finanzadas con 140 millóns de euros procedentes de fondos Next Generation, // Dous anos despois Los Enemigos presentarán por fin o seu último disco en Galicia. É o décimo album da banda liderada por Josele Santiago. "Bestieza" foi publicado poucos días antes de que se decretara o confinamento total pola pandemia. 11-03-2022

Ceos parcialmente nubrados e chuvascos frecuentes e intensos, que continuarán mañá co paso dunha nova fronte. A cota de neve baixa dos 1.200 aos mil metros de altitude nas montañas orientais. As temperaturas mínimas ascenden moderadamente. 11-03-2022

A axuda humanitaria levada dende Galicia chega á fronteira de Polonia con Ucraína. A caravana na que viaxa un equipo de TVE recolle a uns 50 refuxiados que serán acollidos en Lalín. // A ministra de Defensa, confirmou hoxe en Ferrol que vai aumentar o envío de armas a Ucraína, ainda que sen participación directa de España no conflito. // O home que mantiña unha relación sentimental con Déborah Fernandez comparece por primeira vez no xulgado de Tui que investiga o asasinato da rapaza, ocorrido hai case 20 anos. É o único sospeitoso do crime. // O camiño de Santiago, como terapia para sair do colapso emocional trala pandemia. É a proposta dunha serie documental de 16 capítulos, rodada con expertos en motivación persoal con apoio de TVE. 11-03-2022

As consecuencias económicas da suba de prezos da enerxía van a máis. No porto de Vigo, a frota do cerco atrasa a súa saída, en espera de axudas públicas // A caravana humanitaria fretada polo concello de Lalín, na que viaxa un equipo de TVE en Galicia, chega esta noite á fronteira ucraína // Ferrol lembra os sucesos do 10 de marzo de 1972, cando Amador Rei e Daniel Niebla morreron por disparos da policía // A Universidade de Vigo será a primeira en ter instalados en todos os seus centros dispensadores con produtos de hixiene feminina de balde. 10-03-2022

Os ventos intensos do sur traen hoxe unha nova fronte pola noite. Os ceos están parcialmente cubertos, con chuvascos que son máis probables na franxa atlántica e serán xa xeneralizados nas últimas horas. 10-03-2022

Ferrol lembra os sucesos do 10 de marzo de 1972, cando Amador Rei e Daniel Niebla morreron por disparos da policía // As consecuencias económicas da suba de prezos da enerxía van a máis. No porto de Vigo, a frota do cerco atrasa a súa saída, en espera de axudas públicas // A caravana humanitaria fretada polo concello de Lalín, na que viaxa un equipo de TVE en Galicia, está xa preto de Polonia // Mercar produtos tan necesarios como compresas e tampóns non está ao alcance de todas. É a chamada "pobreza menstrual", que sofren en España dúas de cada dez mulleres. 10-03-2022