Catro condenados finalmente polo asasinato de Samuel Luiz. A Audiencia da Coruña acaba de facer pública a sentenza, que condena aos tres homes maiores de idade e ao seu cómplice | O temporal de chuvia e vento deixa máis de 60 incidencias en Galicia nestas primeiras horas, coa provincia da Coruña como a máis afectada | Unha rede 70 farmacias vai colaborar co Sergas para coñecer mellor a evolución dos contaxios das enfermidades respiratorias | Copa do Rei: O Celta medirase co Real Madrid no Bernabeu, o Pontevedra recibirá ao Xetafe e o Ourense ao Valencia
Catro condenados finalmente polo asasinato de Samuel Luiz. A Audiencia da Coruña acaba de facer pública a sentenza, que condena aos tres homes maiores de idade e ao seu cómplice. Queda probada a motivación homófoba. A setencia impón 24 anos para o principal acusado, Diego Montaña; 20 para Alejandro Freire "Yumba", 20 anos e seis meses para Kaio Amaral polo roubo do móbil da víctima e 10 anos para Alejandro Míguez como cómplice. A única encausada, Katy Silva, queda absolta | O temporal de chuvia e vento deixa máis de 60 incidencias en Galicia nestas primeiras horas, coa provincia da Coruña, e concretamente a área de Santiago como a máis afectada | Unha rede 70 farmacias vai colaborar co Sergas para coñecer mellor a evolución dos contaxios das enfermidades respiratorias | Copa do Rei: O Celta medirase co Real Madrid no Bernabeu, o Pontevedra recibirá ao Xetafe e o Ourense ao Valencia
O temporal de chuvia e vento deixa máis de 60 incidencias en Galicia nestas primeiras horas, coa provincia da Coruña como a máis afectada | Unha rede 70 farmacias vai colaborar co Sergas para coñecer mellor a evolución dos contaxios das enfermidades respiratorias | Copa do Rei: O Celta medirase co Real Madrid no Bernabeu, o Pontevedra recibirá ao Xetafe e o Ourense ao Valencia
Achégase a Galicia unha nova borrasca procedente das Azores que está a deixar ceos cubertos con chuvias, máis persistentes na metade oeste, e ventos fortes do suroeste con refachos que superan os 80 km/h no litoral e en zonas altas. MeteoGalicia mantén activo desde este mediodía o aviso laranxa na costa pola mala mar. A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, diques e paseos marítimos. Soben lixeiramente as temperaturas con mínimas de 4 graos en Lugo e 7 en Ourense e máximas que acadan os 16 graos na Coruña, Vigo ou Pontevedra.
Música e flores en homenaxe a Castelao no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres para conmemorar o seu 75 cabodano | O BNG levará ao Parlamento a proposta de recoñecer a Castelao como primeiro presidente de Galicia | Comezan as rebaixas de xaneiro na maioría dos comercios. Estímase que cada galego gastará nestas rebaixas entre 80 e cen euros | A Xunta fai un balance positivo da cantidade de turistas que nos visitaron durante o Nadal. Asegura que Galicia se está consolidando como un destino turístico nestas datas, despois dun ano que bateu marcas en número de visitantes
Música e flores en homenaxe a Castelao no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres para conmemorar o 75 cabodano do político, artista e intelectual rianxeiro | O BNG comezou a celebración do Ano Castelao en Pontevedra. A portavoz nacional, Ana Pontón, asegura que o Bloque levará ao Parlamento a proposta de recoñecer a Castelao de xeito oficial e legal como primeiro presidente de Galicia | Comezan as rebaixas de xaneiro na maioría dos comercios. Estímase que cada galego gastará nestas rebaixas entre 80 e cen euros, un pouco máis que nas do ano pasado | A Xunta fai un balance positivo da cantidade de turistas que nos visitaron durante o Nadal. Asegura que Galicia se está consolidando como un destino turístico nestas datas, despois dun ano que bateu marcas en número de visitantes
Música e flores en homenaxe a Castelao no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres para conmemorar o 75 cabodano do político, artista e intelectual rianxeiro | Comezan as rebaixas de xaneiro na maioría dos comercios. Estímase que cada galego gastará nestas rebaixas entre 80 e cen euros, un pouco máis que nas do ano pasado | Devolucións de agasallos: Case o setenta por cento dos españois recibe algún regalo co que non se quere quedar
A Cabalgata de Reis de Vigo será este ano estática, con Melchor Gaspar e Baltasar sentados nos tronos dentro do recinto do IFEVI. Así o decidíu o concello ante a previsión de mal tempo na tarde do día 5. Na Coruña manterase o desfile na rúa na véspera de reis, anque varia o percorrido previsto. As previsións meteorolóxicas levan Noutros casos, como o de Santiago, a adiántar ao sábado a chegada das suas maxestades de oriente | Xornada hoxe de Comercios cheos para escoller os últimos agasallos. Os Reis e os seus axudantes apuran esta fin de semana, antes da gran noite da ilusión para pequenos e maiores. De momento e a hora das peticións, hainas -como non- para todolos gustos | O ano remata cunha baixada do paro en máis de 10.000 persoas na nosa comunidade. As afiliacións á seguridade social medran ata supear o millón de traballadores, Os servizos son o sector que crea máis empregos. A Xunta destaca que Galicia e a comunidade de maior crecemento económico dende 2009 | Foi o primeiro autor en empregar o idioma galego nun traballo científico. Eloy Luis André estudou a principios do século XIX as ondas melódicas de diferentes linguas, mediante imaxes das ondas acústicas obtidas cun fonoautógrafo. Un traballo que realizou no laboratorio máis avanzado da época en Alemania, e que a Biblioteca de Verín pon agora en valor.
A Cabalgata de Reis de Vigo será este ano estática, dentro do recinto do IFEVI. Na Coruña manterase o desfile na rúa na véspera de reis, anque varia o percorrido previsto | Xornada hoxe de Comercios cheos para escoller os últimos agasallos. Os Reis e os seus axudantes apuran esta fin de semana, antes da gran noite da ilusión para pequenos e maiores | O ano remata cunha baixada do paro en máis de 10.000 persoas na nosa comunidade. As afiliacións á seguridade social medran ata supear o millón de traballadores | En Sanxenxo, bota a andar unha oficina de atención aos migrantes. Trátase dunha colaboración coa ONG Accem, a que axuda aos refuxiados de Mali en Galicia
As borrascas atlánticas están xa moi preto e hai aviso amarelo polo vento do sur, forte entre as Rías Baixas e Ortegal, e por precipitacións, máis persistentes na franxa atlántica e na metade norte. As temperaturas mínimas experimentaron un lixeiro ascenso mentres que as máximas, sen cambios significativos. O domingo unha fronte pasará sobre todo o territorio con chuvias xeneralizadas, persistentes e de intensidade moderada. O día de Reis estará marcado pola a entrada de aire frío
Comercios cheos para escoller os últimos agasallos. Os Reis e os seus axudantes apuran esta fin de semana, antes da gran noite da ilusión para pequenos e maiores | Algúns concellos cambian os seus plans para as cabalgatas previstas para este domingo. En Vigo optouse por facela a cuberto | Galicia pecha o 2024 con case 10.700 persoas paradas menos e 17.300 máis afiliadas á seguridade social. É a cuarta comunidade con menos persoas sen traballo | En Sanxenxo, bota a andar unha oficina de atención aos migrantes. Trátase dunha colaboración coa ONG Accem, a que axuda aos refuxiados de Mali en Galicia. O obxectivo é prestar unha atención directa a todos os solicitantes de asilo da zona
Ceos cubertos en xeral, con posibilidade de choivas intermitentes, máis probables no oeste da provincia da Coruña. Cara a noite, as precipitacións serán máis intensas e irán chegando a todo o territorio. Vento moderado do suroeste con refachos fortes no litoral. Soben lixeiramente as temperaturas, sobre todo as mínimas. As máximas acadan os 14 graos en Vigo e os 15 na Coruña
Viaxar entre Ferrol e Tui pola Autoestrada sae xa a 26 euros con 85. E o resultado da suba das peaxes da AP-9, que entra en vigor con novo ano. Un incremento de máis do 5 por cento |No concello de Oroso, emotivo acto de adeus a Nicolás Sánchez, o mozo de 18 anos falecido ao ser atropelado por un autobús, á saída dunha festa de celebración de fin de ano | O sector marisqueiro pecha 2024 como ano coa menor facturación dende que hai rexistos | O 2025 que comenza foi declarado pola Xunta Ano Castelao, para conmemorar o 75 aniversario da morte, en Bos Aires, do escritor, artista e político rianxeiro. Unha figura irrepetible na nosa historia que será lembrada en exposicións e actividades
Viaxar entre Ferrol e Tui pola Autoestrada sae xa a 26 euros con 85. E o resultado da suba das peaxes da AP-9, que entra en vigor con novo ano. Un incremento de máis do 5 por cento, e que chega ata o nove por cento en tramos de maior afluencia como o de Vigo-Redondela| No concello de Oroso cerca de Santiago, emotivo acto de adeus a Nicolás Sánchez, o mozo de 18 anos falecido ao ser atropelado por un autobús, á saída dunha festa de celebración de fin de ano. Ao parecer, o condutor manobraba marcha atrás sen chegar o a percatarse do accidente. A garda Civil lembra da necesidade de precaución ante os vehículos pesados | O sector marisqueiro pecha 2024 como ano coa menor facturación dende que hai rexistos. As profesionais atribúen a elevada mortandade de bivalvos debida ás riadas, o descenso da salinidade e ao aumento da temperatura da auga. A Ría de Pontevedra é a máis afectada e din que levará anos recuperar a normalidade | O 2025 que comenza foi declarado pola Xunta Ano Castelao, para conmemorar o 75 aniversario da morte, en Bos Aires, do escritor, artista e político rianxeiro. Unha figura irrepetible na nosa historia que será lembrada en exposicións e actividades. Os seus restos permanecen no Panteón de Galegos Ilustres e a maior parte do seu legado é custodiado no Museo de Pontevedra
Viaxar entre Ferrol e Tui pola Autoestrada sae xa a 26 euros con 85. E o resultado da suba das peaxes da AP-9, que entra en vigor con novo ano. Un incremento de máis do 5 por cento, e que chega ata o nove por cento en tramos de maior afluencia como o de Vigo-Redondela | Día de loito oficial no concello de Oroso. Un rapaz de 18 anos, veciño dese concello, morreu atropelado por un autobús que estaría dando marcha atrás. O suceso ocorreu onte en Touro sobre as 7 e media da mañá cando o mozo volvía de festa á súa casa | Mauro Estévez Álvarez, o primeiro galego do ano 2025, que é ademais pontevedrés. Estaba previsto que viñese ao mundo o día de Reis, pero non quixo esperar e adiantouse ás doce e dazasete minutos do día 1. Naceu no Hospital Provincial de Pontevedra e pesou tres kilos seiscentos
Uvas de fin de ano coas badaladas do mediodía. En Vilagarcía cumpren a tradición de seren dos primeiros en darlle a benvida ao ano novo, unha celebración adiantada que manteñen desde hai máis de dúas décadas, cada ano con máis ambiente | As compras de última hora para as celebracións de Noitevella encheron de animación as prazas e os supermercados. Os prezos, en xeral, están un pouco máis baixos que Noiteboa | Hoxe haberá xente que pase a entrada no novo ano nunha casa de turismo rural
Uvas de fin de ano coas badaladas do mediodía. En Vilagarcía cumpren a tradición de seren dos primeiros en darlle a benvida ao ano novo, unha celebración adiantada que manteñen desde hai máis de dúas décadas, cada ano con máis ambiente | As compras de última hora para as celebracións de Noitevella encheron de animación as prazas e os supermercados. Os prezos, en xeral, están un pouco máis baixos que Noiteboa | O presidente da Xunta salienta desde a biblioteca da Universidade de Santiago a gratuidade das matrículas universitarias. Na tradicional mensaxe de fin de ano, asegura que iniciativas como a de Altri son necesarias para Galicia | Neste derradeiro Telexornal de 2024 lembramos algunhas imaxes que foron titulares no ano que remata. Desde traxedias, a éxitos. Historias de solidariedade e preocupacións sociais, das que seguiremos informando no ano novo
Uvas de fin de ano coas badaladas do mediodía. En Vilagarcía cumpren a tradición de seren dos primeiros en darlle a benvida ao ano novo, unha celebración adiantada que manteñen desde hai máis de dúas décadas | As compras de última hora para as celebracións de Noitevella encheron de animación as prazas e os supermercados. Os prezos, en xeral, están un pouco máis baixos que Noiteboa | O presidente da Xunta salienta a gratuidade das matrículas universitarias. Na tradicional mensaxe de fin de ano, asegura que iniciativas como a de Altri son necesarias para Galicia | Neste derradeiro Telexornal de 2024 lembramos algunhas imaxes que foron titulares no ano que remata
Seguimos con predominio das altas presións e con aire frío en altura, que pode traer certa inestabilidade. Hoxe temos ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con nubes baixas no oeste da provincia da Coruña que mesmo poderían deixar algún chuvasco illado. O vento sopra frouxo de compoñente sur. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso mentres que as máximas non cambian significativamente. As mínimas van dos cero graos que se agardan en Ourense ata os sete da Coruña. As máximas poden chegar aos 15 graos en Vigo e aos 16 en Pontevedra
Galicia e León volven estar conectadas pola A-6, dous anos e medio despois da caída do viaduto do Castro | O IPC de decembro sitúase no 2,8 por cento, catro décimas máis que en novembro e no nivel máis alto desde xullo | Nestes días previos á Noitevella achegámonos á realidade das persoas que sofren de alcoholismo para coñecer como afrontan unhas datas tan vencelladas ao consumo de alcol | A catedral de Santiago acolleu este mediodía a tradicional cerimonia que conmemora a translación dos restos do Apóstolo a Compostela. Na ofrenda lembrouse os afectados polas riadas de Valencia e polas guerras de Ucraína e Oriente Medio