A doazón de órganos para transplantes mantívose en Galicia por riba da media española durante o ano pasado. Tamén se viu afectada pola pandemia. O número de transplantes realizados baixou un 7% con respecto a 2019.
Actualmente hai en Galicia 8. 600 persoas que contan cun ril, un pulmón, un corazón, un fígado ou un páncreas que lles permite seguir con vida grazas a teren recibido un transplante nun dos hospitais galegos que realizan este tipo de intervencións.