Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os usuarios das residencias de maiores poderon sair a pasear, por vez primeira coa tranquilidade de considerarse inmunizados logo de recibir a segunda dose da vacina. E outra consecuencia do levantamento das restrición, xunto coa volta da hostalaría e a suspresión de moitos peches perimetriais. // Os hostaleiros deberán rexistar os locais nunha páxina da Xunta é sera obrigatorio contar con código QR visible para que os clientes o poidan leer e, de xeito voluntario, rexistrarse para un mellor rastrexo de contactos, en caso de coincidir con algún outro cliente que dea positivo.// Nas áreas en nivel intermedio, Pontevedra, A Coruña e Ferrol, o bo tempo está a animar a moitos a disfrutar das terrazas, que só poden abrir ao 50 por cento, e ata as seis da tarde. // Un estudo da Universidade de Vigo estima que, só na primeira onda da pandemia, o impacto económico do peche da frontera con Portugal foi duns 92 millóns de euros. 26-02-2021

Esperado reencontro de clientes cos seus locais de hostalaría favoritos, nunha reapertura, que veu acompañada dun tempo moi favorable. O levantamento das restriccións de mobilidade aumentan as espectativas para a fin de semana. // Tamén os usuarios das residencias de maiores puideron sair a pasear, por vez primeira coa tranquilidade de considerarse inmunizados logo de recibir a segunda dose da vacina. // Os casos activos rexistran a cifra máis baixa dende o 4 de xaneiro, con 272 novos contaxios. A ocupación nas UCi, con 117 pacientes, está xa por debaixo do 20 por cento, e contabilízanse oito falecementos. // As casas de Turismo Rural confían na desescalada para recuperarse logo de meses sen actividade. DAn por perdida a Semana Santa pero esperan un verán mellor, como o do ano pasado. 26-02-2021

Esperado reencontro de clientes cos seus locais de hostalaría favoritos, nunha reapertura, que veu acompañada dun tempo moi favorable. O levantamento das restriccións de mobilidade aumentan as espectativas para a fin de semana. // Tamén os usuarios das residencias de maiores puideron sair a pasear, por vez primeira coa tranquilidade de considerarse inmunizados logo de recibir a segunda dose da vacina. // Os casos activos rexistran a cifra máis baixa dende o 4 de xaneiro, con 272 novos contaxios. A ocupación nas UCi, con 117 pacientes, está xa por debaixo do 20 por cento, e contabilízanse oito falecementos. // As casas de Turismo Rural confían na desescalada para recuperarse logo de meses sen actividade. DAn por perdida a Semana Santa pero esperan un verán mellor, como o do ano pasado. 26-02-2021

Galicia quedará baixo a influencia das altas presions centradas ao sur das Illas Británicas, que deixa un réxime deventos do nordés. Ceo parcialmente cuberto, con máis nubes na mitade este, chuvias ao norte de Lugo e grandes claros ao oeste. 26-02-2021

Desde hoxe, están en vigor as novas restricións para loitar contra o coronavirus.
 En 5 concellos da provincia todo segue igual.
 A hostalería segue pechada e non se poden reunir persoas non conviventes.
 Mantense tamén  o peche perimetral.
 Son Corcubión, Curtis, Moeche, Ponteceso e Toques.
 Na Coruña, Ferrol e Santiago reabre a hostalería. Iso sí con limitacións.
 Só se permite a mobilidade entre concellos da mesma área sanitaria.
 Seguen as mortes diarias pola Covid - tres nas últimas horas - e repuntan os contaxios.

As novas de A Coruña en Radio 5.
 

O sol acompañará hoxe a Galicia no inicio dunha nova desescala. Desta volta, tímida, gradual, e coa comunidade dividida en tres niveis de restriccións. Dende esta medianoite só dez concellos seguen pechados perimetralmente e coas restriccións máximas. No resto podemos comezar a movernos a outros municipios cun incidencia da pandemia similar, podemos estar en reunións de ata 4 persoas non conviventes, ir ó ximnasio, ou, seguramente moitos o farán xa, almorzar nunha terraza... Os máis afortunados, mesmo poden disfrutar dese café no interior do local.

As novasda mañá en Galicia en Radio Nacional e Radio 5.

Chamamento á prudencia da Ministra de Sanidade, que visitou a factoría do grupo Zendal, na localidade do Porriño, onde se está a fabricar a vacina para a farmacéutica Novavax. Anuncia que poderá ser, a partir de abril, o próximo aprobado para distribuirse por toda Europa contra a Covid. //A Xunta suspende temporalmente as prantacións de eucaliptos en toda Galicia, e aproba investir 13 millóns de euros para promover outras especies coma piñeiros e castiñeiros, co fin de evitar unha sobreproducción de eucalipto que faga desplomar o seu prezo. // A Sentenza sobre a propiedade do Pazo de Meirás, vai ser recurrida pola Deputación da Coruña e o concello desa cidade, xunto co de Sada. Así o anunciaron ao considerar que o Estado non debe aceptar que se lle pague unha compensación aos herdeiros de Franco polos gastos de mantenemento do inmoble dende a morte do ditador. 25-02-2021

A vacina fabricada en Galicia para a farmacéutica Novavax poderá ser a próxima en ser distribuida en toda Europa a partir de abril. A Ministra de Sanidade, que visitou hoxe a factorá do grupo Zendal, no Porriño, asegurou que os ensaios demostran a sua eficacia, mesmo coas novas cepas do virus. // A hostalaría ultima os preparativos para a reapertura a partir de mañá, e na que terá que aplicar controis de Cabida e rexistro de clientes. Moitos locais contan con seguir pechados, mentres sigan as restricións // Aumentan lixeiramente os novos contaxios detectados no último día, ata 320, mentres os casos activos e a presión hospitalaria seguen á baixa. Hai 121 pacientes nas UCi e comunícanse nove mortes máis nas últimas horas. // Asociacións de gandeiros chaman a mobilización contra a prohibición total da caza do lobo. Piden que se negocien alternativas para reducir os danos nás suas explotacións. 25-02-2021

A vacina fabricada en Galicia para a farmacéutica Novavax poderá ser a próxima empregada en toda Europa a partir de abril. A Ministra de Sanidade, que visitou hoxe a factorá do grupo Zendal, no Porriño, asegurou que os ensaios demostran a sua eficacia, mesmo coas novas cepas do virus. // A hostalaría ultima os preparativos para a reapertura a partir de mañá, e na que terá que aplicar controis de Cabida e rexistro de clientes. Moitos locais contan con seguir pechados, mentres sigan as restricións // Aumentan lixeiramente os novos contaxios detectados no último día, ata 320, mentres os casos activos e a presión hospitalaria seguen á baixa. Hai 121 pacientes nas UCi e comunícanse nove mortes máis nas últimas horas. // Asociacións de gandeiros chaman a mobilización contra a prohibición total da caza do lobo. Piden que se negocien alternativas para reducir os danos nás suas explotacións. 25-02-2021

O cambio que se vai intensificar nas próximas horas deixaba imaxes aínda invernais, con nubes que cubrían o ceo, sobre todo nas zonas costeiras mesmo caeron algunhas precipitacións, restos da fronte que atravesou a Comunidade. 25-02-2021