Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A área sanitaria da Coruña/CEE recupera hoxe a mobilidade.
 Na provincia, só seis concellos manteñen o nivel alto de restricións e, polo tanto, teñen reducida a  mobilidade.
 Son Arteixo, Miño, Ponteceso e Sobrado na área sanitaria da Coruña/Cee e Cariño e Mugardos na de Ferrol.
 A semana arranca con 6 novos mortos por coronavirus na provincia

O anticiclón continúa de momento en Galicia neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Unha xornada reivindicativa que nesta ocasión virá marcada tamén pola pandemia. A plataforma Galegas 8M, varios sindicatos e o BNG apoian as mobilizacións na rúa, que se farán respetando as medidas sanitarias.
O PSdeG aposta por actos máis simbólicos e reducidos, mentres dende o PP aseguran que deben primar os criterios de saúde pública.

En todo caso, un 8M distinto, como todo nesta pandemia, que de momento se mantén dobregando a curva. Dende esta pasada medianoite, ademais, un novo paso na desescalada. Agora xa coas áreas da Coruña e Pontevedra abertas e case toda Galicia en nivel medio de restriccións. Entre outras cousas, significa que o 95 por cento dos galegos pode circular dende hoxe por case toda a comunidade.

Xa hai menos de 4 mil enfermos de coronavirus en Galicia. Seguen a ser moitos, pero é das mellores cifras dos últimos meses. Dende setembro os casos activos non baixaban de aí. O outro indicador positivo da xornada, o dos novos contaxios, que despois das repuntas dos últimos días, volve descender. Confírmase tamén a diminución da presión hospitalaria.

E todo isto na fin de semana previa ó 8-M, cos partidos divididos sobre a conveniencia, ou non, de celebrar mobilizacións na rúa.

Xa no espazo da entrevista hoxe falaremos co músico Rodrigo Romaní, que vén de recibir o Premio Laxeiro

Os últimos datos da pandemia confirman que seguimos dobregando a curva, nun domingo véspera do 8 de marzo, no que se volve falar das mobilizacións do Día Internacional da Muller. A plataforma Galegas 8M, varios sindicatos e o BNG insisten en que hai máis motivos ca nunca pra saír á rúa, sempre respetando as medidas sanitarias.

No espazo da entrevista, ás dúas menos vinte, hoxe falamos coa ministra de Traballo, Yolanda Díaz

Xosé Manuel García fala coa ministra de Traballo, Yolanda Díaz, que esta fin de semana acudía a Santiago para recibir o Premio da Fundación 10 de Marzo de Comisións Obreiras. Unha entrevista que se produce tamén na véspera do Día Internacional da Muller

A Xunta decide aprazar unha semana a obligatoriedade dos carteis coa cabida permitida e o código QR nos locais de Hostalería, mentres o comité clínico analiza posibles cambios a partir do próximo luns. // O número de novos contaxios aumenta, por riba dos 200, ainda que o total de casos activos segue en descenso. Son 4.168, un nivel similar ao de principios de setembro // Queixa formal da Xunta contra o anuncio polo Goberno do Plan de Medidas para Semana Santa, que inclúe o peche perimetral das Comunidades e limitación de mobilidade nocturna. Os universitarios poderán viaxar as súas casas durante as vacacións. // O director Oliver Laxe experimenta o pastoreo para previr os lumes forestais e constrúe un centro de desenvolvemento rural na aldea das súas raíces familiares, un espazo de formación, cultura e tamén de cine. 05-03-2021

A fin de semana chega con anticiclón que veu para quedar polo menos ata o luns. Manterá alonxadas as borrascas atlánticas aínda que esta tarde podería haber algún chuvasco treboento no sur. É por unha baixa fronte a Lisboa que tamén está a traer estes días PO SAHARIANO a Galicia. 05-03-2021

A Xunta decide aprazar unha semana a obligatoriedade dos carteis coa cabida permitida e o código QR nos locais de Hostalería, mentres o comité clínico analiza posibles cambios a partir do próximo luns. // O número de novos contaxios aumenta, por riba dos 200, ainda que o total de casos activos segue en descenso. Son 4.168, un nivel similar ao de principios de setembro // Queixa formal da Xunta contra o anuncio polo Goberno do Plan de Medidas para Semana Santa, que inclúe o peche perimetral das Comunidades e limitación de mobilidade nocturna. Os universitarios poderán viaxar as súas casas durante as vacacións. // O director Oliver Laxe experimenta o pastoreo para previr os lumes forestais e constrúe un centro de desenvolvemento rural na aldea das súas raíces familiares, un espazo de formación, cultura e tamén de cine. 05-03-2021

A fiscalía provincial de Pontevedra abre dilixencias pra investiga-la seguridade da empresa ENCE. O motivo son as declaracións que se filtraron, do presidente de ENCE, nas que advertía de que se podía producir un susto medioambiental na ría pola falta de mantemento da factoría.

A operación da Unidade de delitos económicos pola posible fraude na venda das factorías de Alcoa sáldase polo de agora con tres detidos, que xa están a declarar ante a audiencia nacional.

Un xulgado de Monforte investiga un presunto delicto de neglixencia médica na residencia Domusvi.Cando entrou no centro se valía ela soa e agora está encamada.

O Observatorio Eólico Galego constata a chegada de especuladores intermediarios, que sin ter ningún proxecto enerxético, pretenden firmar contratos polas terras con condicións inaceptables.

O tempo. Quedamos na influencia das altas presións... Os van estar pouco nubrados en xeral, con máis nubes no terzo norte.

Cúmprese un ano do primeiro caso detectado en Galicia do que entón se chamaba o novo coronavirus. Os profesionais do hospital clínico da Coruña que o atenderon recordan aquel contacto inicial cunha pandemia que leva cambiado a vida de todos nestes doce meses. //. Entre os novos contaxios destaca o gromo con seis casos detectados entre os usuarios dunha residencia en Xinzo de Limia, que como o resto deste colectivo tiñan completada a segunda dose da vacinación. //Axentes da Unidade de Delincuencia Económica rexistran as oficinas de Alu Iberica na Coruña. Buscan probas relacionadas coa denuncia de traballadores sobre presuntas irregularidades na venda da compañía. // Último día para que os locais de hostalaría se adapten ás normas da desescalada, co control de cabidas e rexistro de clientes. Axentes de policía visitan os establecementos de xeito informativo, e mañá comenzarán as sancións. 04-03-2021

Na Audiencia Nacional hoxe está  previsto  que  presten  declaración os directivos do Grupo Riego detidos a raiz da operación  policial contra o fraude  na venda de Alcoa. Os traballadores de Aluibérica aplauden a actuación policial e reclaman a intervención  das fábricas como única solución.