Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
É venres, temos aínda algunhas nubes no ceo, pero as temperaturas parece que veñen agradables.
Nestes momentos só catro concellos en Galicia teñen unha incidencia do coronavirus superior ós 250 casos por cada cen mil habitantes. E nestes momentos, dende a pasada medianoite, só o pontevedrés de Soutomaior ten peche perimetral individualizado. Seguen pechadas tamén no seu conxunto as áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra, pero non así a de Ferrol, que dende hoxe reabre tamén o interior da hostalaría.
Recollemos igualmente a novidade na vacinación: a partir da vindeira semana comezarán a chamar á poboación de entre 50 e 55 anos para recibir as doses de AstraZéneca.
Pero non nos descoidemos, porque malia os indicadores positivos, os contaxios diarios veñen experimentando unha leve repunta nos últimos días.
E á parte da pandemia, a noticia en Alú Ibérica. Tres detidos na operación pola suposta venda fraudulenta das factorías da Coruña e Avilés.
Ata as oito, contamos isto e moito máis.
- O 4 de marzo de 2020 ingresaba no CHUAC un home de Madrid con febre e dificultades para respirar
Viñera á Coruña para unha entrevista de traballo
O 4 de marzo de 2020 ingresaba no CHUAC un home de Madrid con febre, dificultades para respirar e pneumonía bilateral. Os síntomas non gustaron aos médicos e tampouco a procedencia do enfermo, un madrileño que viñera á Coruña para unha entrevista de traballo.
As máscaras, as PCR, os xeles hidroalcólicos e outros elementos fóronse facendo cotiáns ao longo deste tempo no que a pandemia mudou as nosas vidas. Cambiou o noso día a día, a forma de socializarnos e mesmo de traballar
Turismo en cabañas ecológicas entre las ramas de los árboles.
El complejo turístico de Albeida, en Outes, recibe el Premio de Arquitectura de los colegios de arquitectos de España.
Las cabañas son obra de los arquitectos gallegos Alfonso Salgado y Francisco Liñares
O gran confinamento que seguiu á chegada da pandemia foi a primeira ameaza á vida cotiá. Ao pouco, saltaba a alarma nas residencias de anciáns, onde vive o colectivo máis vulnerable.
En plena pandemia, unhas eleccións autonómicas. Verán especial, Nadal raro, e non puidemos librarnos dunha terceira vaga que agora estamos a superar grazas, en boa parte, á chegada das vacinas
A doutora que atendeu o primeiro caso detectado en Galicia de Covid recorda cómo foi aquel contacto inicial cunha pandemia que tanto leva cambiado a vida de todos nestes doce meses. // As máscaras, as PCR, os xeles hidroalcólicos e outros elementos fóronse facendo cotiáns ao longo deste tempo no que a pandemia mudou as nosas vidas. Cambiou o noso día a día, a forma de socializarnos e mesmo de traballar. // A próxima semana comezará a vacinación das persoas con entre 50 e 55 anos, usando a vacina de Astrazéneca. // O Presidente da Xunta rexeita a proposta do Goberno Central de impedir as viaxes dos estudantes para voltar ás súas casas, nesas vacacións. 04-03-2021
Embolsamiento de aire frío nas capas altas, situado ao oeste de Portugal deixará inestabilidade atmosférica. O ceo estará parcialmente cuberto con chubascos de tipo intermitente, localmente tormentosos. 04-03-2021
Operación da Unidade de delitos económicos nas Fábricas de Alu Ibérica na Coruña e Avilés. A audiencia nacional investigan posible fraude nas operacións sucesivas de venda primeiro de Alcoa a Párter Capital e logo finalmente ao Grupo Riesgo
No día en que se cumpre un ano do primeiro caso de COVID de Galicia, os centros de día demandan a vacina pros seus usuarios. A Xunta só prevé que se vacinen nesta etapa os dependentes e maiores de 80.
A instalación do código Que R será obrigatoria a partir de mañá en tódolos locais da hostelería galega.
O BNG denuncia o aumento da precariedade laboral na utomoción, que procude o mesmo que en 2007 cun 40 por cento menos de personas
Medio cento de artistas participarán nas residencias artísticas que se iniciarán este ano na Cidade da Cultura
O tempo. Hoxe algo máis inestable...Parcialmente cuberto con chuvascos illados e ocasionais pola tarde, máis probables na metade sur.
En Ferrol agardan o levantamento das restriccións que entrará en vigor este venres. Os hostaleiros confían en poder remontar tras máis dun mes pechados
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
Era difícil de imaxinar no seu momento, pero xa pasou un ano. A pandemia en Galicia está de aniversario. Cúmprense doce meses do primeiro caso de coronavirus diagnosticado na comunidade. Tal día coma hoxe, pero do ano pasado, detectábase o primeiro positivo na Coruña.
Dende entón, unha montaña rusa de fases, de escaladas e desescaladas, que vivirán o seu último capítulo a partir da próxima medianoite, cando entre en vigor o novo mapa de restriccións, que libera a mobilidade na área sanitaria de Ferrol e deixa illado ó concello pontevedrés de Soutomaior.
Pensando no que está por vir, Goberno e comunidades emprázanse pra vindeira semana para decidir as restriccións pra Semana Santa. Onte non houbo acordo.
- Sanidade recoñece que os datos son bos, pero pide prudencia para non retroceder
- Os cambios anunciados hoxe polo comité clínico entran en vigor na medianoite do xoves ao venres
Sanidade recoñece que os datos son bos, pero pide prudencia para non retroceder, Os cambios anunciados hoxe polo comité clínico entran en vigor na medianoite do xoves ao venres. Ese día o comité volverá analizar os datos e restricións.
Os expertos insisten na importancia de manter as medidas de prevención nos próximos meses, pero, como vemos, empezan a augurar a posibilidade de que a crise sanitaria se alivie de cara o verán. // O toque de recollida mantense de momento ás 10 da noite, aínda que sanidade non descarta atrasalo nas próximas semanas. E sobre a Semana Santa, a xunta considera que aínda é pronto para concretar as medidas.// Soutomaior será o único concello de Galicia có máximo nivel de restriccións. Alí hai neste momento 43 casos activos, pero a incidencia acumulada a 14 días supera os 550. Os veciños acollen as novas medidas con resignacion // Ence promete investir cerca de 400 millóns de euros na súa fábrica de Pontevedra, se o Goberno do Estado lle permite seguir en Lourizan, na Ría de Pontevedra, ata o ano 2073. 03-03-2021