Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Liberdade pro último detido polo crime de Samuel Luiz... A audiencia provincial da Coruña non ve motivos pra manter ó mozo en prisión provisional... Neste momento hai tres implicados en prisión... e outros dous en centros de menores...

É a última nova que nos deixa unha xornada na que xa sabemos un pouco máis dos seguintes pasos a dar polo pesedegá.. de momento Gonzalo Caballero seguirá como voceiro parlamentario tras perder as primarias con Valentín González Formoso.. o alcalde das Pontes e presidente da Deputación coruñesa gañou en 112 dos 175 centros electorais habilitados... Arteixo, Camariñas, Mazaricos, Padrón, Porto do Son ou Ribeira son das poucas agrupacións nas que venceu Caballero.

E no Pazo do Hórreo a conselleira de Emprego e Igualdade explicou as novidades pra fomentar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero... tamén anunciou un plan de apoio ó emprendemento no rural.

Chega un buque cargado con 150 mil metros cúbicos de gas licuado para a planta de Reganosa, en Mugardos. Procedente de Estados Unidos, é o único que chega hoxe a España para compensar o peche do gasoducto do Magreb, polo que o noso país recibía Gas Natural de Alxeria. O sector asegura que non haberá desabastecemento, ainda que os prezos seguirán a subir.

Chega un buque cargado con 150 mil metros cúbicos de gas licuado para a planta de Reganosa, en Mugardos. Procedente de Estados Unidos, é o único que chega hoxe a España para compensar o peche do gasoducto do Magreb, polo que o noso país recibía Gas Natural de Alxeria. O sector asegura que non haberá desabastecemento, ainda que os prezos seguirán a subir.

Vén cargado con 150 mil metros cúbicos de gas licuado para a planta de Reganosa, en Mugardos. Procedente de Estados Unidos, é o único que chega hoxe a España para compensar o peche do gasoducto do Magreb, polo que o noso país recibía gas natural de Alxeria. O sector asegura que non haberá desabastecemento, ainda que os prezos seguirán a subir.

Vén cargado con 15.000 metros cúbicos de gas licuado para a planta de Reganosa, en Mugardos. Procedente de Estados Unidos, é o único que chega hoxe a España para compensar o peche do gasoducto do Magreb, polo que o noso país recibía gas natural de Alxeria. O sector asegura que non haberá desabastecemento, ainda que os prezos seguirán a subir.

Un buque cargado con 150.000 metros cúbicos de gas licuado para a planta de Reganosa, en Mugardos. Procedente de Estados Unidos, é o único que chega hoxe a España para compensar o peche do gasoducto do Magreb, polo que o noso país recibía Gas Natural de Alxeria. O sector asegura que non haberá desabastecemento, ainda que os prezos seguirán a subir. // O último detido polo crime de Samuel Luíz queda en liberdade. A Audiencia provincial da Coruña estimou o recurso de apelación presentado pola sua defensa, ao entender que non existen motivos neste momento procesal para mantelo en prisión. // A historia dos aneis achados na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil hai case un ano segue a ser un misterio. A especialista do Centro Superior de Investigacions Cientificas encargada da investigación non desbota que pertencesen a catro dos bispos soterrados no mosteiro no século X. Unha lenda atribúelle propiedades curativas. (02/11/2021)

A Planta de Reganosa, en Mugardos, agarda a chegada dun novo buque con gas licuado, que forma parte dos envíos para compensar o peche do gasoducto do Magreb. O sector asegura que a subministración está garantida, ainda que os prezos da enerxía seguirán a subir. Cumprironse as previsións máis optimistas na Ponte. Aocupación dos hoteis rondou o noventa por cento e algúns das Rías Baixas e as casas de turismo rural chegaron a colgar o cartel de completo //.A feira de Santos de Monterroso volveuse celebrar cun aspecto de case normalidade. Milleiros de persoas e centos de vendedores acudiron a esta localidade da Ulloa para celebrar un evento con seis séculos de historia. // O Celta conseguiu sumar un punto ante o Rayo Vallecano en Madrid. Un empate sen goles que os coloca a dous puntos do descenso antes de visitar o Barça. Para ese partido, Coudet reservou a Nolito e Aspas, que foron suplentes. (02/11/2021)

Una nova fronte fría asociada a unha borrasca chega hoxe a Galicia. Ceos cubertos con aumento das precipitacións, que serán máis intensas no terzo norte e ocasionalmente treboentas ás últimas horas. Durante a noite baixará a cota de neve nas zonas máis altas. (02/11/2021)

A Planta de Reganosa, en Mugardos, agarda a chegada dun novo buque con gas licuado, que forma parte dos envíos para compensar o peche do gasoducto do Magreb. O sector asegura que a subministración está garantida, ainda que os prezos da enerxía seguirán a subir. Cumprironse as previsións máis optimistas na Ponte. Aocupación dos hoteis rondou o noventa por cento e algúns das Rías Baixas e as casas de turismo rural chegaron a colgar o cartel de completo //.A feira de Santos de Monterroso volveuse celebrar cun aspecto de case normalidade. Milleiros de persoas e centos de vendedores acudiron a esta localidade da Ulloa para celebrar un evento con seis séculos de historia. // O Celta conseguiu sumar un punto ante o Rayo Vallecano en Madrid. Un empate sen goles que os coloca a dous puntos do descenso antes de visitar o Barça. Para ese partido, Coudet reservou a Nolito e Aspas, que foron suplentes. (02/11/2021)


A planta de regasificación de Mugardos prepárase pr bate-lo record de produción. O gas ten un papel clave no actual mix enerxético e máis agora co apagado das centrais de carbón. Por iso a planta de regasificación de Mugardos ten cada vez unha importancia maior.

O traballadores de VESTAS reanudaron hoxe as protestas. A tres días de que se peche o periodo de consultas do ERE que suporá o peche da fábrica de Chavín, manifestáronse diante da factoría e cortaron a estrada que vai de Viveiro a Ferreira.

Nada cambia no grupo parlamentario socialista co triunfo de Valentín González Formoso nas primarias do partido. O viceportavoz, Pablo Arangüena, pospón calquera cambio ata despois do congreso de decembro.

As restriccións da pandemia retrasan importantes decisións das comunidades de propietarios. NOn se poden realizar xuntas ordinarias, ainda que algunhas comunidades optan por organizalas, sen seguridade xurídica, ante a premura de prazos para renovar equipamento enerxético.

A vila de Pedrafita do Cebreiro soporta desde hai catro meses parte do tráfico que tiña antes de que abrise a autovía A-6. Máis circulación que supón algo máis de gasto no pobo, aínda que non todos os que pasan pola vila, paran.

Rois acolle, desde hoxe e ata o xoves, unha xuntanza da Unión Europea.
Representantes de 27 países da Unión participan nun proxecto divulgativo que busca alzar as voces contra o euro-escepticismo.
A iniciativa partiu do propio concello de Rois.

--- Empeoran os indicadores epidemiolóxicos da pandemia do coronavirus.

--- A alcaldesa da Coruña pide unión á agrupación local, tralo respaldo maioritario a Valentín González Formoso.


--- Marea Atlántica denuncia a baixa execución orzamentaria no concello da Coruña. Di que 5 das 9 áreas de goberno están por debaixo do 40 por cento.


--- A exposición Memorias do Café Derby de Santiago pode visitarse desde hoxe na Casa do Cabildo.


--- Deportes.


--- No tempo da entrevista, falaremos con Cristina Pereiro,
directora do centro de integración de persoas sen fogar de Cáritas Ferrol

Hoxe veremos se xa empezan a notar os cambios no grupo parlamentario socialista tra-las primarias do sábado nas que a militancia optou por Valentín González Formoso como futuro secretario xeral. Este martes reúnese a xunta de portavoces.
En Vigo, Stellantis volve a parar un dos sistema de producción por falta de compoñentes. E a pandemia, de momento, continúa baixo control, aínda que repuntaron algo os casos activos. Esta fin de semana foi de moitas saídas nocturnas haberá que ver se teñen consecuencias.
Deportes. O Celta trae un punto de Vallecas e mantén dous de distancia co descenso.
O tempo. continúan as treboadas e van ir baixando as temperaturaS, vaise notar, sobre todo, a partir do xoves.

Nos próximos días iremos vendo ata onde chega a integración anunciada no PSdeG-PSOE por Valentín González Formoso, quen a militancia decisiu que van ser o seu próximo secretario xeral. Ten un mes para negociar a súa próxima executiva, ata o Congreso de decembro, pero moito menos tempo para orgnizar o grupo parlamentario. Porque Gonzalo Caballero xa anunciou que vai seguir no Parlamento..Por exemplo, ¿quen vai enfrontarse a Núñez Feijóo na próxima sesións de control?
Nos próximos días terán que ir clarificándose a situación como lles imos contra deseguido... pero antes, con Ana Robles, os outros titulares deste primeiro día de novembro.

Protagonismo tamén para Alcoa nesta fin de semana de Santos. A sentenza favorable do Supremo non mudou nada a situación. A multinacional segue pensando en pechar e os trballadores en folga e de novo mobilizáronse este domingo cunha caravana de coches.
Da pandemia.... os casos activos seguen en 500 e levamos tres días sen sumar nngún falecemento.
Este primeiro de novembro... cita para moitos nos cementerios... aproveitando a data festiva na vípera de defuntos... e tamén en Monterroso. Volve a feira de Santos, a máis importante do outono en Galicia.
Deportes. o Celta visita hoxe Vallecas só con dous punto de marxe sobre o descenso.
En baloncesto, o Breogan suma unha nova victoria en Lugo.