En A Coruña, un grupo de 50 personas lleva diez días ocupando un edificio recién construido, que todavía estaba sin entregar. Son familias vinculadas a un asentamiento chabolista.
Acabáronse os medicamentos de balde. Máis de 700 mil pensionistas galegos terán que pagar o dez por cento do prezo das súas medicinas, ata un máximo de entre oito e 18 euros o mes, en función da súa renda. // O Partido Popular defende o copagamento farmacéutico como a única forma de garantir a supervivencia da sanidade pública universal e gratuíta. // Vai amainando o temporal que nas últimas horas levantou ondas de máis de oito metros no litoral de Galicia. A alerta por mar de fondo mantense ata media tarde. // Aumentan un 17 por cento as cortas de madeira no monte e a metade de elas son, por primeira vez, de eucalipto. Segundo os empresarios da madeira, a facturación do sector descendeu lixeiramente o ano pasado. // Indignación e sorpresa na Real Academia Galega pola redución dun 62% da súa partida nos orzamentos xerais do Estado. Un recorte que triplica o aplicado a outras academias. // "O mundo flúe, dúas miradas sobre unha mesma realidade¿ é unha mostra que pode verse na Coruña. Un grupo de pintores, a meirande parte discapacitados reivindican con ela poderen vivir da arte. 19/04/12
Acabáronse os medicamentos de balde. Máis de 700 mil pensionistas galegos terán que pagar o dez por cento do prezo das súas medicinas. // O Partido Popular defende o copagamento farmacéutico. // Vai amainando o temporal que nas últimas horas levantou ondas de máis de oito metros. // Aumentan un 17 por cento as cortas de madeira no monte. // Indignación e sorpresa na Real Academia Galega pola redución dun 62% da súa partida nos orzamentos xerais do Estado. // "O mundo flúe, dúas miradas sobre unha mesma realidade¿, unha mostra na Coruña. 19/04/12
Intervalos de ceo anubrado con chuvascos, que serán en forma de neve por enriba dos 1.200 metros pola mañá, subindo a cota ata os 1.400 metros durante a tarde. Vento do Noroeste de intensidade moderada en xeral, con intervalos fortes no litoral Norte e nas zonas de montaña do interior. Temperaturas sen cambios significativos, ou en lixeiro ascenso. 19/04/12
O PP asume en solitario a defensa do pago de medicamentos,segundo a renda.Argumenta que é a única maneira de evita-lo copago asistencial.Socialistas e BNG falan dunha decisión "ideolóxica" e "inxusta",que gravará a xubilados e enfermos crónicos.Educación presenta ás comunidades as medidas de aforro universitario,que prevén o incremento das taxas.Feijóo anuncia dende México un principio de acordo para que os estaleiros galegos constrúan barcos para a petroleira azteca PEMEX.O goberno de Portugal ultima un sistema compatible co español para paga-las peaxes nas autovías lusas.O actor e dramaturgo ourensán Manuel Guede regresa á dirección do Centro Dramático Galego
O primeiro temporal da primavera. O litoral galego permanece hoxe en alerta por fortes ventos e mar de fondo que poden levantar ondas de máis de oito metros nas próximas horas. // Alerta tamén nas zonas máis altas de Lugo e Ourense, onde está nevando por riba dos mil douscentos metros. Hoxe e mañá poderíanse acumular ata cinco centímetros de neve. // O Ministerio de Sanidade defende pagar polos medicamentos en función da renda; que os pensionistas, ata agora exentos, paguen entre o 10 e o 20% do prezo dos fármacos; e que os traballadores en activo pasen de pagar o 40% a polo menos o 50%. // A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública considera que os cambios que se anuncian en sanidade son un imposto á enfermidade. // Desde que comezou a crise, hai dous anos e medio, en Galicia destruíronse más de 140.000 postos de traballo. // Rapaces de varios colexios da Coruña aprenden a facer reanimacións e a realizar os primeiros auxilios para salvar vidas. 18/04/12
O primeiro temporal da primavera. // Alerta nas zonas máis altas de Lugo e Ourense por neve. // O Ministerio de Sanidade defende pagar polos medicamentos en función da renda. // A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública considera que os cambios que se anuncian en sanidade son un imposto á enfermidade. // Desde que comezou a crise en Galicia destruíronse más de 140.000 postos de traballo. // Rapaces de varios colexios da Coruña aprenden a salvar vidas. 18/04/12
A conselleira de Sanidade asiste ó Consello Interterritorial de Saúde que analiza a proposta de copago farmacéutico segundo a renda.Goberno e Xunta xustifican esta medida,que a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública considera inxusta.Socialistas e BNG súmanse ás críticas,e sinalan a Feijóo como un dos promotores do copago. En tres anos e medio destruiuse en Galicia a metade do emprego creado dende 1.999.A maior parte da flota galega,amarrada polo mal tempo.Detidos os dous responsables do circo no que traballaba o operario falecido en Soutomaior.O concello de A Coruña saca a subasta os seus coches oficiais. No tempo da entrevista,falamos co doutor Ricardo García Mayor,coordenador do Congreso que a Sociedade Española da Diabete celebrará a partir de mañá en Vigo
Ceos cubertos con precipitacións xeneralizadas de carácter moderado, máis persistentes nas zonas altas. A cota de neve estará nos 1.200 metros. Vento de compoñente Oeste, forte con momentos moi fortes no litoral e moderados con refachos fortes no interior. Temperaturas mínimas sen cambios e as máximas en lixeiro descenso. 18/04/12
- Su abogado confirma que presentará el recurso este miércoles
- El Juzgado de Instrucción 2 de Compostela le imputa delito contra la Hacienda Pública
Ángel Currás é xa o novo alcalde de Santiago de Compostela. Foi elexido hai pouco máis dunha hora cos votos do seu grupo, o Partido Popular, en substitución de Gerardo Conde Roa. // Reunión entre a Xunta e os representantes dos concellos para darlle pulo á colaboración entre as entidades locais. A administración autonómica promete axudas a aqueles concellos que decidan unirse para desenvolver servizos. // O próximo curso escolar haberá máis alumnos por aula, non se cubrirán determinadas baixas laborais de profesores, anúlanselles complementos retributivos e redúcese a oferta de bacharelato. // No xulgado número tres de Lugo continúa a instrución da Operación Campeón. // Son 54 muíños de vento que van contribuír ao desenvolvemento da enerxía eólica en Etiopía. Estes días estanse embarcando no porto de Vigo. // Alumnos de institutos de Xinzo da Limia, O Barco e Nigrán tocan a frauta co acompañamento do órgano da igrexa do mosteiro de Celanova. 17/04/12
Ángel Currás é xa o novo alcalde de Santiago de Compostela. // A Xunta promete axudas a aqueles concellos que decidan unirse para desenvolver servizos. // O próximo curso escolar haberá máis alumnos por aula. // No xulgado número tres de Lugo continúa a instrución da Operación Campeón. // Son 54 muíños de vento que van contribuír ao desenvolvemento da enerxía eólica en Etiopía. // Alumnos de institutos tocan a frauta co acompañamento do órgano da igrexa do mosteiro de Celanova. 17/04/12
Ceos cubertos, con orballo pola mañá, e chuvias, máis intensas a partir do mediodía. A medida que avance a tarde poderán abrirse claros polo noroeste.
Ventos de compoñente oeste pola mañá, cambiando pola tarde ao noroeste, moderados en xeral. As temperaturas mínimas ascenderán entre lixeira e moderadamente, mentres que as máximas terán un descenso entre lixeiro e moderado. 17/04/12
Ángel Currás foi elixido alcalde de Santiago logo de que Conde Roa fixese efectiva a súa renuncia tras ser imputado por un presunto delicto fiscal.O alcalde saínte pediu perdón polo dano que puido causarlle á dignidade da institución.Feijóo viaxa con Rajoy a México para impulsa-la promoción das empresas galegas no exterior.A Xunta comprende as medidas de axuste propostas polo goberno para aforrar 3.000 millóns no ensino primario e secundario.O sindicato CIG teme un posible recorte do número de docentes.A banda de kolk galego Quempallou presenta hoxe o seu cuarto disco na compostelá Casa das Crechas
El juez imputa de un delito fiscal al alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, por no pagar a Hacienda casi 300.000 euros de IVA. Conde Roa ha presentado su dimisión, según ha dicho, sin haber recibido presiones de su partido.
Gerardo Conde Roa deixa a alcaldía de Santiago tras coñecer oficialmente a súa imputación por un presunto delito de fraude contra a Facenda pública. Está acusado de non declarar case 300.000 euros do IVE da venda de 61 vivendas. // O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo agradécelle a Conde Roa a súa retirada. Di que a súa decisión é a da responsabilidade, o xogo limpo e a coherencia. // A Unión Europea comeza en Vigo unha campaña para dar a coñecer aos mozos que están no paro os programas de formación e emprego comunitarios. // Inspeccións de Facenda e Traballo descubriron 70 talleres mecánicos irregulares só no último mes en Galicia. Desde o sector aseguran que a economía encuberta está aumentando e poñendo en perigo a supervivencia dos talleres que operan legalmente. // Los primeiros "kobiños", un cruce entre vaca rubia galega e boi de Kobe, a prestixiosa e cotizada raza de gando xaponesa. Críanse desde hai tres anos en Carballedo, en Lugo. (16/04/12)
Ceos pouco anubrados ou despexados en xeral. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso e as máximas sen cambios significativos. Ventos moderados de compoñente norte, amainando a frouxos pola tarde. (16/04/12)
Gerardo Conde Roa deixa a alcaldía de Santiago tras coñecer oficialmente a súa imputación. // O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo agradécelle a Conde Roa a súa retirada. // A Unión Europea da a coñecer aos mozos que están no paro os programas de formación e emprego comunitarios. // Inspeccións de Facenda e Traballo descubriron 70 talleres mecánicos irregulares só no último mes en Galicia. // Los primeiros "kobiños", un cruce entre vaca rubia galega e boi de Kobe. (16/04/12)
Gerardo Conde Roa deixa a alcaldía de Santiago tras notificarlle o xuíz a súa imputación formal por un presunto delixto de fraude á Facenda.Feijoo agradeceulle a Conde Roa a súa renuncia para non seguir facendo dano á institución. O ex-ministro Francisco Caamaño anuncia a súa candidatura a lidera-lo PSOE coruñés.O comité da Consellería de Traballo e Benestar denuncia na Coruña o desmantelamento progresivo dos servizos sociais.Falamos co profesor Xaime Varela,que puxo en marcha o blog de Lingua galega "Fala Londres" no instituto da capital británica onde imparte docencia
- 291.000 es el importe del IVA presuntamente defraudado
- Era su primera legislatura al frente del municipio, elegido por el PP