As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
Polígonos e negocios pechados hoxe na Mariña, que vive un seguemento case total do paro xeral convocado pra demandar solucións á crise industrial. Tamén investimentos que axuden a evitar o deterioro económico da comarca. A mediodía, os veciños da comarca uníronse en Burela nunha manifestación polo futuro da comarca.
Protesta tamén no sector conserveiro. As traballadoras concentráronse ás portas dalgunhas factorías ante o bloqueo da negociación colectiva. Denuncian que lles propoñen unha suba inferior á suba de prezos.
Galicia subiu ó risco medio de incidencia do coronavius. En dez días duplicouse o número de persoas coa infección. No último reconto detectáronse 214 positivos.
A comunidade educativa rexeita a supresión dos exames de recuperación da ESO en pleno curso. A consellaria de Educación reunirá a vindeira semana a xunta de directores para redeseñar o calendario escolar.
Tanxugueiras presentará a súa candidatura para representar a España no festival de Eurovisión. O grupo que forman Olaia, sabela e Aida recolle a luba que lles lanzaron os eurofans que en setembro as elixiron como favoritas para a edición deste ano do festival.
Volve o carbón á central térmica de Endesa nas Pontes. Máis de 40 camións trasladan as 100.000 toneladas que se atopan a bordo de dous barcos atracados no porto exterior de Ferrol.
É probable que a térmica, pechada desde xuño de 2019, arranque de novo este mes, se llo ordena o xestor do sistema eléctrico español.
Pero sería unha posta en marcha puntual. Endesa mantén a súa decisión de pechar.
Dúas empresas queren construir unha central hidroeléctrica reversible en Cerceda, aproveitando a auga do lago de Meirama.
Os casos activos de coronavirus superan xa os 530 nas tres áreas sanitarias da provincia.
Estréase na Coruña unha exposición conmemorativa dos 30 anos da coordenadora galega de ONGs para o Desenvolvemento. A exposición viaxará por toda Galicia.
Deportes. O victoria da Coruña debuta esta tarde na Copa do rey de fútbol. Se lle gaña ó Hernani, xogará a próxima eliminatoria contra un equipo de primeira división.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
A comarca luguesa da Mariña vive este mércores unha xornada de folga xeral para reclamar solucións que eviten que se converta nun deserto industrial. Os sindicatos piden solucións para Alcoa ou Vestas pero tamén investimentos na comarca..
Outra protesta tivo este martes tamén a provincia lucense como escenario... a dos productores de leite que se concentraron ante a fábrica de Larsa en Outeiro de Rei.
Sobre a pandemia... de momento non hai cambios nos límites para determinar a situacion dunha comunidade autónoma, pero cos niveis actuais....e co aumento de casos... Galicia xa deixa de estar no nivel baixo.
Nos próximos minutos tamén lles imos contar os plans de Renfe pra o momento no que entre en servizo o AVE con Madrid.
O tempo... sen cambios. seco e solleiro, con algo mís de nubosidade no norte.
Dous meses despois, a pandemia alcanza datos de risco medio en Galicia. O ministerio de Sanidade acaba de actualizar os datos de incidencia: hai 53 casos activos por cada 100 mil habitantes a 14 dias.. Iso si, coa poboación vacinada, estas cifras poderían non ser suficientes pra decretar esa suba de nivel. Estamos pendentes de que o ministerio tome unha decisión ó respecto.
Principal nova dunha xornada na que miramos á Mariña. Ás doce da noite comeza a folga xeral a que están chamados todos os sectores en defensa da industria da comarca.
Recolleremos tamén a absolución do médico investigado por homicidio imprudente por saltarse unha garda na Estrada en 2018, quenda na que morreu un paciente
- O concello de Pontevedra instrúe as persoas que adopten cans na protectora municipal
- O anteproxecto de Lei de Protección e Dereitos dos Animais prevé a obrigatoriedade desa instrución
Pontevedra aposta pola educación dos futuros donos de mascotas, con cursos de formación aos aqueles que queiran adoptar un can na protectora.
Los vecinos de un pequeño pueblo de Vila de Cruces, en Pontevedra, se turnan día y noche para cuidar a Lola. Es una vaca preñada que ha quedado atrapada y malherida junto a un río. Lola lleva desde el viernes atrapada en un cañón del río Deza. Y allí seguirá mientras no coja fuerzas para salir por su propio pie por un tramo con gran desnivel y rocas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
Segue a subida de casos, pero a repercusión nos hospitais non é a mesma que en anteriores vagas, grazas ó alto índice de vacinacións. Son os non vacinados, e as persoas con déficits inmunolóxicos, xunto ós que tiñan enfermidades previas, os que ingresan agora nos centros hospitalarios. Un cambio que hoxe estudará a Comisión de saúde pública, coa posibilidade sobre a mesa de muda-los baremos que rixen o cambio a nivel medio de risco. Hoxe Galicia está ó borde de subir a ese nivel, coa incidencia case nos 50 casos por cen mil habitantes. Se o cambio se aproba, quedaríamos aínda na "nova normalidade"
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
Xa están en liberdade os 19 activistas de Greepeaace detidos este luns por colocar unha pancarta nun dos depósitos da pranta de Reganosa en Mugardos.
Denuncian que o gas é caro e, ademáis, contamina.
A organización ecoloxista pide que se planifique a eliminación do gas como fonte de enerxía para evitar problemas laborais.
Morre, por covid, unha muller de 58 anos e sen pataloxías previas. Faleceu no seu domicilio na área sanitaria de Ferrol.
O goberno de España financia, con 2 millóns de euros, a remodelación da sede da Real Academia Galega na Coruña.
Comezan as obras de remodelación da cafetería Copacabana na Coruña. Leva dous anos pechada.
No tempo da entrevista, falamos co patrojn maior da Confraría de Pescadores de Camariñas.
Galicia segue a ser a comuidade con mellores datos COVID, pero aínda así a incidencia duplicouse en poucos días e xa se achega a 50 casos por cada 100 mil habitantes. A diferencia agora é que nos hospitais a situación é máis estable.
Aínda así, nos hospitais, nos servizos de urxencias, o persoal sanitario queixase da situación. Os médicos de Pontevedra cualifican de insoportable a presión asistencial.
O conselleiro de sanidade sinala que non fan máis horas das que lles corresponden.
E na víspera da folga xeral na Mariña, a reunión entre Nuñez Feijóo e a ministra de Industria non deixa nngunha boa nova para Alcoa ou Vestas.
O tempo. Pouco a pouco recuperamos a influencia do anticiclón, pero este martes aínda empeza con abundante nubosidade no norte.