Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Sen solución de momento pra garantir o emprego na Mariña, na fábrica de Alcoa... Nuñez Feijoo e a ministra Reyes Maroto reuníronse en Madrid no que o presidente define só como unha primeira toma de contacto. Si hai máis avances pra planta de Ence.

É unha das principais novas dunha xornada na que siguen aumentando os casos activos, un cento en 24 horas. A Xunta non descarta restricións mais non neste momento.


E en Reganosa, en Mugardos, unha protesta de Greenpeace contra a dependencia do gas rematou con máis dunha decena de activistas detidos.

Sen avances sobre as crisis industriais de Galicia no encontro entre o presidente da Xunta e a Ministra de Industria. A ministra insiste en que o problema de Alcoa é Alcoa, non hai cambios de postura na situación de Ence, e tampouco sobre Vestas... Sí houbo avances na confirmación de algúns sectores que contarán con proxectos nos fondos NExt Generation... coma o naval ou a automoción....

Os médicos de urxencias de Pontevedra cualifican de insoportable a presión asistencial. Séntense maltratados pola Administración. Atribúen parte do problema ó mal funcionamento da atención primaria.

Acción reindicativa de Greenpeace en Reganosa. Despregaron nun dos depósitos da regasificadora unha pancarta na que se podía ler "O gas é caro e contamina".

A RAG respalda a derogación do 'decreto do plurilingûismo' que demandou en Santiago asamblea xeral da rede europea pola igualdade das linguas. O presidente Víctor Freixanes pide que se garante que o glaego sexa o idimoma vehicular en tóda-las etapas educativas.

Empeoran os indicadores epidemiolóxiocos da pandemia do coronavirus.
Repuntan os contaxios e os casos activos.
Nas últimas 24 horas, detectaronse 53 novos positivos de Covid.
As pèrsoas que padecen a enfermidade rondan as 500
As hospitalizacións manteñense estables.

Chega ó porto de Ferrol un segundo barco con carbón pra central térmica de Endesa nas Pontes. Transporta 80.000 toneladas. (silvia)

A Universidade de Santiago convoca esta semana eleccións ó Reitorado e ó Claustro.

Deportes. O Deportivo suma tres puntos ó non presentarse o Extremadura en Riazor. Nova derrota do Obradoiro. (silvia)

No tempo da entrevista, falamos co fotoxornalista coruñés Felipe Alonso.

Milleiros de persoas volveron manifestarse en defensa da sanidade pública. Demandaron nas rúas de Santiago un reforzo do sistema de saúde pública, incluidos máis recursos e persoal, sobre todo en atención primaria a máis deteriorada coa pandemia.
E os casos de coronavirus levan unha semana aumentando. Xa hai case 1.200 persoas coa infección activa.
Este luns volveremos falar de Alcoa: o presidente da Xunta aborda en Madrid coa ministra de industria a situación da fábrica. A portavoz nacional do BNG visita a Mariña.
Deportes: O lugo sumou tres puntos en Amorebieta e en baloncesto, derrotas do Breogan e do Obradoiro.
O tempo... hoxe con máis nubes no terzo norte.

Manifestación en santigo en defensa da Atención Primaria. Milleiros de persoas demandaron máis orzamento e persoal. Acacabar coas litas de espera e que que se recupere a consulta presencial.
Nun domingo no que volveron aumentar os casos de COVI. As persoas coa enfermidade xa se achega ás 1.200
Das estradas, unha persoas morreu tras unha saída de via na autovía AG-64 en Xermade; outro ocupante do vehículo, resultou ferido, e tivo que ser excarcerado polos bombeiros.
As dúas menos 20, no tempo da entrevista, a nosa convidada vai ser Ana Pontón, reelexida portavoz nacinal do BNG.
Deporte en directo: partidos do Obradoiro e Celta "B".

Santiago acolleu unha das moitas manfestacións que se celebraron hoxe en defensa do sistema público de pensións. Protesta na rúa pola ameaza pra unha das grandes conquistas sociais.
Nun sábado no que lembramos o accidente do Prestige, hai 19 anos que quedou sen máquina fronte a costa galega e no que seguiron aumentando os casos de coronavirus. As persoas coa infección xa pasan do milleiro.
Nos próximos minutos tamén falaremos das linguas minoritarias: representantes medio cento de liguas minoritris demanda en Santiago unha maior protección pra estes idiomas.

Deportes. Non hai fútbol en primeira e hoxe tampouco hai participación galega no resto de categorías. O Lugo xoga mañá co Amorebieta.

O tempo. Seco e solleiro. 

O incremento dos casos de covid en Galicia fai que se estuden novas medidas. De momento, o subcomité clínico aproba pedir o certificado covid para os acompañantes nos hospitais. Os contaxios seguen á alza e xa rondamos en Galicia os mil casos activos. Eso sí, ainda moi por baixo da taxa media de incidencia en España...

E esta tarde, nova manifestación dos traballadores de Vestas para pedir solucións que eviten o peche da fábrica de compoñentes eólicos. Foi en Foz.
Malestar na Xunta tras coñecerse que finalmente o ministerio de Educación elimina para este curso os exames de recuperación na ESO: o conselleiro de Educación pide que se dea marcha atrás a esta medida.
 

Pesa dúas toneladas e media de peso en vivo e vendeuse por case corenta mil euros. Os donos coidárono en Xove durante nove anos coma se fose unha mascota

Filipe VI ao volante dun vehículo eléctrico en Vigo, en compañía do presidente da Xunta. O monarca apoia así o lanzamento de modelos comerciais lixeiros do grupo automobilístico Stellantis. // O Certificado Covid será obligatorio para entrar nos Hospitais. Así o aproba a Xunta, ante o aumento dos contaxios, que hoxe rozan xa os mil. Ourense segue a ser a área máis afectada. // O colectivo Espazo Matrioska, formado por artistas de fora de Galicia, busca nova sede para seguir enchendo de vida o rural máis despoboado. Hai sete anos establecéranse nun edificio cedido polo concello ourensán dos Blancos, que agora tiveron que abandonar.// Fin de semana de festivais gastronómicos. Dende os magostos ós concursos de tapas, Picadillo no norte, Petisquiño no sur. Tamén chegan os concertos de Acustiquísimos a Galicia. A estrea corre a cargo da madrileña Travis Birds, que actúa esta noite no Pazo de Congresos. 12-11-2021

Galicia roza os mil casos activos de covid, un nivel que non se acadaba dende hai dous meses. Ourense segue a ser a área sanitaria más afectada. A Xunta pide autorización ao Tribunal Superior para requerir o certificado covid para acceder aos hospitais.. // O rei Filipe VI está hoxe de novo en Galicia, cunha axenda que comezou en Vigo, onde se puxo ao volante das versións electricas dos vehículos de Stellantis.. // As vítimas reciben con esperanza a reapertura do caso da Maruxaina, decidida pola Audiencia Provincial de Lugo, ao considerar que se compremeteu a intimidade das mulleres ás que gravaron mexando durante a celebración desta festa en San Cibrao // Líbano, un boi de raza rubia galega, criado nuna explotación de Xove, e que acaba de batir record de prezo: 39.900 euros polas suas duas toneladas e media de peso. A sua carne será vendida por internet. 12-11-2021

A fin de semana empeza con influencia anticiclónica, con ceos alternando nubes e claros na metade norte e pouco nubrados ou despexados no sur. As temperaturas con mínimas por debaixo de 10 graos e máximas que suben ata 20 en Pontevedra. 12-11-2021

Galicia roza os mil casos activos de covid, un nivel que non se acadaba dende hai dous meses. Ourense segue a ser a área sanitaria más afectada. A Xunta pide autorización ao Tribunal Superior para requerir o certificado covid para acceder aos hospitais.. // O rei Filipe VI está hoxe de novo en Galicia, cunha axenda que comezou en Vigo, onde se puxo ao volante das versións electricas dos vehículos de Stellantis.. // As vítimas reciben con esperanza a reapertura do caso da Maruxaina, decidida pola Audiencia Provincial de Lugo, ao considerar que se compremeteu a intimidade das mulleres ás que gravaron mexando durante a celebración desta festa en San Cibrao // Líbano, un boi de raza rubia galega, criado nuna explotación de Xove, e que acaba de batir record de prezo: 39.900 euros polas suas duas toneladas e media de peso. A sua carne será vendida por internet. 12-11-2021

O rei Filipe VI está hoxe en Galicia. A primeira hora da tarde participará nun acto da Confederación de empresarios de Galicia, ó ue tamén asiste o presidente da patronal española. Antonio Garamendi realizou antes unha ofrenda ó Apóstolo, e amosouse optimista sobre a situación económica...

Pero a axenda do Rei arrincaba en Vigo, en Stellantis. Alí asistíu a presentación das versións eléctricas dos vehículos comerciais lixeiros do grupo Stellantis na fábrica de Balaídos. Tamén realizou unha visita á fábrica...