Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O tribunal superior de Xustiza de Galicia autoriza á Xunta a esixi-lo certificado Covid pra acceder a hospitais e centros sanitarios como acompañantes. A orde exclúe desta esixencia os servizos de urxencias e as consultas externas. Os non vacinados tamén poderán acceder, se prevuamente realizan unha proba diagnóstica

Os gandeiros obrigan a varios supermercados a retirar da venda o leite de Puleva e Larsa. Inician un boicot ás marcas de Lactalis e Central Lechera Asturiana ás que acusan de non repercutir nos productores a suba nos prezos de venda.

A Xunta vai compensar ás construtoras con obra pública e que se vexan afectadas polo encarecemento dos materiais. A iniciativa pretende evitar que as adxudicatarias desistan dos encargos por non poder afronta-los sobrecustos.

AENA activou o plan de emerxencia no aeroporto de Alvedro por unha ameaza de bomba nun voo procedente de Bilbao. A incidencia foi desactivada en torno ás dez da mañá despois de que a Garda civil comprobara que se trataba dunha falsa ameaza de boma.

Un de cada tres nenos galegos está en risco de pobreza. Son datos da plataforma de organizacións de infancia de Galicia que demandan que a protección dos menores sexa eixo prioritario no uso dos fondos next generations.

A Devesa da Rogueira, en Folgoso do Courel, é o primeiro bosque español con certificado FSC, que promove valores de biodiversidade.Neste boque non se cortan árbores para aproveitamento da madeira. A xestión forestal que se fai é só para a conservación.

Preocupan os datos da pandemia do coronavirus na provincia.
As persoas que padecen a enfermidade, os casos activos, son xa 650.
Tamén aumentan os novos contaxios.
As hospitalizacións, porén, manteñense estables.

Os veciños de Brandía concentranse esta mañá diante do concello de Santiago. Protestan pola instalación dunha gasolineira no barrio.

O BNG quere que a lei de memoria democrática garanta a devolución dos bens do Pazo de Meirás.

Deportes. O Villarreal, rival do Victoria da Coruña na Copa do Rey de fúbol.

No tempo da entrevista, falamos co director dos Museos Científicos Coruñeses, con Marcos Pérez Maldonado.

Hoxe reabren os chamados vacunódromos, os puntos de vacinacións masiva nas grandes cidades para poñer a dose de reforzo, primeiro, as persoas de entre 70 e 70 anos.
Nun momento no que aumenta a preocupación polo aumento de casos...ó ritmo actual a semana que vén xa estaremos 400 casos diarios.
Nos próximos minutos estaremos en Ourense, onde varios miles de persoas demandaron cambios na xestión da cidade. E xa están no cárcere as dúas mulleres que foran detidas por la morte dunha veciña do BArco.
Deportes....o Victoria recibirá na primeira ronda de Copa a un equipo de champións, o Vila.real.

En dúas semanas comeza decembro, mes de xuntanzas familiares de amigos, e a pandemia non para de medrar en Galicia, cada vez a maior ritmo. A Xunta prepara medidas.

É unha das principais novas dunha xornada de protestas a destora en Ourense. Moitos veciños piden un cambio de aire nas políticas actuais e dos últimos anos. Falan de clientelismo e de pouco interese en mellorar a vida da cidade.

A evolución dos casos de coronavirus en Galicia colle impulso e sitúa a incidencia a 14 días no triplo que hai quince días: de 20 a case 60 casos por cen mil habitantes. Ó presidente da Xunta preocúpalle esta evolución. E adianta que o certificado covid podería ser esixido pra máis actividades se segue esta evolución.

O aumento de casos chega ás escolas. Hai máis de 300 positivos e 16 aulas pechadas. No colexio Álvarez Limeses de Pontevedra detectáronse 17 infectados e hai 75 cativos confinados.

O BNG quere que a lei de memoria democrática garantice a devolución dos bens incautados polo franquismo en Galicia. o deputado do BNG, Néstor Rego, cita en concreto o Pazo de Meirás e a Casa Cornide.

O comercio encara campaña de Nadal como o punto de inflexión para superar a pandemia. Din que foi o sector económico máis afectado pola pandemia.

A Denominación de Orixe Rías Baixas alcanza cifras históricas de exportación. As vendas fóra creceron un 12 por cento a pesar da situación adversa provocada pola COVID.

OS alcaldes de A Coruña e Vigo reclaman máis cartos para os concellos.
Inés Rey e Abel Caballero, que se reuniron este mércores na cidade olívica, queren que os municipios non sexan os grandes olvidados da nova ley de financiamento que prepara o goberno central.
Reclámanlle máis rrecuros a Xunta e piden que se lles permita xestionar os fondos europeOs NeXT Generation.

O concello da Coruña recorre a sentenza do tribunal superior de Xustiza de Galicia que anula a rebaixa das tarifas do bus urbano. Está en vigor desde febreiro de 2019.

A Policía nacional entrega no xulgado vídeos sobre o crime do mozo coruñés Samuel Luiz. Foron extraídos do teléfono dun dos detidos.

Comisións obreiras convoca 5 días de folga no servizo de otorrinolariNgoloxía do Hospital clínico de Santiago. O paro será en decembro

Deportes. O victoria da Coruña debuta na Copa do Rey, gañalle ó Hernani e agora enfrontarase a un equipo de primeira división.

A Mariña non quere quedar sen futuro. A comarca mobilizouse onte para demandar investimentos que eviten que teñan que emigrar. Agora son Alcoa e Vestas as que están en perigo, pero antes xa pecharon moitas pequenas empresas.
O paro reivindicativo foi case xeral.
Preocupa o aumento de casos de coronavirus cunha incidencia crecente. A Xunta de momento non prepara, de momento novas restriccións, pero a semana que próxima ten prevista unha reunión cos hostaleiros para analizar a situción.
E hoxe lembramos a Dario Xoan Cabanas. Galicia perdeu a un dos oetas más relevantes.
Deportes... pola tarde sorteo de Copa... no que estará un equipo galego de preferente, o Victoria que se medirá con un primeira.
O tempo...noite con algunha xeada, pero polo dia teremos ceo limpos e máximas próximas ós 20 graos.

A Mariña alza a voz, quere un futuro, e non só pra industria: pra todos os ámbitos. Precisan mellores conexións por tren e carretera, e máis investimento sanitario.


É unha das novas dunha xornada de protestas tamén das traballadoras das conserveiras.

Todo tras un novo repunte dos casos activos, e con forte incremento nas escolas... en seguida coñeceremos todas as cifras... a xunta xa se prepara pro Nadal, non quere repetir a ola que chegou o pasado xaneiro.

Actividade paralizada en comercio, hostalaría e polígonos industriais na primeira folga xeral na comerca da Mariña. Milleiros de persoas participan na manifestación en Burela para denunciar o desmantelamento industrial da comarca