Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A CIG rexeita o pacto de rendas que propón o goberno. Nunha concentración na Coruña, o secretario xeral, Paulo Carril, sinalou que unha das claves para sair da crise pasa por manter o poder adquisitivo dos trballadores.


Acordo para a revalorización da carne Ternera Galega e Suprema. Nel participan unha vintena de organizacións que implica transparencia nos prezos que paguen os matadoiros e unha campaña de promoción desta carne.

Os productores de mexillón piden á Xunta que amplíe as zonas onde poden recoller mexilla. Din que está en perigo a produción do vindeiro ano e insisten en que a súa actividade non afecta á dos percebeiros.

A semana que vén o Partido Popular de Galicia abordará o relevo de Feijóo.
Para sustitui-lo, quen máis soa e o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda. Rueda agradéceo, pero asegura que de momento non se falou de nomes.

O tempo. Xa con temperaturas algo máis baixos, nótase máis na metade norte.

A convocatoria do paro no transporte mantense pero a situación é moi distinta á das dúas primeiras semanas, aínda que a normalidade aínda tardará días en recuperarse. Hoxe o día clave porque o consello de ministros ten previsto aprobar as medidas pactadas cos sectores máis afectados.
Sobre a pandemia, xa saben, agora os positivos xa non teñen que illarse. O seguinte paso será a eliminación da máscara en interiores pero iso aínda tardará unhas semanas máis, segundo sanidade.

O tempo. Nubes e claros. Anúnciase unha baixada das temperaturas.

Terceira semana de parón dos trasportes, a platforma convocante segue a rexeitar os acordos co Goberno, pero o seguemento xa non parece ser tan unánime coma nas xornadas anteriores. Hoxe algúns trasnportistas volveron traballar, mentres outros se concentrtaban sobre todo en Ferrolterra e no Porriño

Moi Boas Tardes... e aos paróns nos transportes tamén se sumaron algúns establecementos hostaleiros. Esta mañá 21 asociacións e locáis, sumáronse ao parón convocado pola asociación hostalaría.gal. esta tarde houbo concentracións dos hostaleiros da Costa da Morte, en Ponteceso e Vacio.

O paro do sector do transporte chega á terceira semana con menos apoios en Galicia. Algunhas asociacións coma APETAMCOR ou TRADIME acordaron continuar cos paros porque non ven suficientes as medidas adoptadas polo goberno, ainda que por maiorías escasas. Hoxe mobilizáronse de novo, especialmente en Ferrolterra e no Porriño. No resto de Galicia, os camións volveron circular e cargar mercancía, que consideran que poden palia-la sba dos combustibles, á espera de coñece-la letra pequena deses acordos, que m´ñá serán aprobados no consello de ministros. Fará falla en todo caso máis tempo de actividade pra recupera-la normalidade nos peiraos, onde se acumulan os contedores.

Non ós recortes na sanidade pública ou atención digna nos centros de saúde... con estas consignas nas rúas de Marín uníronse as mobilizacións convocadas en todo España en defensa da atención primaria.

 En, Mos controlado o incendio do polígono do Rebullón, SEIS noves afectadas,4 totalmente queimadas. As lapas iniciáronse de madrugada no local dunha empresa de transporte.

Precisamente, os transportistas piden accións urxentes, din que as promesas no se concretan e que non poden esperar máis, a maioría dos que secundaban os paros mantéñenos, esta mañá nas pontes os camioneiros que trasladan o carbon de ferrol á termica de endesa decidiron seguir parados.

Tamén a pesca á espera de detalle das accións pactadas co ministerio, no noso tempo de entrevista falaremos da crise do sector pesqueiro co secretario xeral da organizacion Pescagalicia, Torcuato Teixeira