As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Alfonso Rueda, que mañá será elexido presidente da Xunta, remarca que non pretende ser coma Feijóo. No seu discurso de investidura púxolle deberes ó Goberno central, enumerou os asuntos que ten pendentes con Galicia, e anunciou, entre outrs cousas, unha reducción do tramo máis baixo do IRPF e a inclusión da vacina contra o papiloma tamén nos nenos. A opsoción veu no discurso de Rueda unha mensaxe do pasado.
Deportes. En fútbol, derrota do Celt en Barcelona; e, en baloncesto, perdeu o Breogán en Fuenlabrada.
o tempo. Hoxe de novo as néboas van suavizar ás temperaturas na franxa costeira. No resto van seguir altas
Alfonso Rueda asumirá a presidencia da Xunta co seu propio estilo. Así o remarcou hoxe no seu discurso na primeira sesión do debate de investidura. Nun discurso de pouco máis dunha hora de duración, Rueda deixou anuncios en clave fiscal e sanitaria e avanzou que lle pedirá audiencia ó presidente Pedro Sánchez.
O xulgado de Pontevedra autoriza a venda do estaleiro Barreras finalmente ao grupo Armón, por ser a mellor oferta económica. Dende a Asociación de industrias do metal de Galicia, Asime, celebran esta decisión. Non é asi, dende o comité de empresa que anuncian alegacións xa que o grupo asturiano só se compromete a manter a unha pequena porcentaxe dos traballadores actuais.
- A canción foi o himno da "Revolución dos Caraveis", que derrocou a ditadura portuguesa, en 1974
- A universidade compostelá conmemora aquela actuación mítica, en pleno franquismo
A Universidade de Santiago celebra o 50 aniversario do mítico concerto de José Afonso, no que estreou o Grándola Vila Morena, o tema que se convertiría en emblemático da revolución dos caraveis de Portugal e marcou a toda unha xeración de estudantes.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O xulgado autoriza a venda de Barreras ó grupo Armón ó ser a mellor oferta económica. A xuiza consider que os traballadores non ofreceron argumentos que xustifiquen a necesade de contar con todo-los trabaladores para recuperar a actividade.
Os transportistas acusan ás petroleiras de subir o prezo do gasóleo de maneira fraudulenta. Ampalian unha demanda de 2020 na que esixen a devolución do que cren que se lles cobrou indebidamente.
A corporación de Cambados celebra á tarde un pleno para manifestarse contra o informe de Costas que cuestiona o futuro de tres depuradoras. Candrando coa sesión están convocada unha concentración que apoian tódalas forzas políticas e os sectores afectados.
A Universidade de Santiago conmemora hoxe os 50 anos do concerto que 'Zeca' Afonso deu na cidade. Foi en maio do 72. Neste concerto interpretou por primeir vez o tema "Grádola, vila morena" que despois se convertiría no himno da revolución dos caraveis.
Do tempo, poucos cambios, aínda con temperaturas moi cálidas e con esas brétemas costeiras que chegaron a pasada tarde...
Primeira xornada do Debate de Investidura de Alfonso Rueda coma novo presidente da Xunta de Galicia logo da marcha de Alberto Núñez Feijóo.
- El vicepresidente en funciones de la Xunta expresa su deseo de que Galicia "siga siendo un referente de normalidad"
- En su discurso de investidura reprocha al Gobierno que premie las "deslealtades"
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
En menos de dúas horas, Alfonso Rueda, vai pronunciar o seu discurso como candidato ó a presidencia da Xunta. ás nove e media comeza o debate de investidura. Na cámara galega aínda estará neste pleno o aínda presidente en funcións, Alberto Núñez Feijóo, que en días vai cambiar o escano do Hórreo polo do Senado o que lle mereceu as críticas da oposición que ve nese cambio o xeito de que Feijóo continue aforado e que o PP se aforre dous salarios.
Poderán seguir o discurso de Rueda e o xoves as intervencións da opsoción polo circuito galego de Radio 5.
o tempo. Hoxe as néboas van suavizar ás temperaturas no litoral norte. No resto van seguir altas
Deseguido ampliamos a previsión antes comprobamos como empeza a xornada nas principais cidades
Á vespera da investidura de Alfonso Rueda, Os hasta agora senadores do PP por designación autonómica do Parlamento de Galicia, Juan Serrano e Elena Muñoz, formalizaron hoxe a sua renuncia ó seu escano na cámara alta a favor de Feijoo e Miguel Tellado. Mentres, na oposición critican que o PP realice un uso partidista do Senado.
Controlado o incendio forestal do municipio de Begonte, en Lugo que queimou máis de 25 hectáreas. Medio rural confirmou que ainda están pendentes dunha nova medición para saber as hectáreas reais afectadas.