Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Non hai veto ó arrastre de fondo nas áreas mariñas protexidas da Unión Europea. A eurocámara suaviza o informe que se someteu a votación e aproba un documento que vincula futuras restriccións ós informes dos científicos.
Brreras: o administrador concursal elixe a oferta de Armón polo estaleiro en contra da opinión dos sindicatos porque o grupo asturiano só prevé conservar 20 dos 120 traballadores.
E, en Ourense, o alcalde Pérez Jácome convertiuse no protagonista da primeira xornada de folg nos buses urbanos co empurrón a unha sindicalista, que anuncia a presenticón dunha denuncia.

O tempo. case sen nubes e vana subir algo as temperaturas máximas, sobre todo canto máis ó sur, nun momento ampliamos a previsión antes comprobamos como empeza a xornada nas principais cidades.

No Día da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, as principais asociacións galegas mobilizaronse para reclamar mais persoal e reducir as listas de espera.

No eido político, Alfonso Rueda, anunciaba esta mañá que contará con Francisco Conde, actual vicepresidente segundo, e o presidente do PP da Coruña, Diego Calvo, no seu futuro goberno.

A eurocámara pediu este martes prohibir a pesca de arrastre en areas protexidas. os europarlamentarios abogan polo uso de métodos de pesca menos dañinos pros ecosistemas mariños.

ESPERA E DESESPERA. Este é o nome que escolle a confederacion de persoas con discapacidade COGAMi pra resumir a situación deste colectivo en galicia. As cifras pra conseguir un certificado chegan ó ano e son superiores as da media nacional. No dia internacional da convencion dos dereitos das persoas con discapacidade as organicacions que representan a este colectivo mobilizaronse por toda a comunidade. Denuncian a falta de medios e de avaliacion axeitada da sua situacion... algo que lles dificulta por exemplo acceder a prestacions que faciliten a inclusion e a igualdade.

Comezou o proceso para a investidura do futuro presidente da Xunta. Esta mañá O Presidente do Parlamento, Miguel Santalices reuniuse cos representantes dos grupos parlamentarios para propoñer un candidato.

Será Alfonso Rueda, quen conta coa maioría absoluta do PP na cámara galega. O pleno para a súa investidura celebrarase a vindeira semana. O sábado 14 tomará posesión. A Oposición xa anunciou que votará en contra.


E tras a fin de semana os hospitalizados con covid subiron en todalas áreas sanitarias agás Ferrol. Galicia acumula así o maior número destes doentes no que levamos de ano. Son 745. Con todo a Consellería de Sanidade fai un chamento a tranquilidade e pide precaución.

Súfreno un de cada cinco nenos galegos, medran as agresións a través do móbil e as redes. Os expertos recomendan fomentar a confianza para detectar cando antes os sinais das vítimas.

Alfonso Rueda é xa formalmente o candidato a suceder a Nuñez Feijoo como presidente da Xunta despois de que o PP comunicase o seu nome ó presidente do Parlamento. Miguel Santalices reuniuse cos voceiros dos tres grupos da cámara... os socialistas dan uns días de cortesía a Rueda pra saber as súas propostas antes de decidir o seu voto... o BNG xa anuncia que, como era de esperar, non votarán a favor da investidura do actual vicepresidente en funcions, en todo caso, está garantida coa maioría absoluta popular. O día 14 Galicia terá novo presidente.