Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

En marcha a sesión de investidura de Alfonso Rueda, coa intervención de todos os grupos da Cámara. A primeira quenda foi a do voceiro socialista. Luis Álvarez di que estamos ante un discurso do PP
repetitivo, máis do mesmo, que pertence a un tempo pasado: sen norte, sen rumbo e sen programa.

A líder da oposición, Ana Pontón, reivindicou a riqueza de Galicia e o seu capital humano. Afirmou que un cambio é posible: avoga por unha sanidade e educación de calidade, sen recortes e por unha comunidade con emprego para os mozos.

O voceiro do PP, Pedro Puy, defendeu a lexitimidade de Alfonso Rueda como líder dos galegos. Rueda intervén arestora, nos primeiros minutos do discurso pediu á oposición que escoite con atención as súas propostas, que non se cingan ó NON. Será investido cos votos da maioría absoluta do PP. O sábado tomará posesión do cargo coma o sexto presidente da historia da Xunta de Galicia -o único sen eleccións previas-.

Nunhas horas Alfonso Rueda convertirase no sexto presidente da Xunta, pero o primeiro elexido polo Parlamento sen unhas eleccións previas.
Ás once reanúdase o debate de investidura que poderán seguir a través do circuito territorial de R-5.
O transporte urbano en Ourense recupera a normalidade tra-lo acordo entre o comité e a empresa refrendado despois pola asebmela de traballadores.

Deportes. O Obradoiro asegúrase a permanencia na liga ACB unha temporada máis tras gañar en Badalona ó Joventut por seis puntos..
o tempo. Subiron as temperaturas mínimas... continúas as neboas matinais.

Á véspera do pleno de investidura , Alberto NUñez Feijoo aplaudía este mércores o discurso do seu sucesor Alfonso Rueda do que resaltou a súa ampla experiencia de goberno. Tamén, aprobeitou para responder ás críticas da oposición sobre o seu posto como senador. Un papel, que dixo, pode desenvolver con dignidade pola sua traxectoria politica.

En Ourense, o conflito do transporte urbano parece que chega ao seu fin trala sinatura dun acordo esta tarde entre os traballadores e a empresa concesionaria.
 

Armón quere relanzar o estaleiro Barreras coa construcción de ferris. O director da factoría di que non poden asumir ós 120 traballadores actuais, pero que crearán moitos postos de traballo na industria auxiliar.

O patrón maior de Bueu alerta de que dun tempo a esta parte non medra nada nas rochas. José Manuel Rosas asegura que percebes, mexillón ou algas non se fixan como antes e pide que se investiguen as causas.

Os donos de vivendas turísticas réstanlle importancia á sentenza que obriga de dispor dunha licenza municipal pra exercer esta actividade. A asociación Aviturga desbota que a resolución a un caso concreto poida extrapolarse sen máis a tódolos pisos que funcionan só con autorización da Xunta.

En Ourense, o conflicto do transporte urbano está máis preto dunha solución. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, da por case feito o acordo. Esta tarde hai unha novar reunión entre as partes.