o derrubamento do viaducto do castro na Autovía A6 obriga a desviar o tráfico de xeito indefinido pola localidade de Pedrafita. Tal e como se facía 25 anos atrás. Segundo as primeiras hipóteses, o colapso puido deberse a un problema na estrutura interna da vía.
O xulgado do penal de Santiago vén de ratificar as datas pro xuizo polo accidente do tren Alvia. Comezará o 5 de outubro e realizarase durante 9 meses ata xuño do 2023, na Cidade da Cultura
3.500 profesionais participan dende hoxe en Vigo no Congreso da Sociedade de Medicina de Urxencias e Emerxencias cun amplo contido formativo. A organización reclama que se imparta en España esta especialidade médica como solución á falta de urxenciólogos.
A principal vía de comunicación entre Galicia e a meseta, a autovía A6, volve estar cortada. A caída dun vano do viaducto do Castro provocou o desvío de todo o tráfico rodado pola antiga nacional. Un peche por tempo indefinido mentres se avalían os danos provocados polo derrubo nos pilares do viaducto, que levaba un ano en obras por problemas estruturais graves. A esta hora comparece en Pedrafita o director xeral de estradas do ministerio pra informar sobre a situación
- Familiares dos falecidos do Villa de Pitanxo concentráronse ante o Congreso cadrando coa intervención do presidente do Goberno.
Queren trasladarlle en persoa a Pedro Sánchez a súa petición de baixar ó barco afundido.
- Xuntanza en Ferrol entre a conselleira do Mar e os responsables das confrarías pra abordar sa escasez de marisco na ría.
A Xunta céntrase na retirada dos depredadores da ameixa e na rexeneración dos bancos, pero os mariscadores cren que estas medidas non abondan.
- Os médicos de urxencias urxen ó goberno central á creación desta especialidade.
España e Portugal son os únicos países da Unión Europea nos que non existe e teñen que instruirse en congresos como o que desde hoxe se celebra en Vigo.
- Protesta do profesorado durante os recreos contra a política de persoal da consellería de educación.
Convocaba a CIG que denuncia sobrecarga de traballo, burocracia e a falta de respeto ó colectivo docente
A Audiencia Nacional admite a trámite a querela das familias do Villa de Pitanxo contra o patrón e a casa armadora do arrastreiro. Mentres, no Parlamento e no Congreso se aprobaron senllas iniciativas nas que se insta ó goberno a poñer o medios para baixar ó pecio.
E, aviso ós conductores...O ministerio de Transportes decide cotar ó tráfico a A-6 na subida a Pedrafita desde o lado leonés. Faino despois de que se derrubara un viaducto que estaba en obras.
O tempo. Continúa a inestabilidade, pero esta mañá con temperaturas máis altas
Primeira xornada das probas de acceso á universidade. Este ano a novidade é que poden realizar a ABAU aqueles que teñan unha materia suspensa, sempre que cumpran certos requisitos e co visto bo do profesorado do instituto. Por diante quedan aínda dous días máis.
E unha boa nova para as familias dos 21 falecidos do Villa de pitanxo. A Audiencia Nacional admite a trámite a sua querela contra o patrón do barco e a armadora por homicidio imprudente grave.
Instrumentos, prendas, obxetos de uso cotián e outros materiais da banda máis influínte na historia da música pop amósanse nunha mostra, considerada das máis amplas feitas ata agora sobre a mítica banda de Liverpool.
Xornada de nervios hoxe pra máis de 12 mil galegos, que inician uns días que marcarán en parte o seu futuro. Comezaron os exames da ABAU, as probas de acceso á universidade, este ano por fin sen máscara, ainda que persisten algunhas medidas. E no educativo, atopamos entre os examinados a algúns que tiveron unha asignatura suspensa, se o profesorado considerou que podían continuar os seus estudos.