Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A lei para a ordenación do litoral galego dá un paso máis. O consello da Xunta aprobou o anteproxecto da norma, avanza así na súa loita co goberno central para poder administrar a zona costeira desde a nosa comunidade.

O goberno galego pretende identificar as actividades estratéxicas e dar seguridade xurídica ás empresas que traballan no litoral

- Os médicos pidenlle ó SERGAS non recurra a sentenza que o condena por vulnerar dereitos laborais en atención primaria

Asegura que o fallo evidencia que non funcionan as axendas de consultas tal como están establecidas.

- A asociación Vellez Digna pide á Xunta que cambie o protocolo de visitas dos familiares ás residencias de maiores.

Denuncia que as deixa á discrecionalidade dos centros e que estes cometen abusos contra os dereitos de familiares e usuarios.

- O xuízo polo accidente do tren Alvia interrómpese ata despois de Nadal.

En xaneiro reanudarase a fase de declaración de peritos, logo de que hoxe compareceran tres policías.


- Representantes de Comisións Obreiras entregaron na delegación de goberno 5.000 das sinaturas pra demandar un gran pacto pola industria.

Este sindicato apostan por aproveitar o momento para reindustrializar o país. Sinala que Galicia conta con recursos e experiencia en sectores moi diversificados

As peaxes na AP9 e na A53 poderían conxelarse en 2023. O Congreso ven de aprobar unha proposta non de ley pra instar a Pedro Sánchez a evitar a suba prevista a partir do 1 de xaneiro.

E no mar o Consello Galego de Pesca pide compensacións pros pescadores do cerco e fisterra que non poderán pescar xurelo, ante a prohibición de Bruxelas.
 

O Tribunal superior condena a Sanidade por vulnerar os dereitos dos médicos e pediatras de atención primaria. Considera probado que o SERGAS incumpre coas súas obrigacións en materia de prevención de riscos laborais, en relación co exceso de carga de traballo.

A Xunta fai un chamamento a doazón de sangue pola caída das reservas. Os grupo sanguíneos que máis falla fan agora mesmo son o 0 positivo e o A positivo.

A confraría da illa de Arousa persoarase na demanda por un vertido de fuel. O patrón maior, Juan José Rial, sinala que hai afeccións nos bancos marisqueiros.
Só hai constancia de efectos na ría de Arousa.

Xa viaxan cara Granada os restos óseos extraídos no marco dunha investigación que trata de determina-la orixe de Colón. Na Facultade de Medicina extraerán material xenético para comparalo co obtido dos restos analizados do descubridor e de dous familiares.


O tempo. As chuvias limitaranse á metade sur... temperturas un pouco máis baixas.

O Consello galego de pesca analiza hoxe o acordo sobre as capturas permitidas en 2023. Non hai TAC 0 pra xurelo e anguía, pero non evita que o cerco fale de "catástrofe". Mellor foi o resultados pr outras especies de gran interés pra a pesca galega como a pescada, a xarda ou linguado. Ademais hai espectativas dun acordo positivo co Reino Unido. Agora escoitamos as opinións. Tamén as dos transportistas que piden que se aclare xa que vai pasar coa bonificación do gasoil.

O tempo.
Hoxe teremos chuvias, máis probables no suroeste. As temperaturas seguen con valores altos para esta época do ano

A frota galega denuncia que a cota pro xurelo acadada trala reunión de ministros de pesca da Unión Europea é insufiente e vai ter un gran impacto socioeconómico é unha das novas que deixa este martes 13 de decembro...

Tamén, A ministra de educación , Pilar Alegria, presidiu este martes unha reunión coas comunidades autonomas pra acordar formalmente o aprazamento por un ano á nova ABAU . Algo que Galicia pediu xunto a outras 14 comunidades ao considerar que incrementa a desigualdade entre os alumnos.