Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O paro baixou en case mil persoas en Galicia neste més de novembro. Un 6,5% menos que no mesmo més de hai un ano. Maís traballadores, que se concentran sobre todo no sector servizos, pero menos cotizantes na Seguridade social ca hai un ano. 1.093 concretamente
 

No Parlamento, sesión de control, na que o presidente da Xunta anunciou que reclamará ó goberno central o doble de compensancións pra Galicia do que o executivo LLE concedeu a Aragón polo memso motivo.

962 parados menos en Galicia pero 1093 cotizantes menos en novembro. Son as dúas principais cifras que deixa a mañá. O sector que lidera a caída do paro é o servizos, que inflúe na baixada do desemprego feminino. Con todo, as mulleres representan máis do 58 por cento do total de persoas sen traballo. Por provincias, Pontevedra e Ourense sitúanse á cabeza en descenso do desemprego, A Coruña é a única provincia na que sobe.

Os sindicatos poñen a nota negativa na caída de cotizantes, dunha décima. A Xunta destaca que nunca houbera un mes de novembro tan positivo na serie histórica.

No xuizo dod Alvia, este xoves escoitáronse duras criticas a actuación do ADIF. Un crgo comunitario cusou ó xestor de infraestructuras ferroviarias de non avaliar os riscos da curva da Grndeira e deixar a mitigción do perigo en mans dos maquinistas.
En Lugo... xa está no cárcere o autor confeso da morte de Cristina Cabo. Onte a noite os lugueses ostraron a sú repulsa por este crime.

No tempo.
Hoxe Galicia permanecerá na influencia das altas presións.

No xuicio polo descarrilamento do Alvia, esta mañá compareceu o Director de Seguridade da Axencia Ferroviaria Europea. Christopher Carr quen ratificou que o proxecto careceu dunha análise de riscos axeitado e que non foi avaliado por un organismo independente.

A espera de que ingrese na prisión de Bonxe en Lugo, o único detido e asasino confeso de Cristina Cabo. Esta tarde o Cuiz decretou pra el a prisión provisional comunicada e sen fianza, por homicidio.
 

Día marcado en vermello no calendario do xuízo do Alvia. Declaración como testemuña do ex responsable da Axencia Ferroviaria Europea, organismo que puxo en dúbida a independencia da investigación española sobre o accidente. Christopher Carr é taxante: xa houbera descarrilamentos anteriores ó de Angrois por exceso de velocidade, sen embargo, non se avaliaron os riscos que implicaba non ter sistema de freado ERTMS.

Tampouco se puxeron alternativas para suplir esa función e, posteriormente, a Comisión de Investigación do Ministerio de Fomento non tivo en conta ningún deses dous feitos. Sinalou a Adif, cuxo ex xefe de seguridade é un dos acusados, pero tamén sinalou a Renfe.
 

Os mriñeiros que recolleron ós superviventes do Pitanxo confirmaron na Audiencia Nacional que o patrón do barco afundido e o seu sobriño cambiaron a súa versión das causas do naufrxio. Tamén que o tempo ese 15 de febreiro non era tn malo.
No xuizo do Alvia, hoxe declara o exxefe de seguridde da Axencia ferroviaria europea. E, en Lugo, hoxe podería pasara a disposición xudicial o home detido acusado de matar o domingo a Cristina Cabo.. descoñécese o móbil dunha acción que segundo algúns medios, xa confesou...

No tempo. Cambio radical. Acabou novembro con chuvias intensas, empeza decembro con ceo despexado e máis frío: imos quedando na influencia dun potente anticiclón.

Xornada de protestas en defensa da atención primaria e a sanidade pública. A platafomra Sos sanidade convocou a poboación a manifestarse por toda Galicia. Esta mañá xa o fixeron en Moaña ou en ou Pontearéas, e dende as sete desta tarde fano tamén nas principáis cidades galegas e noutras localidades.

E en Madrid, os trece tripulantes do Menduiña, o pesqueiro que recolleu ós superviventes do Villa de Pitanxo, confirmaron que patrón e o sobriño do Pitanxo cambiaron a versión sobre o sucedido.