Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Atención ó vento que vai continuar soprando con refachos moi fortes durante todo o día. Xa se rexistraron 140 quilómetros por hora en Viveiro. De momento, non hai que lamentar incidentes significativos. Tamén haberá chuvias intensas ó oeste da comunidade.
Tamén aviso laranxa no mar.
Pouco despois da media noite tivo lugar un accidente mortal na estada que vai das Pontes a Ortigueira. Foi tra-lo choque entre dous coches. Faleceu o conductor e único ocupante dun dos vehículos

O sector da alimentación vive hoxe en Galicia unha xornada de protestas. En Santiago 500 persoas manífestaronse convocados polo BNG contra a suba de prezos. Denuncian que mentres a banca e as enerxéticas aumentan os seus beneficios os cidadáns non chegan a fin de més.

Na Coruña as traballadoras de Velgalsa-Eroski, piden volver ao convenio propio que supuña 3000 euros máis de soldo ó ano

O desartellamento dunha banda criminal dedicada ao narcotráfico en Galicia. deixa 13 detidos na comunidade. A Garda Civil, di que se trataba dunha das máis activas en Galicia

.....As traballadores de Indetex na Coruña vovlerón sañir as rúas pra reclamar o igual tratamento das dependentas que do resto dos traballadores da multinacional. Piden subas salariáis, ante a ameaza de ir a unha folga indefinida.

Granada inicia accións legais fronte a elección da cidade da Coruña como sede da AESIA, a axencia estatal de supervisión de intelixencia artifical. O alcalde granadino sinala a falta de transparencia no proceso mentres a rexidora coruñesa defende a elección da cidade herculina fronte as outras 16 cidades españolas

Granada acudirá a la justicia para impugnar la decisión del Gobierno central de otorgar la sede Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial a A Coruña. Así lo ha anunciado hoy mismo su alcalde, que considera que los criterios de la elección no son transparentes. Desde A Coruña ya han respondido: aseguran que no quieren entrar en polémicas.

O alcalde de Granada anuncia acción xudiciais contra o acordo do Consello de ministros que outorgou á Coruña como sede da Aesia.

O rexedor granadino, tamén socialista como a da Coruña, asegura que, segundo vai coñecendo máis detalles do proceso de designación da Coruña vai aumentando a súa indignación e lamenta a falta de transparencia do proceso

Polémica pola elección de A Coruña como sede da Axencia Estatal da Intelixencia Artificial. Nin dúas semanas despois da decisión do goberno, unha das cidades candidatas, Granada, estuda impugnar a elección. O alcalde reúne ás institucións implicadas para analizar a transparencia do procedemento. Considera que os membros do executivo non actuaron de forma correcta.

Francisco Cuenca, alcalde granadino e compañeiro de partido da rexedora coruñesa Inés Rey, é claro: canto máis sabe de como foi a elección, máis dúbidas lle crea

- Monforte acollerá un novo Centro de Competencias Dixitais de RENFE, segundo anunciou a secretaria de Estado de Transportes.

Estará especializado en operacións de ciberseguridade. Será o primeiro destas características a nivel europeo.

- En Arousa continúa a vixilancia da mancha de fuel que, nas últimas horas, obrigou a pechar a recollida de mexillón en varias bateas da Pobra do Caramiñal.

Faise un seguemento por terra e por mar. o vento e as correntes axudaron a espalla-lo vertido.

- Os colectivos ecoloxistas acollen con certa desconfianza a reforma legal anunciada pola Xunta pra asumi-las competencias plenas do litoral.

Estas organizacións temen que o cambio poida fomentar certa "marbellización" da nosa costa.

- No clínico de Santiago, os especialistas de xinecoloxía acordaron esta mañá en asemblea convocar unha folga.

Protestan porque a xerencia continúa obrigándoos a facer gardas no hospital comarcal do Barbanza

A Xunta avanza no seu obxectivo para asumir as competencias sobre a actividade na costa. Acusa ó Goberno de provocar inseguridade xurídica e aproba un anteproxecto de lei que prevé aprobar o vindeiro ano.
Sanidade.. ábre un novo conflicto no Clínico de Santiago relacionado coa cobertura de gardas no hospital comarcal do Barbanza.
E, a aparición de novas manchas de fuel obriga a pechar varios poligonos bateeiros no Grove.

O tempo.
Hoxe quedamos na influencia das altas presións situadas ao noroeste de Galicia.
A xornada empeza con máis nubes e neboas pero vai ir abrindo ata quedar o ceo despexado en boa parte de Galicia.

A xunta da o primeiro paso pra conseguir o control da costa no conflito que mantén co Goberno central. Hoxe no consello semanal iniciou o trámite da lei do litoral que permitirá regularizar edificacións e instalacións existentes na costa así como a instalación de parques eólicos mariños

A lei para a ordenación do litoral galego dá un paso máis. O consello da Xunta aprobou o anteproxecto da norma, avanza así na súa loita co goberno central para poder administrar a zona costeira desde a nosa comunidade.

O goberno galego pretende identificar as actividades estratéxicas e dar seguridade xurídica ás empresas que traballan no litoral

- Os médicos pidenlle ó SERGAS non recurra a sentenza que o condena por vulnerar dereitos laborais en atención primaria

Asegura que o fallo evidencia que non funcionan as axendas de consultas tal como están establecidas.

- A asociación Vellez Digna pide á Xunta que cambie o protocolo de visitas dos familiares ás residencias de maiores.

Denuncia que as deixa á discrecionalidade dos centros e que estes cometen abusos contra os dereitos de familiares e usuarios.

- O xuízo polo accidente do tren Alvia interrómpese ata despois de Nadal.

En xaneiro reanudarase a fase de declaración de peritos, logo de que hoxe compareceran tres policías.


- Representantes de Comisións Obreiras entregaron na delegación de goberno 5.000 das sinaturas pra demandar un gran pacto pola industria.

Este sindicato apostan por aproveitar o momento para reindustrializar o país. Sinala que Galicia conta con recursos e experiencia en sectores moi diversificados