Finalizou a conta atrás. Nunhas horas comeza no Parlamento o debate sobre o estado da autonomía. Será o primeiro de Alfonso Rueda como presidente, e o último desta lexislatura. As propostas do PP e da oposición servirán como adianto do que escoitaremos na campaña das vindeiras eleccións autonómicas.
Comeza tamén unha semana na que haberá cinco xuízos por agresións sexuais a menores. As denuncias están a aumentar en Galicia. Avogados e asociacións indican que faltan medios e, sobre todo, prevención desde o eido educativo.
E desde hoxe poden descargar os bonos Activa Comercio da Xunta con descontos para comprar en tendas de proximidade.
Nos deportes, empate a 2 do Celta en Balaídos co Xetafe
As denuncias por agresións sexuais, especialmente a menores, están a aumentar en Galicia. A semana que entra haberá ata cinco xuízos na nosa comunidade. Avogados e asociacións indican que faltan medios e, sobre todo, prevención desde o eido educativo.
Despois escoitaremos os datos. Todo nunha fin de semana marcada no político polo debate sobre o estado da autonomía. Non houbo moita actividade hoxe dos grupos pero si anuncios da Xunta para mellorar a atención primaria.
Isto en Galicia, pero hai cidadáns galegos que están fóra, por exemplo en Israel. Imos falar nuns minutos cunha veciña de Ames que nas últimas horas tivo que saír do país ante a situación crítica que se vive alí.
Aquí Salvamento Marítimo remolcou un pesqueiro con tres persoas a bordo tras quedarse sen máquina a tres millas ó sur de Laxe. Foi a primeira hora da mañá. Toda a tripulación está en bo estado. E en Pazos de Borbén ardeu por completo unha vivenda, por fortuna, sen feridos. Foi este mediodía, investíganse as causas.
Conta atrás para o debate sobre o estado da autonomía. Nas últimas horas escoitamos á oposición formulando as propostas que levará o luns ó Parlamento. Un dos últimos en pronunciarse foi o socialista Luis Álvarez, que acusa ó PP de utilizar a cita coma un mitin de precampaña. Un dos temas dos que falará o PSdG é a necesidade de mellorar a atención primaria. Pero o conselleiro do ramo adianta que as melloras non pasan pola Xunta senón polo goberno central. Era a resposta de Julio García Comesaña a última protesta dos usuarios. Desenvólvese arestora no concello de Mesía onde levan 8 meses sen médico nun dos centros de saúde.
Todo nunha xornada de concienciación fronte a contaminación das praias e do mar. Voluntarios convocados por Adega realizan hoxe recollidas de lixo en medio cento de areais galegos.
E máis de 20 anos despois, España segue sen recibir os 880 millóns de euros de indemnizacións pendentes polo afundimento do Prestige fronte ás costas galegas. A xustiza británica fallou de novo a favor da aseguradora do barco.
De contado máis detalles, tamén escoitaremos unha entrevista a Eduardo Soutullo, Premio Nacional de Música 2023.
O presidente da Xunta recoñece que a cita do luns no Parlamento, no debate do Estado da Autonomía, é importante para él. Trátase da primeira vez que acode como titular do goberno galego e xa anuncia que quere falar da acción realizada desde que é presidente. Vai adicar a fin de semana a preparar ese debate que rematará o mércores.
Mentras a Xunta insta aos concellos da área de A Coruña a que axilicen a elaboración de plans de emerxencia municipal fronte a seca. O encoro de Cecebre que os fornece de auga está a algo menos do 46 por cento da súa capacidade.
A asociación española contra o cancro está a analiza-lo estado da investigación contra esta enfermidade en todo o país. E GAlicia foi unha das primeiras comunidades elexidas pra esta radiografía... O informe deixa luces e sombras. NO positivo, a investigación nesta materia é prioritaria, e o investimento multiplicouse por tres na última década. Pero falta investigacion básica, segundo o informe, e detéctase un número moi baixo de ensaios clínicos pra levar esas investigacións ata a práctica clínica
- A nosa lingua ten un impacto directo na economía de 1.440 millóns de euros
Segundo un informe elaborado polo COnsello da Cultura galega, xera ademáis 27.700 postos de traballo. Destacan os sectores cultural e da comunicación
- Avances na mesa sectorial do ensino sobre a redución do número de alumnos por aula aínda que de momento non se pechou un acordo
Non houbo entendemento en canto á baixada de horas lectivas do profesorado na terceira reunión semanal que vén de rematar en Santiago
- A Garda Civil investiga as causa do incendio que calcinou o restaurante do porto de Moaña e afectou a varias oficinas do clube deportivo.
Unha vez máis foron os bombeiros do Porriño os que tiveron que actuar porque o parque do Morrazo leva varios días pechado pola falta de efectivos
- O Colexio de Arquitectos de Galicia critica a ANULACIÓN o proceso de rehabilitación do convento de Santa Clara que estaba en marcha.
Asegura que a decisión da deputación pontevedresa está a ter repercusión internacional porque afecta a estudos de arquitectura de moito prestixio no mundo
Galicia camiña cara unha nova lei da cultura. O goberno da Xunta quere aprobala este mesmo ano no Parlamento. Sería con dous obxectivos: inclusividade e accesibilidade. Con descontos ou prazas gratuítas para colectivos en risco de exclusión, ou garantindo a venda de entradas presencial e non só en liña. Xa está aberto un proceso participativo con máis de medio cento de entidades do sector cultural.
Todo nun momento no que un día máis falamos da perspectiva das eleccións autonómicas. Tralas críticas do PP ó PSdG por non ter aínda candidato, os socialistas reiteran: farán primarias cando se resolva o goberno estatal e manteñen o apoio a José Ramón Gómez Besteiro.
No que afecta á economía das familias, os gandeiros advirten: nas últimas semanas baixou a cantidade que lles paga a industria polo leite, pero non se trasladou en cambio ás liñas do supermercado.
O presidente da Xunta non solta prenda sobre se haberá adianto electoral. Hoxe xa dixo que non haberá anuncios deste tipo no debate do Estado da Autonomía que se celebra no Parlamento a semana próxima. Os socialistas din que pode habelo e anuncian primarias en canto se consiga o acordo de goberno que faga a Pedro Sánchez presidente.
O ex presidente da deputación de Ourense vai ser finalmente xulgado no Tribunal Supremo por conducir a 215 kilómetros por hora nunha autovía. Por dúas veces negarase a ir ao xulgado de Pobra de Sanabria, en Zamora.
La Audiencia Nacional está investigando el hundimiento del 'Villa Pitanxo', en el que murieron 21 personas, el más letal de los últimos 50 años. Los únicos que saben las causas del naufragio son los tres supervivientes, pero dan dos versiones enfrentadas. El programa "En Portada" estrena temporada analizando lo ocurrido.
A central térmica das Pontes puxo fin nas últimas horas á súa actividade, despois de 47 anos como motor da comarca e importante fonte de enerxía pra todo o país. Actívanse prexubilacións e traslados pro persoal propio, pero moitas dúbidas pros das auxiliares, pendentes dun desmantelamento que se pode prolongar durante 4 anos, no que teñen postas algunhas esperanzas, e dos proxectos alternativos centrados en enerxías renovables.
Acaba Conxemar este mediodía coa mirada posta xa nas súas vodas de prata para o ano que ven coa que será vixésimo quinta edición. Con récord de expositores e probablemente de visitantes, nun contexto difícil para as grandes pesqueiras pola caída do consumo de peixe.