Noticias de Lugo- Novas de Lugo en Radio 5
Noticias de Lugo en Radio 5 de Rtve
O exdirector de Minas da Xunta, Bernardo Tahoces, declarará hoxe por varios delitos de falsidade documental en relación á mina de San Finx
Os traballadores da sanidade privada na Coruña comezaron este mércores as súas mobilizacións para esixir un novo convenio
O PSOE de Santiago non apoiará os orzamentos se o BNG inclúe unha partida pra demoler a Casa da Xuventude, Con todo, a alcaldesa refírmase na súa intención
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
Mobilizacións no sector naval polas condicións de traballo nas auxiliares. Hoxe hai convocado un paro na ría de Vigo tra-la morte dun traballador e en Ferrol.. tamén protestas polo empioramento das condicions laborais nestas empresas.
Van a máis as queixas pola falta de prazas nos servizos de transporte en Galicia.. no caso do tren críticas tamén os retrasos.
A dous días do comezo do outono o tempo xa se parece o da estación que vai entrar. Destaca o vento e a chuvia...
Despois do paso da fronte, quedamos nunha zona de chuvascos.
En Santiago arredor dun cento de estudantes concentraronse esta tarde ás portas da facultade de economicas pra denunciar á volta á clase do profesor da USC, Luciano Mendez. Docente que lembramos foi suspendido pola universidade tres anos por proferir comentarios machistas a unha alumna.
Informativo Lugo 13:55 - 20/09/23
Noticias de Lugo en Rtve
Noticias de Lugo- Novas de Lugo
Seguen sen actividade as dúas louseiras ourensáns precintadas en cumprimento dunha orde xudicial. Representantes dos traballadores reuníronse cos comuneiros que reclaman unha compensación polo uso dos terros.
Os alcalde de sete concellos polos que pasa a nacional 541 reúnesen pra volver pedir a súa reforma integral. Hoxe volveron reunirse no concello de Cerdedo-Cotobade. Aseguran que é a segunda estrada máis perigosa o Estado.
Delegados de persoal de catro auxiliares de Navantia impediron a primeira hora o acceso dos traballadores ó estaleiro. Os sidincatos denuncian que as auxiliares conseguen deteriorando as condicións laborais dos empregados.
Ana Pontón sinala que o BNG se oporá a que o Goberno relegue o galego pra incluir o catalán nas institucións europeas. O presidente Alfonso Rueda asegura que é en Bruxelas onde o seu uso está xustificado porque non hai unha lingua común, pero non no Congreso.
O tempo. prevese un empioramento pra este tare con vento e chuvia forte.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
Este martes poidemos oir, e sen restriccións, falar en galego no Congreso. O primeiro en facelo foi o socilista Gómez Besteiro. O pleno aprobou, coa oposición de PP e Vox, iniciar a tramitación do cambio no regulamento pra permitir o uso de linguas cooficiais. precisamente o nacionalista Néstor Rego recriminoulle a Feijóo a posición dos conservadores.
Recollemos tamén a preocupación en Valdeorras pola orde de clausura de dúas louseiras. 250 traballadores están afectados pola medida.
E, na unidade de queimados do hospital da Coruña morreu un dos dous feridos nun incendio orixinado pola explosión dunha rozadora, en Carnota. A muller continúa en estado moi grave.
O tempo.
Achégase unha fronte moi activa que tocará terra a media tarde. Hai aviso amarelo por refachos fortes de venta e chuvias tamén localmente fortes nas provincias da Coruña e Pontevedra.
O uso do galego no congreso xa é unha realidade. Hoxe pronuncianbanse as primeiras palabras na nosa lingua sen que iso supuxera unha chamada de atención á orde pola presidenta da cámara pero iso sí, houbo a quen a medida non lle gustou. Neste sentido, PP e Vox rexeitan a iniciativa.
A música ten un maior impacto xenético nas persoas con demencia. Así o demostra un experimento que consistente en recoller mostras de sangue e saliva antes e despois dun concerto.
As navieiras felicitaron ó porto de Vigo polo éxito na escala nun só día de 5 cruceiros. 15 mil persoas, entre pasaxeiros e tripulantes, que enche hoxe as rúas da cidade.
En Galicia máis de 200 bateas producen mexillón ecolóxico. O Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica está a colocar o primeiro distintivo de certificación nunca destaca bateas.
460.000 persoas visitaron este verán as catro illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas. En outubro comezará unha campaña de eliminación de eucaliptos nas illas e novas plantacións.
o tempo. Xornada sen chuvias e con temperaturas en ascenso.
- Escuchar ahora
- Noticias de Lugo- Novas de Lugo en Radio Nacional y Radio 5