A situación da media distancia ferroviaria galega centra hoxe o debate político. Tralas denuncias dos usuarios de que as prazas non son abonda, e os tresn sufren continuos retrasos e incidencias, PP e BNG levarán ó congreso senllas iniciativas pra reclamar solucións
O presidente da Xunta denuncia que a oferta de trens caeu un 12% dende a pandemia. Un asunto que se porá sobre a mesa na próxima reunión co secretario de estado de infraestructuras
Precisamente a modernización do ferrocarril será un dos asuntos clave que o BNG porá enriba da mesa nas negociacións pra unha posible investidura de Pedro Sánchez.
Continúan as incidencias do transporte por estrada na provincia pero agora non só perxudica ós usuarios que cada día se desprazan para ir traballar ou estudar, o eido sanitario tamén se está vendo afectado. é o caso da unidade de drogo-dependenzas do Concello de Ribeira...
- A Xunta retirará a autorización á mina de San Finx, en Lousame, se en outubro non axusta a xestión da auga residual xenerada e as verteduras. A plataforma en Defensa da Ría de Muros Noia recibe a noticia con receo.
- Os traballadores de COMFICA, subcontrata de R e Movistar, secundan hoxe a segunda xornada de folga pra esixir que se manteña o emprego e se readmitan dous compañeiros despedidos no centro que a empresa ten no polígono do Milladoiro, en Ames.
- En Ferrol, a oposición presentará este xoves unha moción conxunta no pleno municipal pola supresión dunha unidade de primaria no CEIP San Xoan de Filgueira
As queixas o martes chegaban porque Galicia non tivera presenza no debate de investidura, pero este mércores a autonomía si estivo moi presente nos cara a cara entre o deputado nacionalista Néstor Rego e o candidato á investidura Alberto Núñez Feijóo. O BNG, que votou en contra, enumerou o prexuízo que, dixo, deixou en Galicia a etapa de Feijóo na Xunta. En resposta, o líder popular cualificou ó Bloque de partido irrelevante. O debate e votación da investidura protagonizou tamén boa parte da sesión de control no Parlamento galego.
Mentres, o conselleiro de Sanidade presentaba a estratexia de oncoloxía de precisión, unha medicina personalizada coa que o Sergas busca terapias máis eficaces contra o cancro.
Na illa da Toxa, no Grove, comeza o Foro Vínculo Atlántico. Ás catro e media inauguración con presenza de Filipe VI. A tan só 15 minutos en coche, o rei emérito comeza a súa participación nas regatas que acolle Sanxenxo.
E a compostelá Yolanda Castaño gana o Premio Nacional de Poesía 2023, que concede o Ministerio de Cultura. O xurado premiou a súa obra 'Materia', unha proposta que, segundo a autora, cuestiona o concepto tradicional de familia
Boa tarde. As as alusións á fracasada investidura de Feijoo foron unha constante na sesión de control hoxe no Parlamento galego. a OPOSICIÓN sinalou a Alfonso Rueda por mirar máis a Madrid que a Galicia.
Unha sesión na que o presidente da Xunta anunciaba o regreso do bono comercio.
O persoal de enfermeiría da provincia non descarta ir á folga se a Consellería de Sanidade non se senta a negociar co colectivo sobre as suas condicións laborais. Este martes manifestaronse ás portas dos centros hospitalarios da Coruña e Santiago.
- Os Sindicatos de Navantia en Ferrol veñen de rexistrar unha convocatoria de folga indefinida pra reivindicar que as empresas das auxiliares cumplan co convenio do metal
- A Plataforma por un Transporte Digno convocou pra esta tarde ás sete unha asemblea na que aspira a espandir o colectivo máis alá da comarca de Ferrol
- En Santiago, membros da antiga directiva da asociación "Hostalaría Compostela" admiten a sua culpabilidade por cobro fraudulento de subvencións públicas en 2011.
De non amosar compromiso cos galegos e de ofrecer un discurso vacío, sen ideas. É o resumo que fai o BNG do discurso de investidura de Alberto Núñez Feijóo. Hoxe o deputado do Bloque votará en contra. Críticas que comparten os socialistas galegos. Mentres, o presidente da Xunta acudía este martes ó Congreso para apoiar a quen foi líder da autonomía 13 anos. Alfonso Rueda ten claro que o mellor para os intereses de Galicia é ter a Feijóo na Moncloa.
Mentres, no Parlamento galego non houbo apoios á tramitación dunha iniciativa lexislativa popular para restaurar a letra orixinal do himno galego, escrita por Eduardo Pondal.
Sobre o problema no transporte, ante a elevada demanda dos viaxeiros neste comezo de curso, a conselleira de Infraestruturas e as empresas de transporte por estrada buscan solucións. A primeira medida será mellorar os sistemas de reserva previa. A Xunta tamén pide reforzos a Renfe.
No tempo, amencemos con tempo seco, algunha nube ó oeste.
Valoración positiva dos principais dirixentes da provincia dos seus cen primeiros días de mandato. De contado veremos o que máis salientaron e tamén, as criticas da oposición ó respecto.
- Hoxe arranca en Santiago o xuízo contra a antiga directiva da asociación "Hostelaría Compostela". Sentarán no banco dos acusados cinco exdirixentes da entidade acusados de cobro fraudulento de subvencións públicas.
- A CGT impugna o censo das eleccións sindicais, a celebrar en outubro, ante a Mesa Electoral Central de Navantia Ferrol.
- En Fisterra, malestar entre as familias dos alumnos que se ven obrigados a acodir cada día ao instituto a Cee de pé no autobús. Foi unha solución que puxo a Xunta ante a alta demanda de estudantes que hai
O presidente da Xunta asistirá este mediodía en Madrid ó debate de investidura do popular Alberto Núñez Feijóo. Faino entre críticas da oposición no Parlamento galego. PSdeG e BNG acusan a Alfonso Rueda de actuar, din, como 'palmeiro' de Feijóo e de arrastrarse ante as directrices do PP de Madrid. Nas filas populares argumenta que só amosa o seu apoio a quen foi líder da Xunta 13 anos.
O Goberno en funcións leva á Xunta ante o Tribunal Constitucional por unha suposta invasión das competencias de xestión do litoral. A lei autonómica limita a 15 anos o prazo para actuar contra as construcións ilegais nas zonas costeiras protexidas. Reduce así o período de actuación establecido na lei de costas do Estado.
Así o anunciou a portavoz do executivo tras a celebración do Consello de Ministros, que tamén deixa a data de repetición das eleccións municipais en Castro Caldelas: o 26 de novembro
Xa comezaron as primeiras inmunizacións do SERGAS aos bebés contra o virus que causa a bronquilite. A campaña coincide coa posta en marcha da vacinación contra a covid e a gripe
Dende hoxe, todolos nenos que nazan en Galicia van recibi-la vacina do Virus respiratorio sincitial, causante cada ano de numerosos ingresos de cativos por bronquiolites. Tamén serán repescados os cativos que teñan menos de seis meses.
Unha campaña que se inicia o mesmo día que se pon en marha a dobre vacinación de covid e gripe ós 30 mil usuarios de residencias de maiores e centros de discapacidade. Logo continuarán outros colectivos vulnerables
- Ecoloxistas en Acción denuncia ante o Tribunal Superior a todo o consello da Xunta
Considera que o goberno galego cometeu un delito de prevaricación ó declarar de interese autonómico o proxecto de cidade deportiva do Celta en Mos.
- Comezaron as obras para arranxar o viaduto na N-541 sobre o Lérez onde a pasada Noiteboa faleceron sete persoas nun accidente de autobus.
Comezan as obras días despois de que os alcaldes demandaran unha reforma integral da estrada, e os condutores insisten na falta de seguridade da vía
- Monbús opera na Comunidade Valenciana con autobuses adscritos ás súas concesións en Galicia.
A empresa luguesa gañou un lote de rutas nun concurso do goberno valenciano, ofrecendo 54 autobuses que xa están asignados a un servizo de transporte regular en Galicia
- Preocupación entre os gandeiros da Serra do Barbanza trala aparición de nove cabalos mortos a tiros en Boiro.
Os propietarios non se explican o motivo dunha matanza que xa investiga o SEPRONA. Todos eran de pura raza galega e foran desparasitados na rapa das bestas
A primeiras horas da tarde aterra no aeropuerto de Peinador o avión no que viaxa ó rei Xoan Carlos no que vai ser a súa cuarta estadía en Galicia para participar nunha regata en Sanxenxo. O rei aloxarase como é habitual na casa do seu amigo Pedro Campos. Coincidirá esta semana co seu fillo o rei Filipe sesto, que vai inaugurar o foro da Toxa.