Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

BNG e PSOE asinan o acordo para que os nacionalistas lle dean o seu voto a Pedro Sánchez na investitudura...a constinuación coñeceremos os detalles do pacto... O Bloque adiantou que Galicia tmén se beneficiará da condonación da débeda ás comuniddes algo que nega Alfonso Rueda que hoxe estará tamén en Madrid na xunta directiv do PP.
Este domingo deixanos o falecemento dun histórico do sndicalismo... Xan María Castro que foi secretario xeral de Comisións en Galicia na primeira década deste século. Logo asumiu a presidencia da Fundación 10 de marzo.
E un accidente mortal en Viveiro... unha saída de vía contra a media noite ocasionou a morte dunha muller e dous feridos máis.
Deportes: fútbol, victoria do Racing; baloncesto, derrota do Breogán co Barcelona

A Unión Europea financia con case 9 millóns de euros o proxecto científico "endotarget", unha investigación sobre a relación da microbiota intestinal coas enfermidades reumáticas.

Un proxecto no que participan 140 centros sanitarios e case 100 paises. O único grupo español é o de Patoloxia Muscoesquelética do Instituto de Investigacion Sanitaria de Santiago, do que é responsable o doutor Gomez Bahamonde

O temporal deixa refachos de vento de 155 quilómetros por hora contra as doce deste mediodía en Punta Candieira, en Cedeira, e acumulacións de auga de 88 litros por metro cadrado en Fornelos de Montes.

Hai medio cento de incidencias coa subministración eléctrica, de cortes de luz, a maior nestes intres na provincia de Pontevedra.

Está cortada a autovía do Morrazo dirección Moaña. En canto ó tráfico aéreo, varias cancelacións nas chegadas previstas para esta tarde ó aeroporto de Alvedro.

No transporte ferroviario normalidade, pola mañá estivo interrompida a circulación entre Dodro e Padrón pola caída dunha árbore sobre a vía.

De contado imos ata os concellos máis afectados, sobre todo pola crecida dos ríos, coma Pontecaldelas e Moaña.

Esta tarde hai oposicións ó Sergas en Silleda, a Xunta teme colapso nos accesos polo mal tempo polo que recomenda estacionar no polígono, e habilita autobuses gratuítos desde alí ata o recinto feiral.
 
As negociacións pra reunir apoios á investidura de Pedro Sánchez impactan na política galega. O presidente da Xunta censura o acordo do PSOE con Esquerra, que considera un agravio para Galicia. Mentres, desde BNG e PSdG reivindican o seu "preacordo", que seguran, mellorará a vida dos galegos.

Ademáis hoxe...pendentes da chegada inminente de "Domingos", a nova borrasca.

Declaración institucional de Alfonso Rueda en Santiago.

O presidente galego vén de insister ne que Galicia non vai estar calada, nin será convidada de pedra ante decisións que afectan moi directamente ós piares do estado das autonomías.

Palabras literais do presidente da Xunta ante as noticias sobre a condonación da débeda de Cataluña no marco das negociacións da investidura.

Ademais, arestora comeza en Santiago un acto do BNG, no que anunciará o estado das súas negociacións co PSOE para dar o 'si' de Néstor Rego a Pedro Sánchez.

Seguimos a falar outro día da borrasca Kíran porque malia que abandona a provincia no xoves continúou deixando numerosas incidencias. Máis de 400 de todo tipo: sobre todo caída de pólas pero tamén cortes importantes de subministro eléctrico ou unha caída dun noiro en Santiago. E indignación nos usuarios do tren porque se suspendeu o servizo entre A Coruña e Ferrol e mesmo os buses habilitados sofriron retrasos. No mar segue outro día máis a alerta vermella.

Principio de acordo para que o BNG apoie a investidura de Pedro Sánchez. No pacto figuran rebaixas na AP-9 e agora tamén AP-53. A executiva do BNG reunirase hoxe con carácter extraordinario para valida-lo.
A Xunta da o primeiro paso para prohibir a venda de bebidas enerxéticas e vapeadores a menores e amplía os espazos libres de fume.
Deportes...O Arousa non estará no sorteo da proxima eliminatoria de Copa, perdeu 3-0 co Granada... eso si non prospera a súa reclamación por unha posible alineación indebida do equipo andaluz.

O tempo. Tra-lo paso de Kiaran, quedamos nunha situación de chuvascos... pola tarde o vento vai virar ó suroeste e recuperaranse algo as temperaturas

Saúdos, xornada marcada polo paso da borrasca KIARÁN pola comunidade. A tarde está a ser máis tranquila, pero durante a xornada Galicia acumulou ata 500 incidencias, problemas no tráfico aéreo e ferroviario...pero ningunha de gravidade.

E a noticia política da tarde é o principio de acordo acadado polo BNG e o PSOE para a investidura de Pedro Sánchez.