O acordo dos socialistas e Junts reforza a Alfonso Rueda para non adiantar as eleccións autonómicas. Dixoo tralo consello da Xunta. Para Rueda é necesario illar a Galicia do resto da política nacional e manter os prazos previstos.
Socialistas e nacionalistas defenderon hoxe o acordo cos independentistas cataláns. Para uns permitirá un goberno de progreso e para os outros ir cara a un estado plurinacional.
E no consello da Xunta no que falou Rueda, aprobouse a oferta pública de emprego para este ano: 1.104 prazas.