-Denuncian a saturación de alumnado no IES Plurilingüe da Ames. O Instituto estaba inicialmente pensado para uns 350 alumnos, e hoxe en día, conta con máis de 800.
-Os traballadores da empresa AMICOS, de atención a persoas con discapacidade, concéntranse esta tarde en Boiro para rexeitar o despedimento inxustificado, dín, dun traballador.
-A Mesa sectorial da Hostalaría de Santiago debatirá o próximo día 29 sobre a instrución de Urbanismo en materia de seguridade. O sector cre que o Concello está a facer unha interpretación restritiva da normativa.