Socialistas e BNG coinciden con Feijóo en reclamar igualdad de trato para Novagalicia Banco. O presidente da patronal galega,Antonio Fontenla, dixo en RNE que o caso de Bankia ven demostrar que NCG está a ser discriminada polo goberno.A central nacionalista CIG propón que os exdirectivos da caixa galega cobren 1 euro polos seus plans de pensións.A Xunta prevé eliminar 70 entes públicos na segunda fase do "plan de racionalización" da administración paralela.O conselleiro Agustín Fernández mantén 2018 como ano de peche para Celulosas de Pontevedra.ADEGA solicita a declaración como "ben de interese cultural" para a Cova de Eirós,ameazada pola explotación dunha canteira
Quince toneladas de animais mortos estaban almacenados ilegalmente en dúas naves do concello pontevedrés das Neves. // O novo hospital de Vigo estará funcionando a comezos de 2014, segundo adiantou hoxe a conselleira de Sanidade. // Expectación na Coruña por coñecer os contidos do novo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Esta fin de semana, coincidindo co día da ciencia na rúa, recibiu aos primeiros curiosos. // O Deportivo cede dous puntos ao empatar co Valladolid, pero mantén o liderado de Segunda. // Un vídeo gravado nun colexio de Lugo para promocionar o lavado das mans. 07/05/12
Aumento progresivo das nubes dende as primeiras horas que deixarán os ceos anubrados na maior parte de Galicia. As chuvias comezarán polo litoral atlántico, estendéndose cara ao leste ao longo do día. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas sen cambios. Ventos do sur, moderados en xeral e con intervalos fortes no litoral e nas zonas altas. 07/05/12
Quince toneladas de animais mortos almacenados ilegalmente nas Neves. // O novo hospital de Vigo estará funcionando a comezos de 2014. // Expectación na Coruña por coñecer os contidos do novo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. // O Deportivo cede dous puntos ao empatar co Valladolid. // Un vídeo gravado en Lugo para promocionar o lavado das mans. 07/05/12
O PSOE solicita un pleno parlamentario para a remoción do Valedor do Pobo,tralo seu apoio ós recortes.O BNG cré que non hai outra saída que o cesamento de Benigno López.O PP avalará que o Valedor conclúa o seu mandato.A Xunta estuda cómo implanta-lo copago farmacéutico.Os sindicatos do naval vigués convocan novas mobilizacións.O Eixo Atlántico reclama a modernización do tren Vigo-Porto.Primeiro vóo da aeroliña de baixo custo A Coruña-Madrid.Humedais artificais para depurar augas contaminadas.Investigadores da Universidade de A Coruña deseñan un sistema ecolóxico de tratamento de auga sen custo enerxético.
- Quedará inaugurado al público en general el próximo 1 de junio
- El mes de mayo se reserva para visitas de centros educativos
- El recorrido, por seis plantas, muestra 300 piezas de incalculable valor
O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, é o protagonista da "entrevista do domingo" en RNE-Galicia. Ferrín defende que o 17 de maio, Día das Letras Galegas, sexa festivo e cré que debe celebrarse coma unha "festa nacional"
O grupo popular conta en contra de que compareza o presidente da Xunta para falar dos recortes en educación e sanidade,como pediron de xeito conxunto na Xunta de Portavoces socialistas e nacionalistas. O Valedor do Pobo,Benigno López, xustifica nunha comparecencia en comisión os recortes sociais e suxire deixar en suspenso a Lei de Dependencia.A opisición pide o seu cese
El primer acelerador de partículas construido en España, hace más de medio siglo; la cabina del avión de Iberia que trajo de vuelta el Guernica de Picasso o los primeros artefactos de almacenamiento de datos informáticos. Son algunas de las piezas que expone el nuevo el Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de A Coruña que han inaugurado los Príncipes.
Galicia xa conta co seu primeiro Museo Nacional. Os Príncipes de Asturias acaban de inaugurar na Coruña a nova sede do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. // Galicia suma 849 parados máis en abril, co que xa hai rexistrados 277 mil nas oficinas de emprego. // A xunta inclúe no plan para animar a ter máis fillos medidas fiscais, maiores canta máis descendencia se teña. // A agricultura ecolóxica certificada gaña mercado en Galicia. Durante o ano pasado medrou máis dun 27 por cento a súa facturación. // Hoxe abriu as súas portas en Santiago a maior concentración de afeccionados á informática de Galicia, o Encontro Xuventude Galicia Net. 04/05/12
Intervalos de ceos nubrados con precipitacións localmente fortes e que poden ter carácter tormentoso. Vento de compoñente Sur, moderado en xeral, con intervalos fortes no litoral atlántico. Temperaturas sen cambios significativos. 04/05/12
Os Príncipes de Asturias acaban de inaugurar na Coruña a sede do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. // Galicia suma 849 parados máis en abril. // A xunta inclúe medidas fiscais no plan para animar a ter máis fillos. // A agricultura ecolóxica certificada gaña mercado en Galicia. // Encontro Xuventude Galicia Net. 04/05/12
Don Felipe e dona Leticia inauguran en A Coruña o primeiro museo nacional de Galicia, onde se exhiben máis de trescentas pezas que marcaron a historia da ciencia en España.O MUNCYT abrirá ó público o 1 de xuño,aínda que mañá poderase disfrutar dunha xornada de portas abertas.O paro rexistrado subiu por primeira vez en Galicia no mes de abril. A oposición pide a demisión do Valedor do Pobo por xustifica-los recortes e plantexa-la suspensión da Lei de Dependencia.A Xunta prestará apoio xurídico ós empresarios do naval para defenderse da competencia desleal doutros países. En Cabana de Bergantiños constitúese unha plataforrma contra a explotación dunha mina de ouro a ceo aberto.Vilagarcía acollerá esta noite a quinta Gala contra o Cancro, organizada pola Orquesta Panorama
A Xunta pon en marcha un ambicioso plan para promover a natalidade. // A Axencia Tributaria vai devolver en Galicia este ano case o dobre do que recade na campaña da renda. // Desde que comezou a crise perderon o seu emprego uns 600 xornalistas en Galicia. // Seis presos que cumpren condena no cárcere de Alcalá Meco chegaron esta mañá á praza do Obradoiro tras percorrer 200 quilómetros do Camiño de Santiago. // O Obradoiro fai historia logrando por primeira vez a permanencia na máxima categoría do baloncesto español. // En Ourense, a chuvia desluciu por momentos a celebración da festa dos ¿maios¿. 03/05/12
A Xunta pon en marcha un plan para promover a natalidade. // Facenda vai devolver en Galicia este ano case o dobre do que recade na campaña da renda. // Día Mundial da Liberdade de Prensa. // Seis presos de Alcalá Meco completan o Camiño de Santiago. // O Obradoiro logra por primeira vez a permanencia na ACB. // En Ourense, a chuvia desluciu a festa dos ¿maios¿. 03/05/12
Ceos nubrados con precipitacións ocasionalmente acompañadas de tormentas e sarabia, máis frecuentes pola mañá na metade Oeste, estendéndose pola tarde a toda a comunidade. Vento do Sur, moderado con intervalos fortes no litoral atlántico, e frouxo con intervalos moderados no resto. Temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro ascenso. 03/05/12
O Consello da Xunta acordou remitir ó Parlamento un plan de dinamización demográfica, que prevé incentivos á natalidade.A primeira lei do taxi galega limitará o número de licenzas.As retribucións de directivos do sector público baixarán entre un 15 e un 24%.Os socialistas reclaman á Xunta unha maior eficiencia á hora de xestiona-los seu inmobles.A familia de Mos que ía ser desafiuciada da súa vivenda conseguiu un aprazamento.José Manuel Romay Beccaría,novo presidente do Consello de Estado.Concentracións de xornalistas nas principais cidades para defende-la liberdade de prensa.Santiago celebra a permanencia do Obradoiro na ACB de baloncesto
Iberia Express inaugura as súas conexións con Galicia. // Os reitores das tres universidades galegas, contrarios á suba das taxas académicas. // Novena edición da semana internacional da Maxia de Lugo. // As chuvias dos últimos días están a recuperar o nivel dos encoros e os ríos galegos. // 30 anos do grupo Os Resentidos con disco e concerto. 02/05/12
Iberia Express, a filial de baixo custe da principal compañía aérea española, inaugura as súas conexións con Galicia. // Os reitores das tres universidades galegas, contrarios á suba das taxas académicas que vai autorizar o Goberno central. // A novena edición da semana internacional da Maxia de Lugo leva a ilusión e a sorpresa por toda a cidade. // As chuvias dos últimos días están a recuperar o nivel dos encoros e os ríos galegos, tras a seca que pasamos no outono, o inverno e parte da primavera. // Cúmprense 30 anos da creación do grupo Os Resentidos e celébrano cun disco e cun concerto único en Ourense. 02/05/12
Ceos nubrados con chuvias de intensidade moderada, aínda que localmente fortes e ocasionalmente acompañadas de tormentas e sarabia, que serán máis frecuentes na metade Oeste. Ventos do Sur, fortes no litoral atlántico e moderados no resto. As temperaturas subirán de forma lixeira nos valores mínimos, pero as máximas non experimentarán cambios. 02/05/12