Chega a Selección Nacional de Futbol a Vigo. Os campións do Mundo e de Europa eran agardados por centos de siareiros que querían fotografarse con eles. A Xunta está a cumplir o obxectivo de pagarlles aos proveedores nun prazo máximo de 50 días e, no pasado mes de agosto destinou 150 millóns de euros, de xeito extraordinario, a este fin. A caida das vendas de coches obriga á fabrica de Citroen, en Vigo, a ter que facer unha parada de producción. Vigo recibe hoxe unha cifra record de viaxeiros a bordo de grandes cruceiros. Dez mil cincocentos turistas e tres mil seiscentos tripulantes. 06/09/12
O presidente da Xunta afirma que o acordo con Pemex se está cumprindo e recomenda tranquilidade ós estaleiros galegos.Citröen-Vigo parará unha semana para aliviar stoks ante a caída das vendas.Concentración en hospitais de Santiago en protesta polos recortes na sanidade.Controlado o incendio que arrasou sesenta hectáreas en A Gudiña e extinguidos os de Cualedro e A Zapateira.A selección española de fútbol xa se encontra en Pontevedra para o encontro amigable de mañá fronte a Arabia Saudí
Uns sete mil pequenos, de menos de tres anos, comenzaron esta mañá o curso nas garderías dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Fixérono nas 142 escolas da rede autonómica "a galiña azul". Este ano houbo prazas novas// Arxentina tén previsto aprobar hoxe un proxecto de lei para expropiar unha filial da compañía pesqueira viguesa Vieira. Declara de interés público a planta de procesado de peixe de Puerto Deseado, na Patagonia, e sete buques conxeladores.// O candidato socialista reuniuse cos lideres galegos de Comisións e UGT cos que tratou sobre o futuro das pensións. O do BNG cree que Galicia debe optar entre ter goberno ou non telo e o portavoz do PP asegura que o goberno terá que salvar as pensións da crise causada polos socialistas// Imaxes de Galicia van aparecer nos 20 millons de cupons que a Once venderá a semana que vén, de luns a xoves, en toda España. // Nos últimos tempos, están experimentando un aumento considerable na demanda de prazas para aprender idiomas. 05/09/12
Uns sete mil pequenos, de menos de tres anos, comenzaron esta mañá o curso nas garderías dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Fixérono nas 142 escolas da rede autonómica "a galiña azul". Arxentina tén previsto aprobar hoxe un proxecto de lei para expropiar unha filial da compañía pesqueira viguesa Vieira, que entrou en concurso de acredores en xullo. O candidato socialista reuniuse cos lideres galegos de Comisións e UGT cos que tratou sobre o futuro das pensións. Imaxes de Galicia van aparecer nos 20 millons de cupons que a Once venderá a semana que vén, de luns a xoves, en toda España. 05/09/12
Ceos pouco anubrados e temperaturas moi agradables na maior parte de Galicia. É o tempo que estamos a ter hoxe grazas ao anticiclón que nos vai acompañar ata o venres. 05/09/12
O PP galego xustifica o posible recurso do goberno ó fondo de reserva para poder pagalas pensións.O BNG califica de alarmante a medida e os socialistas afirman que tanto Rajoy como Feijóo "veñen a polas pensións". O Partido Popular acusa ós sindicatos de "faltar á verdade" sobre os contratos de Pemex e achácao a "interese electoral". O candidato do BNG Francisco Jorquera amósase disposto a un debate a dúas bandas con Feijóo.Máis de 7000 nenos de 0 a 3 anos incorporánse hoxe ás escolas da rede autonómica. A ONCE adicará catro cupóns a Galicia a próxima semana
Case 3.000 desempregados menos en Galicia no mes de agosto. É o dato do paro que coñecemos hoxe e que convirte á nosa comunidade na que rexistra o maior descenso do desemprego nese período. Con todo, Galicia segue tendo 30.000 parados máis que hai un ano. HOxe achegarémoslles o caso particular dalgúns dos que xa esgotaron as prestacións por desemprego.// Os candidatos do PP e do Partido socialista aceptan celebrar debates televisiados na campaña das eleccións autonómicas do 21 de otubro. O BNG tamén se amosa a favor de que haxa debates.// A Xunta asegura que xa son máis de 600 os laudos arbitrais emitidos a favor de afectados por participacións preferentes e que as solicitudes presentadas son máis de 13.000.// No mes de agosto subíu a venda de coches en Galicia, un 22.8%. A causa principal quizáis fora a inminente suba logo do ive, o día 1 de setembro. 04/09/12
Case 3.000 desempregados menos en Galicia no mes de agosto. É o dato do paro que coñecemos hoxe e que convirte á nosa comunidade na que rexistra o maior descenso do desemprego nese período. Os candidatos do PP e do Partido socialista aceptan celebrar debates televisiados na campaña das eleccións autonómicas do 21 de otubro. A Xunta asegura que xa son máis de 600 os laudos arbitrais emitidos a favor de afectados por participacións preferentes e que as solicitudes presentadas son máis de 13.000. 04/09/12
A Influencia anticiclónica seguirá durante o día de hoxe con vento do noroeste . Teremos ceos despexados con intervalos de nubes altas, agás no norte de Lugo e a Coruña onde poderá caer algún orballo ocasional. Vémolo na información do tempo. 04/09/12
Galicia lidera a baixada do paro en España, con 3.000 persoas menos no mes de agosto.O sector naval segue perdendo emprego.O comité de Navantia Ferrol di que setecentos operarios de industrias auxiliares se incorporaron este verán ás listas do paro.Afectados polas preferentes reclaman á Xunta garantías sobre a arbitraxe.Falamos con Nora Real, presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, que hoxe converten a cidade nun mercado ó aire libre, con prezos moi interesantes
Os partidos quentan motores cara a cita coas urnas do 21 de outubro. Esta mañá a executiva nacional do Partido Popular prepara en Madrid a estratexia electoral con Alberto Núñez Feijóo. A dirección nacional dos socialistas tamén afronta os comicios galegos, despois de que o sábado o secretario xeral Alfredo Pérez Rubalcaba apoiase en persoa a Pachi Vázquez, na súa proclamación oficial. O BNG abríu xa o proceso de elaboración das candidaturas, que encabezará Francisco Jorquera.// Os inmigrantes sen papeis teñen seis meses para acreditar que poden recibir asistencia sanitaria gratuita en Galicia, uns requisitos que varias asociacións de apoio a emigrantes rexeitan porque os consideran discriminatorios con ese colectivo.// Os meses de xullo e agosto deixaron este ano de ser os de maior sinistralidade nas estradas, segundo o balance presentado hoxe polo delegado do goberno.// O Celta e o Dépor resolven a xornada sumando puntos. Os de Vigo consiguen a súa primeira victoria desta temporada. (03/09/12)
Os partidos quentan motores cara a cita coas urnas do 21 de outubro. Esta mañá a executiva nacional do Partido Popular prepara en Madrid a estratexia electoral con Alberto Núñez Feijóo. A dirección nacional dos socialistas tamén afronta os comicios galegos. Varias asociacións de apoio a emigrantes rexeitan os requisitos da Xunta para a tarxeta sanitaria, porque os consideran discriminatorios con ese colectivo. Os meses de xullo e agosto deixaron este ano de ser os de maior sinistralidade nas estradas, superados polo de maio. (03/09/12)
A semana comenza con influencia anticiclónica, que nos deixa ceos pouco nubrados, como os que estamos a ver, correspondentes a esta mañá en Lugo.
As temperaturas máximas non van experimentar cambios significativos. Os ventos soplarán do norte e nordeste, moderados, con intervalos fortes no litoral. (03/09/12)
O Greco Galicia colabora no apreixamento de dous veleros en alta mar con máis de 500 quilos de cocaína.O comité do PP galego ratifica por unanimidade a candidatura de Núñez Feijóo á Xunta.O candidato socialista,Pachi Vázquez,pídelle por carta a Feijóo un debate electoral.O nacionalista Guillerme Vázquez nega calquera posibilidade de pacto cos escindidos do BNG.A conselleira de Facenda admite un recorte de 62 millóns en partidas sociais.Afectados polas preferentes protestan en Vigo contra a nova reforma financeira do goberno
- Un total de 1.775.291 personas votarán al Parlamento vasco
- En Galicia, serán 2.696.513 los electores convocados
A coordinadora nacional de Esquerda Unida,Yolanda Díaz, é a protagonista da "entrevista do domingo" en RNE-Galicia. Díaz fala sobre os últimos movementos para conformar unha coalición de esquerdas, de cara ás próximas eleccións autonómicas
Galicia, como el País Vasco, también ha decidido ir a las urnas el 21 de octubre. Un adelanto electoral que Feijoo ha calificado de necesario para permitir arrancar la siguiente legislatura con presupuestos acordes con la realidad económica que vive Europa. En Galicia ha gobernado el PP con mayoría absoluta tras el paso del bipartito formado por PSOE y BNG. Y ahora las fuerzas políticas se plantean si el calendario decidido por Núñez Feijoo es el más adecuado. A lo largo de estos días se han conocido las primeras encuestas. Pero la pregunta del millón es conocer quién acabará pagando finalmente en la urnas la factura del desgaste de la crisis. Esta es la radiografía del estado de salud de Galicia ante este desafío electoral. Nuestras cámaras han recogido el ánimo y las opiniones de los candidatos y de otros ámbitos de la sociedad gallega.
Alfredo Pérez Rubalcaba ha viajado a Galicia para apoyar a su candidato, Pachi Vázquez. El secretario general de los socialistas ha destacado la importancia de estos comicios para frenar, ha dicho, medidas como la subida del IVA.
Como en los últimos cinco años, Mariano Rajoy ha elegido Soutomaior, en Pontevedra, para dar comienzo al curso político y también a la precampaña de cara a las elecciones gallegas del próximo 21 de octubre.
- Entre las causas, las últimas medidas del Gobierno como la subida del IVA
- El líder del PSOE vaticina el triunfo de Pachi Vázquez en Galicia