O PPdG afirma que o adianto das eleccións vascas non condicionará o calendario electoral galego.O socialista Pachi Vázquez pídelle a Feijóo que acabe co incertidume e desvele a data dos comicios.O BNG dille ó presidente que convoque cando queira, pero sen "pucheirazo electoral".Representantes de tódolos partidos,persoeiros da cultura e veciños danse cita no concello de Teo, onde permanece instalada a capela ardente do intelectual galeguista Avelino Pousa Antelo.Farmacéuticos galegos alertan da falta de información sobre laboratorios estranxeiros que elaboran medicamentos que se prescriben en Galicia.O alcalde de Ribadeo,Fernando González,reclama en RNE a iimplicación de tódalas administracións para protexelo contorno da Praia das Catedrais,o areal máis emblemático da Mariña de Lugo
As Pontes estrea unha praia de 400 metros no maior lago artificial creado en España. Desde hoxe está aberta ao público esta zona de baño á beira do burato da antiga mina de lignito de Endesa. // Nova protesta dos afectados polas participación preferentes, en espera do decreto que esta semana vai regular o troco deses títulos. Sospeitan que, con el, perderán boa parte dos seus aforros. Na fin de semana, os afectados levaron a súas reclamacións á vila turística de Sanxenxo. // Falece o histórico intelectual e galeguista Avelino Pousa Antelo. // Colas en Riazor para apoiar ao Deportivo no seu regreso a Primeira, esta tarde fronte ao Osasuna. O Celta, mentres, tenta esquecer o mal resultado contra o Málaga. 20/08/12
Predominio das nubes baixas no litoral, con nubes de tipo alto no resto. Pola tarde as nubes baixas quedarán limitadas no norte, onde hai posibilidade dalgún chuvasco ocasional. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso e máximas estables. Ventos frouxos de dirección variable, predominando a compoñente oeste no interior e as brisas no litoral. 20/08/12
As Pontes estrea unha praia de 400 metros no maior lago artificial creado en España. // Nova protesta dos afectados polas participación preferentes, en espera do decreto que esta semana vai regular o troco deses títulos. // Colas en Riazor para apoiar ao Deportivo no seu regreso a Primeira, esta tarde fronte ao Osasuna. O Celta tenta esquecer o mal resultado contra o Málaga. 20/08/12
O mundo da cultura chora a morte de Avelino Pousa Antelo, derradeiro superviviente do galeguismo histórico.O intelectual faleceu ós 98 anos na súa casa de Teo,concello do que era fillo adoptivo.O local sociocultural teense acollerá mañá a capela ardente.Afectados polas preferentes maniféstanse en Vigo para esixila devolución íntegra dos seus aforros.A flota de cerco demanda una explicación do goberno á prohibición de pescar xurelo entre Fisterra e o País Vaco.As Pontes estrea a praia do lago artificial creado na antiga mina de lignito de Endesa. Centos de coruñeses arrouparán esta tarde ó Dépor no seu retorno á Primeira División
O tenente coronel José Hermida,xefe da Garda Civil de Tráfico en Galicia, é o noso convidado na "entrevista do domingo" en RNE-G. Hermida chama a atención sobre o descenso do tráfico nas estradas galegas, que, na súa opinión, é consecuencia da crise económica
Acabar ya con este calvario es una de las reivindicaciones q han encabezado esta protesta. Según la policía local, unos 5 mil manifestantes, de una decena de plataformas de afectados por las preferentes en galicia han colapsado las villas turísticas de Sanxenxo y Portonovo.En el trayecto han tirado huevos a una sede novagaliciabanco. También se han detenido ante la casa veraniega de presidente del gobierno, Mariano Rajoy, que pasa estos días en Doñana, para exigirle una solución.Advierten de que seguirán saliendo a la calle. El gobierno ha anunciado que en el próximo consejo de ministros del dia 24 aprobará una nueva regulación para estos productos financieros.
- Reclaman el reembolso del 100% de sus ahorros
- Rechazan la vía del arbitraje como solución a su problema
- Dicen que se les trata como inversores cuando son ahorradores
O escritor e xornalista Manuel Rivas presenta en RNE-Galicia "As voces baixas", o seu último traballo, que ainda non está nas librarías.O autor coruñés indica que se trata dun "libro da memoria.Non de memorias senon de murmurios".
Un incendio destrúe parte dunha fábrica de Conservas Antonio Alonso, en Bueu, en Pontevedra. // Mariñeiros e armadores piden a anulación do convenio pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania, que expulsa dese caladoiro a 24 buques conxeladores do Morrazo. Preocupación tamén na flota galega do cerco, polo repentino peche da pesca do xurelo no Cantábrico. // O sector das funerarias, cunhas catrocentas empresas en toda Galicia, acolle negativamente á suba do IVE que pasa do tipo reducido ó xeral neste tipo de empresas. // Volve a Liga. En Primeira, o Celta estrea a temporada mañá en Balaídos fronte ao Málaga, e ao Deportivo tócalle o luns xogar contra o Osasuna, tamén na casa. O Lugo recibe mañá no Anxo Carro ao Hércules. 17/08/12
Ceos pouco anubrados ou despexados, con algunhas nubes de tipo alto entrando polo noroeste. Durante o día irán entrando brumas costeiras no litoral oeste. Temperaturas en ascenso. Ventos frouxos de compoñente sur, con intervalos moderados no litoral da Coruña e refachos fortes en cabo Vilán. 17/08/12
Un incendio destrúe parte dunha fábrica de Conservas Antonio Alonso, en Bueu, en Pontevedra. // Mariñeiros e armadores piden a anulación do convenio pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania. Preocupación tamén na flota do cerco, polo repentino peche da pesca do xurelo no Cantábrico. // Volve a Liga. En Primeira, o Celta estrea a temporada mañá en Balaídos fronte ao Málaga, e ao Deportivo tócalle o luns xogar contra o Osasuna, tamén na casa. 17/08/12
O estaleiro vigués MetalShips pecha un contrato por 100 millóns cunha navieira norteamericana.Un incendio destrúe parte da conserveira de Bueu que fabrica a marca "Palacio del Carmen".Mariñeiros e armadores da flota cefalopodeira esixen a renegociación do acordo pesqueiro entre a UE e Mauritania.Un neno de tres anos morre atropelado nun paso de peóns en Lugo.Afectados polas preferentes conseguen pechar varias oficinas de Novagalicia Banco.O Celta abre mañá a tempada de Liga, de novo na Primeira División
Hacer el camino de Santiago está de moda, sobre todo entre los extranjeros. En los últimos seis días, Santiago de Compostela ha recibido cerca de 12.000 peregrinos, un tercio de todos los que llegaron en el mes de julio.
Marca histórica de peregrinos en Santiago. No que vai de mes obtiveron a Compostela, o certificado de ter feito o Camiño, máis de vinte mil persoas. Esta cifra supera á do mesmo período do mes de xullo e mesmo á rexistrada en agosto en algún ano xacobeo. // En Vigo, Santiago, Betanzos, Vilagarcía e en moitas máis localidades celébrase hoxe o San Roque, un dos santos de máis tradición en Galicia. Na vila de Arousa, ademais, fan a festa mollándose. // Pasan a disposición xudicial os catro detidos en Galicia na operación 'Espartana', na que se interceptou un alixo de tres toneladas de cocaína que ía ser descargado na Costa da Morte. // Nova tenda para a promoción conxunta da artesanía galega e a arte rupestre no museo arqueolóxico de Campo Lameiro. 16/08/12
Intervalos de nubes de tipo medio e alto, agás no oeste e no sueste da Coruña, onde haberá nubes baixas e posibilidade dalgunha precipitación dispersa, especialmente durante a mañá. Temperaturas mínimas sen cambios significativos ou con algún descenso puntual no interior, mentres que as máximas ascenden lixeiramente. Ventos de compoñente sur, moderados no litoral, con intervalos fortes na costa da Coruña, e de frouxos a moderados no interior. 16/08/12
Marca histórica de peregrinos en Santiago. No que vai de mes obtiveron a Compostela, o certificado de ter feito o Camiño, máis de vinte mil persoas. // En Vigo, Santiago, Betanzos, Vilagarcía e en moitas máis localidades celébrase hoxe o San Roque, un dos santos de máis tradición en Galicia. // Pasan a disposición xudicial os catro detidos en Galicia na operación 'Espartana'. // Nova tenda para a promoción da artesanía galega e a arte rupestre no museo de Campo Lameiro. 16/08/12
A flota de cerco acolle con preocupación a prohibición de pescar xurel a partir da medianoite.Declaran en Corcubión os detidos polo alixo de cocaína.Terceiro falecido por accidente laboral en Galicia esta semana.Afectados polas preferentes desconfían dos plans do goberno sobre a quita que Bruxelas plantexa para os titulares deste produto bancario.Tres de cada catro galegos que perciben prestacións por desemprego veranse afectados polos recortes aprobados polo goberno.Falamos co actor galego Nancho Novo, que presenta en A Coruña a súa segunda novela "Despertar"
Dous homes morreron en Carral e na Cañiza en accidente laboral. A CIG denuncia por posible prevaricación á consellería de Medio rural. O alcalde de Vigo convocará a reunión pra constituir a área metropolitana de Vigo pero non confirma se asistirá.
Interceptado un barco búlgaro con 3 toneladas de cocaína con destino a Galicia. As asociacións contra a droga agardan que se evite a recuperación deste negocio ilegal. A fiscalía de Pontevedra está chamando a empregados de NCG pola fraude das preferentes