Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O deseñador galego Roberto Verino é o protagonista da "entrevista do domingo" en RNE-Galicia.Verino visitou Radio Nacional antes de partir cara Madrid, onde o 31 de agosto presentará a súa nova nova colección na pasarela Fashion Week

El espectáculo repasa los éxitos de grupos como Siniestro Total y Os Resentidos, entre otros, que compusieron la banda sonora de la época dorada del rock gallego.

Centos de persoas están a pasar pola exposición na que se amosa o Códice Calixtino, ao mes de ser recuperado pola Policía do garaxe, próximo a Santiago onde estivo agochado. // Antes de que remate este ano, Galicia terá 22 balnearios. Será cando abra ao público o novo establecemento de Cortegada, en Ourense, unha localidade que conta cunha longa tradición na explotación das augas termais. // Os clientes das participación preferentes e subordinadas poden perder ata 50 por cento dos seus investimentos, e só lles quedará a posibilidade de reclamar na Audiencia Nacional. // Segunda xornada de Liga. O Celta vai tentar recuperar mañá contra a Real Sociedad os puntos que se lle escaparon o sábado pasado. Ao Deportivo tócalle xogar o domingo en Valencia. (24/08/12)

Ceo moi anubrado e chuvias, que empezarán durante a mañá polo litoral Oeste da comunidade, estendéndose progresivamente ao resto de Galicia, sendo máis persistentes en Pontevedra e Sur da Coruña. Vento moderado do Sueste, con momentos fortes durante a mañá e nas horas centrais do día no litoral da Coruña. A partir de media tarde irá virando a Oeste e amainará. Temperaturas en descenso entre lixeiro e moderado. (24/08/12)

Centos de persoas están a pasar pola exposición na que se amosa o Códice Calixtino. // Os clientes das participación preferentes e subordinadas poden perder ata 50 por cento dos seus investimentos. // Segunda xornada de Liga. O Celta vai tentar recuperar mañá contra a Real Sociedad os puntos que se lle escaparon o sábado pasado. Ao Deportivo tócalle xogar o domingo en Valencia. (24/08/12)

O presidente da Xunta retoma en Madrid a axenda oficial cunha xuntanza co ministro Arias Cañete.Feijóo podería aproveitala viaxe para abordar con Rajoy un posible adianto electoral.O PSdeGa-PSOE urxe a Feijóo a desvelar a data dos comicios.Polémica arredor do financiamento do hospital de Vigo. Falamos coa escritora Rosalía Fernández Rial, que presenta a súa nova obra "Vinte en escena" na Feira do Libro de Carballo

El Códice Calixtino se expone desde hoy y hasta el próximo domingo en el Palacio de Gelmírez, al lado de la Catedral de Santiago. El público podrá ver de cerca el manuscrito del sigloXII que fue robado y recuperado posteriormente.

Un ano despois do seu roubo e tras mes e medio desde a súa recuperación, o Códice Calixtino auténtico móstrase ao público ata o domingo en Santiago. // Fracasa a constitución da Área Metropolitana de Vigo pola falta de consenso político. // O alcalde de Portas, condenado por fraude e falsidade documental, terá que pagar 300.000 euros, pero segue no Concello. // Máis de dúas mil persoas manifestáronse a pasada noite en Pontevedra para lembrar a Sonia Iglesias., desaparecida hai dous anos. // Un dos músicos de Jazz máis famosos, o cubano Paquito D'Rivera, está estes días na Coruña participando na gravación dun disco. (23/08/12)

Un ano despois do seu roubo e tras mes e medio desde a súa recuperación, o Códice Calixtino auténtico móstrase ao público ata o domingo en Santiago. // Fracasa a constitución da Área Metropolitana de Vigo pola falta de consenso político. // O alcalde de Portas, condenado por fraude e falsidade documental, terá que pagar 300.000 euros, pero segue no Concello. (23/08/12)

Ceos anubrados en xeral, agás en Ourense e Sur de Lugo, onde hai alternancia de nubes e claros. Chuvias débiles no Norte de Lugo e A Coruña, que pola tarde poderán estenderse de modo ocasional ao interior da provincia coruñesa. Vento do Noroeste no terzo Norte pola mañá e calma no resto. A partir do mediodía tenderá a rolar a compoñente Oeste, manténdose ao Norte soamente no extremo Norte da comunidade. Temperaturas mínimas sen cambios significativos e máximas en descenso entre lixeiro e moderado. (23/08/12)

O Goberno galego podería ter que facer fronte a indemnizacións millonarias logo que o Alto Tribunal Galego declarase ilegal a anulación do concurso eólico do bipartito.Socialistas e BNG interpretan a resolución como un "fracaso" para Feijóo.A Xunta cré que a sentenza non terá efectos prácticos e podería presentar recurso.Queda vacante o cargo de presidente na asemblea constituíte da área metropolitana de Vigo.O alcalde de Portas elude o cárcere pero pagará unha multa de 300.000 euros. O Códice Calixtino poderá contemplarse durante catro días na catedral de Santiago

Encher o depósito costa hoxe de media oito euros máis que hai un ano. A gasolina xa pasa de euro e medio e o gasóleo de un corenta. // O adianto electoral en Euskadi alimenta aquí o debate político sobre a oportunidade de facer coincidir as eleccións autonómicas de Galicia coas vascas, coma nos últimos comicios. // Dous anos e cinco días pasaron xa dende a desaparición de Sonia Iglesias. En Pontevedra, familiares, amigos e veciños volverán manifestarse esta noite para lembrala. // "Gallaecia Pétrea", a primeira gran exposición da Cidade da Cultura, recibiu vinte e dúas mil visitas desde a súa inauguración, a mediados de xuño. 22/08/12

Encher o depósito costa hoxe de media oito euros máis que hai un ano. // O adianto electoral en Euskadi alimenta aquí o debate político sobre a oportunidade de facer coincidir as eleccións autonómicas de Galicia coas vascas. // "Gallaecia Pétrea", a primeira gran exposición da Cidade da Cultura, recibiu vinte e dúas mil visitas desde a súa inauguración. 22/08/12

Ceos despexados agás no Norte da Coruña e Lugo, onde hai nubes que poden deixar chuvascos ocasionais. Vento do Norte, moderado no litoral e frouxo no resto. Temperaturas sen cambios significativos, con ascensos das máximas nas Rías Baixas. 22/08/12

Feijóo ten cinco días para decidir se fai coincidilas eleccións galegas coas vascas.A socialista Mª José Caride di que non hai motivos que xustifiquen un adianto dos comicios.Carlos Aymerich asegura que o BNG está preparado e pídelle a Feijóo que convoque canto antes.O PPdeG quere que a comisión de investigación sobre as caixas inicie os seus traballos o 1 de setembro.Os sindicatos temen que as diferenzas entre dous ministros dilaten ainda máis a reordenación dos sectores eólico e naval en Galicia.A Cidade da Cultura recibiu no que vai de ano 190.000 visitantes,lonxe do medio millón previsto pola Xunta para todo o 2012.Familiares de Sonia Iglesias convocan para hoxe unha manifestación en lembranza da rapaza,desaparecida hai agora dous anos

Galicia despídese de Avelino Pousa Antelo, o último supervivente da xeneración de políticos e intelectuais que protagonizaron o xurdimento do galeguismo durante a Segunda República. // Descobren as primeiras manifestacións artísticas do paleolítico en Galicia. Son pinturas e gravados que representan animais herbívoros e que poderían ter 25 mil anos de antigüidade. // O reforzo das medidas de seguridade instaladas en febreiro no Corredor do Morrazo non evitaron que se rexistrara a undécima vítima mortal en seis anos. Un motorista faleceu ó chocar contra un camión. // O Deportivo volve triunfante a Primeira. Riki, tras o tiro ao poste do penalti, loita constantemente ata inaugurar o marcador, e Nelson Oliveira sentencia cunha vaselina. 21/08/12

Galicia despídese de Avelino Pousa Antelo, o último supervivente da xeneración de políticos e intelectuais que protagonizaron o xurdimento do galeguismo. // Descobren as primeiras manifestacións artísticas do paleolítico en Galicia. // O Deportivo volve triunfante a Primeira. 21/08/12

Ceos pouco nubrados en xeral, pero con nubes no terzo Norte, que deixarán algunha chuvia débil no litoral Norte de Lugo e A Coruña. Vento frouxo de dirección variable durante a mañá, tomando compoñente Norte pola tarde. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso, mentres que as máximas seguen sen cambios. 21/08/12