Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera que o caso Bárcenas é suficientemente grave como para abordalo en profundidade. Afirma que o partido debe investigar e auditar. Finalmente a presidenta do Parlamento reunirá a tódolos grupos para abordar as visitas á tribuna de invitados da Cámara. Inicidentes na folga de ambulancias.

Falamos con Pablo García, secretario de Organización do PSdeG. Entre outras cousas, abordamos o caso Bárcenas ou a celebración de primarias no PSOE galego para elixir ó secretario xeral.

Día grande de Galicia en Fitur. Nesta feira de turismo a Xunta conta cun espazo de case mil metros presididos polo reclamo do Camiño de Santiago, que trouxo ao noso país o ano pasado a 900.000 estranxeiros. Agora queren dalo a coñecer aos países emerxentes. // A Garda Civil investiga en Galicia o posible uso de restos de animáis domésticos na elaboración de pensos de mascotas. Unha empresa de Salamanca estaría no centro da trama. Un laboratorio de Vigo analiza mostras procedentes de toda España para averiguar se conteñen restos de ADN de can. // Unha exposición moi doce, en Santiago. Trátase de produtos de repostería que elaboran as monxas nos conventos de clausura. Doces artesáns que esta fin de semana se atopan xuntos na hospedería de San Martíño Pinario. 01/02/13

Día grande de Galicia en Fitur. O presidente da Xunta participou esta mañá na promoción da oferta da nosa comunidade na gran feira internacional do turismo, salientando a importancia deste sector no crecemento económico. // A Garda Civil segue en Galicia a pista de varias plantas clandestinas que poderían estar relacionadas coa utilización de restos de animáis domésticos na elaboración de pensos. // Mantense a incertidume sobre o futuro dos 37 traballadores discapacitados ourensáns que levan máis dunha semana en folga. // O Deportivo enfróntase mañá ao Getafe. O Celta viaxa a Pamplona para medirse co Osasuna. // Feira de doces de convento, esta fin de semana en Santiago. 01/02/13

Estamos en temporada de la lamprea, un pez del jurásico sólo apto para los paladares más exigentes. Diego Domínguez, chef del Grupo Combarro, nos enseña a prepararla.

Día grande de Galicia en Fitur. // A Garda Civil investiga o uso de restos de animais domésticos na elaboración de pensos. // 37 traballadores discapacitados ourensáns levan máis dunha semana en folga. // O Deportivo enfróntase mañá ao Getafe. O Celta viaxa a Pamplona para medirse co Osasuna. // Feira de doces de convento, esta fin de semana en Santiago. 01/02/13

O ceo irase cubrindo desde as primeiras horas, empezando polo Noroeste, con precipitacións que pola tarde serán xeneralizadas de carácter moderado, localmente fortes no interior de Pontevedra e o Norte da Coruña. Vento do Sueste pola mañá, forte no litoral e moderado no interior, rolando a Noroeste pola tarde. Temperaturas serán suaves pola mañá, pero en acusado descenso durante a tarde. 01/02/13

A reunión entre a presidenta da Cámara e os grupos para consensuar o acceso á tribuna de invitados acaba sen acordo pero con boa disposición para volver á normalidade parlamentaria. O presidente da Xunta pide que o caso Bárcenas non afecte ó funcionamento do Goberno. Pasan a disposición xudicial os dous detidos en Ames por prender lume a dúas mulleres.

Unións Agrarias estima que a metade do cereal de inverno sementado na Limia está afectado polas últimas chuvias. 4.000 hectáreas mantéñense anegadas, das que unha cuarta parte poderían perderse se o nivel da auga non baixa pronto. // A Xunta quere renovar os centros galegos no exterior, fomentar a súa unión e lograr que funcionen tamén como plataformas comerciais para a internacionalización das nosas empresas. Así o recolle o anteproxecto de lei da galeguidade, que acaba de aprobar o consello da Xunta. // En Vilanova de Arousa a policia local informará sobre as diferencias entre os niveis de renda oficial dunha persoa e as súas propiedades e nivel de vida. O Concello pretende que narcotraficantes con ingresos legais baixos se beneficien de axudas sociais. 31/01/13

O PP defende a actuación da presidenta do Parlamento tra-los incidentes do pleno dos orzamentos. A oposición critica o seu talante. Os afectados polas preferentes non comparten as declaracións optimistas dos partidos despois do acordo sobre arbitraxe entre PP e PSOE.

A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, cualifica de "atentado a unha alta institución do Estado" os últimos incidentes no Parlamento. Responsabiliza ós deputados da situación. Continúan graves as dúas mulleres queimadas en Ames tras ser rociadas con gasolina. A Fiscalía investiga unha presunta estafa na confraría de Cambados.

Falamos con Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG. Abordamos os problemas internos no partido, as consecuencias do Congreso autonómico e a corrupción.

Galicia presenta a súa oferta en Fitur, un dos maiores escaparates turístico de europa, tentando darlle pulo a un dos sectores que máis está a sufrir a crise. // A Xunta quere renovar os centros galegos no exterior, fomentar a súa unión e lograr que funcionen tamén como plataformas comerciais para a internacionalización das nosas empresas. // A presidenta do Parlamento reunirase mañá cos grupos parlamentarios para concretar as normas de acceso á cámara. // O concello de Vilanova de Arousa quere impedir que narcotraficantes con ingresos legais baixos accedan a axudas sociais. // O ex eclectricista da catedral saiu onte á tarde do cárcere de Teixeiro. // Hoxe é xoves de compadres, no que os mecos preparados polas mulleres caricaturizan aos homes. 31/01/13

Galicia presenta a súa oferta en Fitur. // A Xunta quere renovar os centros galegos no exterior. // A presidenta do Parlamento reunirase mañá cos grupos parlamentarios para concretar as normas de acceso á cámara. // O concello de Vilanova de Arousa toma medidas para que os narcotraficantes accedan a axudas sociais. // Fernández Castiñeiras, en liberdade. // Xoves de compadres, anticipo do Entroido. 31/01/13

Nas primeiras horas, ceos nubrados e algunhas chuvias no Noroeste. A medida que avance a xornada, as chuvias desaparecen e iranse abrindo claros, que pola tarde serán grandes claros agás no Oeste. Vento de compoñente Sur, moderado no litoral, con momentos fortes na Coruña, e máis frouxos no interior. Temperaturas sen cambios moi significativos, con algúns ascensos no interior. 31/01/13

O presidente da Xunta cre que o PP debe investigar e auditar o caso Bárcenas. A presidenta do Parlamento reunirá mañá a tódolos grupos para abordar as cuestións das visitas á Cámara. Incidentes na folga de ambulancias.

Dous plenos suspendidos no que vai de semana. Os portavoces municipais de Vigo deciden arestora se continúan co debate dos orzamentos do Concello, interrompido o luns e esta mañá polas protestas de traballadores de varias concesionarias. // Este veciño de Lugo está sendo xulgado na Audiencia Provincial por tentar asasinar a súa esposa ata en tres ocasións. Tamén o acusan de ameazas e maltrato habitual á súa muller, ás súas fillas e a súa sogra. O fiscal pide para el 33 anos de cárcere e a acusación particular máis de medio século. // O autor confeso do roubo do Códice Calixtino sae esta tarde do cárcere. Manuel Fernández Castiñeiras, o ex electricista da catedral de Santiago, estaba en prisión desde xullo. Tras completarse a instrución da causa, a Audiencia Provincial da Coruña autorizou a súa posta en liberdade. 30/01/13

A agresión a un cámara de televisión foi o momento máis tenso que se vivía onte ás portas dos xulgados de Ourense ao intentar recoller as impresións das primeiras testemuñas chamadas a declarar na causa aberta contra José Luis Baltar. // A Xunta e o PP ven aínda máis xustificada a decisión de Pilar Rojo de controlar o acceso de invitados aos plenos, mentres que os partidos da oposición a rexeitan. // A Garda Civil interroga ós dous detidos como presuntos responsables da agresión que sofriron o pasado domingo dúas mulleres, queimadas en plena rúa en Ames. Polo visto, hai suficientes probas que os incriminan. // Un veciño de Lugo está sendo xulgado na Audiencia Provincial por tentar asasinar a súa esposa ata en tres ocasións. // Rematada a instrución do sumario do roubo do Códice Calixtino, o xuíz que a levou a cabo publica unha novela centrada na catedral de Santiago e baseada en personaxes e situacións reais, aínda que a trama é ficticia. 30/01/13