Unha delegación da Unión Europea está a investigar as denuncias sobre o alto nivel de contaminación nas rías galegas. Esta mañá estiveron en Vigo e mañá analizarán o estado das rías de Ferrol e do Burgo, na Coruña. // O Parlamento galego estrea sistema de control do acceso dos convidados ás sesión plenarias. Todos os que hoxe estiveron no hemiciclo tiveron que asinar un documento aceptando as novas normas. // A industria láctea, a distribución e o ministerio de agricultura acordan a promoción do leite sostible. // A Consellería de Medio Rural vai poñer a disposición dos agricultores e gandeiros máis de 6.000 hectáreas de fincas de propietarios descoñecidos, que pertenencen ao Patrimonio do Estado. // Fernando Vázquez dirixe a primeira sesión de adestramento como novo técnico do Deportivo. 12/02/13
Unha delegación da Unión Europea está a investigar as denuncias sobre o alto nivel de contaminación nas rías galegas. // O Parlamento galego estrea sistema de control do acceso dos convidados. // A industria láctea, a distribución e o ministerio de agricultura acordan a promoción do leite sostible. // A Consellería de Medio Rural vai poñer a disposición dos agricultores e gandeiros as fincas de propietarios descoñecidos. // Fernando Vázquez, primeiro adestramento co Deportivo. 12/02/13
Ceos anubrados con chuvascos ou chuvias débiles dispersas e ocasionais, máis frecuentes no terzo norte e nas zonas altas. Temperaturas sen cambios significativos ou en ascenso lixeiro, especialmente as máximas. Ventos frouxos do norte e do noroeste, con intervalos moderados no litoral pola mañá. 12/02/13
Vaise normalizando o tráfico nas principais estradas, tras unha mañá e unha madrugada moi complicadas para circular a causa da neve. Tamén o mar, no litoral de Galicia, está hoxe en alerta. Ondas de cinco metros, obrigan a permanecer amarrada nos portos á maior parte da flota pesqueira de baixura. // "Deep Orient", un buque de apoio a plataformas petrolíferas feito en Vigo. As autoridades que acudiron á súa entrega confían en que simbolice a recuperación da actividade nos estaleiros galegos. A Xunta pide máis tempo para conseguir os avais para construir os floteis de Pemex. // Últimos días para negociar a regulación de emprego en Novagalicia Banco. O xoves remata o prazo e, se non hai acordo, aplicarase a proposta da empresa que supón 2.250 despedimentos. 11/02/13
Vaise normalizando o tráfico nas principais estradas, tras unha mañá e unha madrugada moi complicadas para circular a causa da neve. // Mar de vento e mar de fondo, con ondas de cinco metros, obrigan a permanecer amarrada nos portos á maior parte da flota pesqueira de baixura. // "Deep Orient", un buque de apoio a plataformas petrolíferas feito en Vigo, que hoxe pasou a ser propiedade da navieira francesa que o encargou. Confían en que simbolice a recuperación da actividade nos estaleiros galegos. // Últimos días para negociar a regulación de emprego en Novagalicia Banco. O xoves remata o prazo. // Fernando Vázquez será o novo adestrador do deportivo tras a demisión de Domingos Paciencia. // Luns de Entroido en Laza. 11/02/13
Novo temporal de neve. Recta final na negociación do ERE en Novagalicia. Entrega do buque "Deep Orient" por parte do estaleiro vigués Metalships.
Vaise normalizando o tráfico nas principais estradas, tras unha mañá e unha madrugada moi complicadas para circular a causa da neve. // Temporal no mar. // "Deep Orient", un buque de apoio a plataformas petrolíferas feito en Vigo. // Últimos días para negociar a regulación de emprego en Novagalicia Banco. // Fernando Vázquez será o novo adestrador do deportivo tras a demisión de Domingos Paciencia. // Luns de Entroido en Laza. 11/02/13
Intervalos anubrados con chuvascos, ocasionalmente tormentosos e acompañados de sarabia. Cota de neve entre os 200 e os 400 metros de altitude nas primeiras horas, aumentando ata os 700 metros co paso das horas. Ventos moderados do noroeste, con intervalos fortes no litoral, reducíndose co paso das horas. Descenso moderado das temperaturas, con xeadas débiles no interior e moderadas nas zonas montañosas. 11/02/13
Facemos un repaso pola actualidade parlamentaria da semana con Cruz Mato.
Cruz Mato entrevista á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo. Entre outras cousas, abordan o novo regulamento para o acceso do público á tribuna de invitados da Cámara.
- "Tiene que dar explicaciones para preservar su honorabilidad", dice sobre Mato
- Sobre Bárcenas: "Alguien con 22 millones en Suiza no merece credibilidad"
Os mozos de ata 30 anos que están en paro poderán optar a un contrato de 1 a tres anos de duración nunha empresa. Un mínimo do 25% do seu contrato será de formación certificada. As empresas contratantes terán unha bonificación de ata o 100% das cotas á seguridade social. // Galicia pode manter durante os próximos sete anos o 60 por cento das axudas europeas que recibía ata agora. É a proposta do Consello Europeo, para evitar que as rexións que deixan de estar entre as máis pobres, como Galicia, perdan de golpe o apoio económico de Bruxelas. // 14.000 coches agardando embarque. É a terminal portuaria de Bouzas, en Vigo, que estes días presenta unha gran actividade de transporte de vehículos para a exportación. En España, en cambio, as vendas de coches seguen baixando. O Goberno acaba de aprobar axudas para os que cambien as furgonetas vellas por vehículos comerciais novos. (08/02/13)
Bancos de néboa matinais e ceos con intervalos nubrados, con chuvascos na metade Norte de carácter illado e ocasional que serán de neve por enriba dos 800-900 metros de altitude e irán remitindo durante a segunda parte do día. Ventos de compoñente Norte, moderados no litoral e frouxos, con intervalos de moderado no interior. Temperaturas mínimas sen cambios ou en lixeiro ascenso, con algunhas xeadas dispersas no interior. Máximas tamén sen cambios. (08/02/13)
14.000 coches agardando embarque. É a terminal portuaria de Bouzas, en Vigo. // Galicia perdería un 40% de fondos comunitarios se vai adiante a proposta do presidente do Consello Europeo. // Contratos de aprendiz ata os 30 anos. // Xornada de máxima esixencia para os equipos galegos. // David Cal e o seu adestrador, Jesús Morlán, preparan a súa marcha a Brasil. // Comezan os días grandes do Entroido. (08/02/13)
14.000 coches agardando embarque. É a terminal portuaria de Bouzas, en Vigo, que estes días presenta unha gran actividade de transporte de vehículos para a exportación. // Galicia perdería un 40% de fondos comunitarios se vai adiante a proposta do presidente do Consello Europeo. // Os mozos de ata 30 anos que están en paro poderán optar a un contrato de formación de entre un e tres anos de duración nunha empresa. // Xornada de máxima esixencia para os equipos galegos de Primeira. En Segunda o C.D. Lugo recibe o Sporting con tódalas localidades vendidas. // Propoñen a David Cal como candidato aos premios Príncipe de Asturias, mentres o medallista olímpico e o seu adestrador, Jesús Morlán, preparan a súa marcha a Brasil. // Mañá comezan os días grandes do Entroido. (08/02/13)
Galicia está pendente de Bruxelas. Sobre a mesa, a proposta pola que Galicia mantería o 60 por cento dos fondos rexionais que recibíu entre 2007 e 2013. Asemblea do Eixo Atlántico na Coruña. Campaña da UGT a prol da revalorización das pensións.
Os empresarios do sector metalúrxico galego confían en que Barreras e Navantia pechen nas próximas semanas o financiamento para constriur os dous floteis para a petroleira Pemex e reclámanlle ao Goberno máis implicación para salvar o estaleiro público de Ferrol. O Parlamento Galego, mentres, aproba por unanimidade unha iniciativa para que en Navantia se constrúa o dique flotante. // Un neno de trece anos faleceu esta mañá nun instituto de Ordes, na Coruña, mentres facía unha clase de ximnasia, ao parecer por un fallo cardíaco. Os servizos sanitarios tentaron reanimalo, pero non puideron salvarlle a vida. Era fillo dun policía municipal da localidade. // Pontevedra, premiada pola Union Europea como exemplo de mobilidade peonil. O alcalde recibiu en Bruxelas o premio Intermodes. A cidade foi escollida por ter creado o Metrominuto, o primeiro mapa pedestre europeo. 07/02/13
As imaxes do rescate, das balsas salvavidas, aos once tripulantes do palangreiro de Ribeira "Costero Segundo", que onte se afundiu fronte á costa de Cartaxena. // Os empresarios do sector metalúrxico galego confían en que Barreras e Navantia pechen nas próximas semanas o financiamento para construír os dous floteis para a petroleira Pemex. // O goberno galego aprobou un novo convenio coa sociedade dos pequenos estaleiros, Pimar, polo que se poñen a disposición das empresas do naval sesenta millóns de euros para usar como avais. // José Luis Baltar declárase inocente e acusa aos funcionarios da Deputación de Ourense de contratar irregularmente a 104 persoas previamente seleccionadas por el. // Pontevedra, premiada pola Unión Europea como exemplo de mobilidade peonil. // Virxilio Viéitez. O retrato da sociedade galega da segunda metade do século XX, en Madrid. 07/02/13
A Xunta e Pymar constituirán un novo fondo de garantías para o naval galego dotado con 60 millóns de euros en avais para este 2013. Acordo no Parlamento para pedir a construcción do dique flotante en Navantia. Accidente mortal en A Gudiña, Ourense.
As imaxes do rescate dos once tripulantes do palangreiro de Ribeira "Costero Segundo¿. // Os empresarios confían en que Barreras e Navantia pechen nas próximas semanas o financiamento para os floteis de Pemex. // Consello da Xunta. // José Luis Baltar declárase inocente e acusa aos funcionarios. // Pontevedra, premiada pola Unión Europea como exemplo de mobilidade peonil. // Virxilio Viéitez. 07/02/13