Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Abundante nebulosidade, con algún chuvasco illado no Norte e Leste durante a mañá, de neve por enriba dos 800 metros. Nas últimas horas do día, novas precipitacións de carácter débil na metade Norte, que irán avanzando cara ao Sur na madrugada do venres. Ventos frouxos de compoñente Norte nas primeiras horas, rolando a compoñente Oeste e aumentando moderado nas últimas horas do día. Temperaturas mínimas en descenso, con xeadas no interior, e máximas sen cambios. 07/02/13

El expresidente de la Diputación de Orense, José Luis Baltar, ha acudido este miércoles a declarar ante el juez por un presunto delito de prevaricación en la contratación de personal.

Rescatados sans e salvos os once tripulantes do palangreiro de Ribeira "Costero Segundo" que afundiu fronte á costa de Cartaxena // Folga dos traballadores de Novagalicia Banco en protesta polo plan de reestructuración que prevé ata 2.500 despidos entre os seis mil traballadores da entidade // Milleiros de estudiantes participaron na segunda xornada de folga no ensino secundario contra a reforma educativa do Ministro Wert // O Conselleiro de Educación considera un erro a convocatoria e asegura que negociará cambios na reforma que beneficien a Galicia. 06/02/13

Moitas das oficinas de NovaGalicia Banco presentan hoxe un inusual aspecto // Portas pechadas e menos afluencia de clientes da habitual. A folga convocada para polos seis sindicatos con presenza na entidade está a ter un amplo seguemento. Tratan de presionar na negociación do ERE que lles pode afectar a dous mil cincocentos traballadores // Rescatados sans e salvos os once tripulantes dun palangreiro de Ribeira que afundiu fronte a costa de Cartaxena. Entre os mariñeiros rescatados figura o armador // Folga no ensino secundario pola proposta de reforma educativa do Ministro WERt. Milleiros de estudantes reclamaron hoxe a retirada dese proxecto. 06/02/13

Moitas das oficinas de NovaGalicia Banco presentan hoxe un inusual aspecto // Portas pechadas e menos afluencia de clientes da habitual por mor da folga de protesta polo ERE que quere aplicar a dirección e que afectaría a uns dous mil cincocentos traballadores // Rescatados sans e salvos os once tripulantes dun palangreiro de Ribeira que afundiu fronte a costa de Cartaxena // Folga no ensino secundario pola proposta de reforma educativa do Ministro Wert. 06/02/13

Segue o tempo invernal. Van ir desaparecendo os fortes ventos pero continúa o frío. Baixan as temperaturas mínimas e nas zonas altas de Lugo e Ourense volveu nevar. 06/02/13

Folga en Novagalicia Banco en protesta polos máis de dous mil despedimentos previstos no ERE que pretende aplicar a entidade. Nova xornada de folga no ensino. Naufraxio dun palangreiro de Ribeira en augas de Murcia.

A Presidenta do Parlamento presentoulles aos grupos unha proposta para que as persoas que accedan á istitución coma convidados asinen as normas de comportamento que deberán respectar. O Parlamento tamén decidiu crear unha comisión que estudará un plan contra a corrupción // Seguen detidas 12 persoas na Operación Cabalo de Troia acusadas de branqueo de cartos, insolvencia punible e falsidade documental. 05/02/13

15 persoas foron detidas , unha delas en Coirós, Betanzos, que logo quedou en liberdade, nunha operacion contra o branqueo de cartos. Outros detidos forono en Ponferrada, Madrid e Valencia. Diríxe a operacion o xuiz Vazquez Taín // O Goberno vaille pedir á unión europea axudas para as melloras dos motores dos barcos co fin de que aforren enerxía e diminúa o chamado "efectro invernadeiro // O secretario da Deputación de Ourense, Francisco Cacharro, afirma que José Luis Baltar incumpriu a lei ao contratar a 104 persoas en 2010 sen facer pública a convocatoria das prazas. Comezou en Vigo o Xuízo contra dous sindicalistas da CUT, acusados dun ataque con explosivos contra a oficina do INEM. O Fiscal pide para eles penas de dez e cinco anos. 05/02/13

15 persoas foron detidas , unha delas en Coirós, Betanzos, que logo quedou en liberdade, nunha operacion contra o branqueo de cartos // O Goberno vaille pedir á unión europea axudas para as melloras dos motores dos barcos co fin de que aforren enerxía e diminúa o chamado "efectro invernadeiro // O secretario da Deputación de Ourense, Francisco Cacharro, afirma que José Luis Baltar incumpriu a lei ao contratar a 104 persoas en 2010 sen facer pública a convocatoria das prazas. 05/02/13

O empeoramento do tempo que vai deixar alerta a parte da costa norte da Comunidade empezouse a notar xa e no litoral // A intensidade do vento vai aumentar e as temperaturas empezarán a baixar. 05/02/13

Reunións no Parlamento para acordar o acceso do público á tribuna de invitados. A presidenta Pilar Rojo comprométese a presentar unha proposta por escrito. Protesta dos traballadores de Navantia diante da Xunta en Santiago. Peches nos hospitais da Coruña, Ourense e Barbanza. Preocupación nos empregados dos hoteis galegos do grupo GH pola operación Cabalo de Troia.

O Presidente da Xunta defende iniciar algún tipo de medida xudicial no caso das informacións publicadas sobre a contabilidade B do Partido popular // O alcalde do Carballiño, do Partido Popular, terá que declarar como imputado na Operación Pokemon. A xuíza de impútalle os presuntos delictos de tráfico de influencias e revelación de secretos. 04/02/13

O mes de xaneiro deixou en Galicia doce mil parados máis dos que había a remate do ano pasado // Cos datos de xaneiro, Galicia achégase aos 300 mil parados // Novagalicia Banco podería rebaixar a cifra de despedimentos na entidade a dous mil empregados, cincocentos menos dos previstos // Imputado o alcalde Carballiño na Operación Pokémon. O popular Argimiro Marnotes está imputado por tráfico de influencias e revelación de segredos // Case 70.000 persoas visitaron o expositor de Galicia na Feira internacional de Turismo, Fitur // O Deportivo afúndese ainda máis no último posto da clasificación e xa está a cinco puntos da zona de permanencia. A postos de descenso tamén cae tras moitas xornadas o Celta. 04/02/13

O mes de xaneiro deixou en Galicia doce mil parados máis dos que había a remate do ano pasado // Novagalicia Banco podería rebaixar a cifra de despedimentos na entidade a dous mil empregados, cincocentos // Imputado o alcalde Carballiño na Operación Pokémon // Case 70.000 persoas visitaron o expositor de Galicia na Feira internacional de Turismo Fitur. 04/02/13

O paro subíu en 12.003 persoas en xaneiro, un 4,3 por cento con respecto a decembro. É o segundo maior incremento das autonomías españolas. Agora hai na comunidade 290.720 desempregados. Voz de alarma dos sindicatos e a oposición. Xunta e grupo popular insisten en que se traballa na dirección correcta. Imputado na Operación Pokemon o alcalde de O Carballiño. Argimiro Marnotes, do PP, asegura que non pensa dimitir. Nova reunión sobre o ERE de NGB e mobilizacións no ensino.